Skip to Content

Club de Ciencia

A AUGA QUE CAMIÑA. EXPERIMENTO CON CORES

En quinto de primaria van facer o experimento da auga que camiña.

 O papel está feito de fibras e a auga  pode viaxar polos hocos das fibras. Os hocos nas toallas de papel actúan como venas e tiran da auga hacia arriba. ë algo similar ao que ocorre coas prantas, cómo sube a auga das raíces das follas na parte superior das prantas á árbore. 

Ademais poden ollar como se mezclan as cores partindo das cores primarias.

 

Necesitamos 7 vasos de plástico, toallitas de papel absorvente, auga e tres colorantes alimenticios (amarelo, vermello e azul). 

Álbum: STEAM 22-23 -> 9- A AUGA QUE CAMIÑA

BATERIA CON AUGA E SAL

Trátase de facer unha pila con auga e sal e que comprobe o alumnado de quinto como se encende unha pequena luz co experimento.Así poden ver como se pode encender unha bombilla utilizando un circuito  con auga e sal.

 

Necesitamos e vasos de plástico, auga, sal, cobre, e dúas luces.

Álbum: STEAM 22-23 -> 8- BATERÍA CON AGUA Y SAL

FORZA OU EFECTO CORIOLIS

Imos simular un remolino de auga para ver o efecto desta forza en quinto de primaria. Trátase  dunha forza á que se suxeitan os fluidos do planeta que están en movemento. 

 

Para facer o experimento necesitase dúas botellasde plástica ,auga e cinta illante. Facémoslle un burato a cada tapón e unimos as botellas tapón contra tapón con cinta illante. Enchemos unha botella (¾). Xiramos unha botella sobre a outra con movementos circulares e ollamos como se  crea o remolino.

Álbum: STEAM 22-23 -> 6- EFECTO CORIOLIS

FLUIDO NON NEWTONIANO

 

A mestura de auga e amidón de millo funciona ao revés: cando se lle aplica presión, faise máis viscoso, non menos. Cando se exerce forza, as partículas de fariña compactan, atrapando as moléculas de auga entre elas, e a mestura transfórmase temporalmente nun material semisólido.

Álbum: STEAM 22-23 -> 7- FLUIDO NO NEWTONIANO

Construír o noso pluviómetro.

En ciencias sociais acabamos de estudar os instrumentos empregados para medir o tempo. Un deses instrumentos é o pluviómetro. O obxectivo deste experimento, é a de construír por grupos o noso pluviómetro para levar un rexistro da cantidade de choiva que cae. Para facelo só necesitamos uns cantos materiais sinxelos e un pouco de tempo.

 

Empregaremos o pluviómetro para comparar a precipitación dun día a outro, dunha semana a outra ou mesmo dun mes a outro. Este pluviómetro só nos servirá para medir grandes cantidades de choiva.

Álbum: STEAM 22-23 -> 5- CONSTRUIR UN PLUVIÓMETRO

Constrúe un modelo de pulmóns

Construír un modelo de pulmons é unha maneira estupenda de aprender os mecanismos da ventilación pulmonar que estivemos a explicar e estudar en ciencias naturais. A función do aparello respiratorio é tomar osíxeno do aire, levalo ao sangue e expulsar dióxido de carbono. 

Para esta activiade os nenos de 4ºA precisaron de:

Dous globos grandes para facer os pulmóns. 

Dúas gomas elásticas. Dúas palliñas con cóbado para traquea e bronquios.

Unha botella transparente que será a nosa cavidade torácica. 

 

Para facer o diafragma empregamos un globo grande.
Cúter. Tesoiras. Plastilina para tapar fugas por se hai escapes de aire. Celo.

Álbum: STEAM 22-23 -> 4- CONSTRÚE UN MODELO DE PULMÓNS

ANATOMÍA DO CORAZÓN

O corazón dunha vaca é moi parecido ó do ser humano. Por este motivo, observamos como é para coñecer a anatomía do corazón.

 

Con esta actividade recoñecemos as partes do corazón que estudamos no tema 1 de ciencias naturais e relacionamos as características do corazón co seu funcionamento.

Álbum: STEAM 22-23 -> 3-ANATOMÍA DO CORAZÓN

CULTIVO DE MOFOS

O alumnado de 5º deixa durante 24h un anaco de pan humedecido nun tupper e outro sen humedecer. Transcorridas 24h tapan o tupper e deixan que pasen 24h máis.

 

Confírmase a hipótese: o segundo día xurdiron os mofos na rebanada humedecida e na seca non. Os alumnos observaron a diferenza entre o primeiro e o segundo día.Tres elementos son suficientes para que o mofo medre: humidade, nutrientes e tempo. O mofo atopa o hábitat ideal para medrar e diseminarse a través das súas esporas.

Álbum: STEAM 22-23 -> 2-ESTUDO DOS MOFOS

A CÉLULA

O alumnado de 5° reproduce unha célula animal e unha vexetal.

O material utilizado: tortitas, chucherías de diversas cores e formas, colorante animenticio, palillos e folios.

Despois de estudar as partes das distintas células reproducironas cos materiais dados. O rematar papamolