Skip to Content

Club de Ciencia

30.- Levantamos moedas con imáns.

Os alumnos/as de 5º de Educación Primaria fixemos experimentos con imáns para ver e  explicar os campos magnéticos.

 

Materiais: 

  • Imans, un en forma circular que servirá de base para a primeira moeda.

  • Moedas de 5, 2 e 1 céntimos

 

Os alumnos/as teñen que utilizar un imán para levantar o maior número de moedas, en cadena, posible.

Os materiais ferromagnéticos, como o metal das moedas, alínean o seu dominio magnético cara un campo magnético exterior. Desta forma convírtense en imáns capaces de atraer outros obxectos ferromagnéticos e polo tanto extende o seu alcance de imán pero este dominio magnético debílitase a medida que a distancia aumenta polo que terán que xogar con esas distancias para que as moedas non caigan.

Aproveitamos para seguir experimentando e  metemos unha agulla nun bote de cristal con tapa de metal. O reto era conseguir que a agulla se mantivese de pé no aire sen tocarse co imán, atraída pola forza que exerce o imán. Movemos imáns pola mesa observando como polos da mesma carga se repelen e por último observamos como ao prender lume nas agullas que están no aire atraídas polo imán perden o magnetismo e caen. A explicación é que a calor desalinea os dominios magnéticos, facendo que o magnetismo diminua. Polo contrario, cando o imán se expón a baixas temperaturas, a súa propiedade magnética mellora e a forza aumenta.

 

Álbum: STEAM 23-24 -> 30.- Levantamos moedas con imáns.

29.- Pegada dactilar.

Os alumnos/as de 5º de Primaria traballamos sobre as características das pegadas dactilares.

 

Materiales:

  • Esponxa húmida

  • Papel

  • Tinta/tampón

 

Fixemos unha recollida da pegadas dactilares de cada un dos alumnos/as. Unha vez recollidas vimos as características que tiñan, analizamos formas e surcos, e comparamos as pegadas entre sí para comprobar que ningunha era igual. Para concluir a actividade vimos que utilidade teñen estas pegadas e como a través das mesmas nos poden identificar.

 

O álbum elixido (aid = 332) non ten ninguha imaxe, ou non é público!

28.- Arquímides na aula.

En quinto de primaria estamos estudando a materia ( peso e volume), fixemos un experimento para medir o volumen que ocupa un obxeto dentro dun fluído.

Para eso empregamos os seguintes materiais: pedras de diferentes tamaños, probetas, medidoras e xerras de auga.

Primeiro vertemos auga na probeta e  vemos o que pasa cando introducimos as pedras, observamos que dependendo do peso, o volume da auga aumenta máis ou menos.

Para medir o volume que ocupan as pedras temos que ir recollendo os datos ( primeiro medimos a auga que vertemos na probeta e logo o cambio que se produce cando introducimos a pedra), calculamos a diferenza e temos o volume que ocupa.

Comprobamos o principio de Arquímedes que nos di que : “ todo corpo sumerxido dentro dun fluído experimenta unha forza ascendente chamada empuxe, equivalente ao peso do fluido desaloxado polo corpo”.

Este principio aplicámolo cando  metemos un obxeto na auga, o obxeto afúndese si o seu peso é maior que o peso do fluido desplazado, o obxeto flota cando o seu peso é menor ou igual ao fluido desplazado.

 

Álbum: STEAM 23-24 -> 28.- Arquímides na aula.

27.- Pementa que escapa.

En quinto de primaria fixemos un experimento con pementa e xabón.

Materiais: 

  • Pementa.

  • Xabón líquido.

  • Plato fondo.

  • Auga.

Procedemento:

Botamos auga nun plato fondo ata enchelo, espolvoreamos un pouco de pementa por toda a superficie e añadimos unha gota de xabón líquido no medio do plato. Comprobamos que a pementa se vai aos extremos escapando do xabón.

Explicación:

A pementa flota enriba da superficie da auga. Na superficie hai unha capa de auga máis firme pola maior forza entre moléculas. Esto denomínase tensión superficial. Ao introducir o xabón, esta tensión diminúe no medio do plato facendo fuxir á pementa.

 

O álbum elixido (aid = 330) non ten ninguha imaxe, ou non é público!

26.- Fluído no Newtoniano.

O alumnado de 5º de primaria estivemos facendo un experimento para explicar o fluído no Newtoniano.

Materiais:

-1 bol
-1 espátula
-maicena
-auga

Mesturamos a maicena coa auga e movemos ata crear unha masa. Aplicamos varias forzas, de diferentes intensidades sobre o líquido xa preparado, sempre en dirección perpendicular ao fluído.

Observamos o que ocurre cando presionamos, tocamos, amasamos.

Explicación: o fluido non newtoniano é aquel cuxa viscosidade varía coa temperaura e coa tensión cortante.  A tensión cortante serían as forzas que fan que o fluído se desplace. A viscosidade aumenta tanto que se comporta como si se tratara dun sólido, volvéndose resistente.

 

Álbum: STEAM 23-24 -> 26.- Fluído no Newtoniano.

25.-O globo cohete

A ley de acción-reacción explícase cando un corpo actúa sobre outro realizando unha forza, o segundo realiza unha forza igual e oposta sobre o primeiro. A unha desas forzas chámalla acción e á outra, reacción.

Para velo claramente realizamos o experimento do globo cohete.

 Materiais:

• Cinta de papel • Tesoira • 1 palliña • 1 globo • Corda ou fío

Procedemento:

1-     O primeiro que facemos é inflar o globo ata o máximo que podamos.

2-    Con cinta de papel, facemos 2 rulitos e logo pegámolos na pajita. Unha vez teñamos a pajita cos dous rulitos de cinta, facemos

unha primeira comprobación pegándoo no globo e xa temos preparado o globo

foguete.

3-    Nun lugar con espazo, estiramos a corda. Pegamos o globo nos rulitos de cinta que ten a palliña e só soltar o globo. Que é o que sucede ao soltar o aire do globo? O globo exerce forza sobre o aire. O aire exerce á súa vez unha forza sobre o globo igual en sentido oposto á reacción. Isto fai que o foguete, é dicir o globo, unido á palliña, avanza pola corda ata que se acabe o combustible, ou sexa, o aire.

O alumnado de 1º B tamén  realizou  este experimento.

 

Álbum: STEAM 23-24 -> 25- O globo cohete.

24.- Construímos e programamos un robot Maqueen.

O alumnado de quinto estivemos montando un kit de robótica programable coa placa microbit para traballar a programación gráfica e a robótica móbil a través das STEM. 

Nunha primeira sesión  estivemos coñecendo as pezas do kit e a función que cumpren ( falamos de leds, sensores de distancia  por ultrasóns, motores, zumbadores, etc), posteriormente construimos o robot.

Na segunda e terceira sesión estivemos programando a microbit  para moverse e parar ante obstáculos.

Con esta actividade fomentamos a curiosidade e o interés pola ciencia e o pensamento lóxico.

 

Álbum: STEAM 23-24 -> 24- Construímos e programamos un robot Maqueen.

23.- O papel que non se molla.

En 1ºA de primaria realizamos un experimento para observar cal é o secreto para  que un papel non se molle a pesar de introducilo en auga.

Precisamos:

-Bowl dun tamaño maior que o vaso

-Vasos

.papel

-Auga

  O proceso a seguir é o seguinte:

-Enchemos de auga o bowl case ata enchelo.

-Collemos o papel e o introducimos no vaso.

-Dámoslle a volta e o sumerximos na auga ata que o borde do vaso toque o fondo. Mantemolo uns segundo e o volvemos sacar.

-Observamos que o papel non se molla.

Sacamos conclusións do sucedido: Cando introducimos o papel, o vaso está cheo de aire, o cal exerce unha presión sobre a auga impedindo que ésta entre. Ese é o motivo de que o papel non se molle. 

 

Álbum: STEAM 23-24 -> 23- O papel que non se molla.

22- Ambientador natural.

O alumnado de 1º A de primaria deciden elaborar un ambientador natural.

Para iso precisamos:

- laranxas

-cravos en gran ( especia)

-punzóns

-un rotulador negro.

1º Debuxamos un deseño sobre a laranxa co rotulador.

2ºUtilizamos o punzón para furar oa laranxa seguindo o teu debuxo

3º Pon os craos nos furados que fixeches. O cravo impide que a laranx se estrague, polo que poderemos gozar da súa fragancia mentres permaneza na aula

4º Xa está lista a nosa laranxa perfumada.

 

Álbum: STEAM 23-24 -> 22- Ambientador natural.

21- O ovo que flota.

Que necesitamos?

 • Sal de mesa • Azucre • Auga • 3 ovos frescos • 3 vasos • Culler sopeira 

Procedemento:

 1. Enchemos os 3 vasos con auga 

2. A un vaso, engadímoslle ¼ do tamaño en culleradas de azucre (de 4 a 6, en función de como sexa de grande o vaso) e removémolo ata que estea disolta 

3. A outro vaso, agregámoslle ¼ do tamaño en culleradas de sal e revolverémolo ata que se disolveu 

4. A continuación, colocamos un ovo en cada un dos vasos 

5. Por último, a observar!, miraremos cal dos ovos flota e cal, en cambio, afúndese 

Que ocorreu? 

A explicación deste fenómeno é moi simple: a densidade! 

Unha xustificación sinxela a este experimento para explicarlles aos/as nenos/as é que os obxectos se afunden cando a súa densidade é maior á densidade do líquido. Nun principio, un ovo ten máis densidade que a auga, polo que ao introducilo na auga, termina afundíndose no fondo do vaso. Ao agregar outras moléculas (azucre ou sal), aumentamos a densidade da auga, provocando que o ovo flote. En concreto, a auga salgada é máis densa que a auga doce, o que fai que o ovo flote máis, chegando ata a cima da auga. Isto explica porque podemos flotar con máis facilidade no mar, que nos ríos ou piscinas.

 

Álbum: STEAM 23-24 -> 21- O ovo que flota
Distribuir contido


by Dr. Radut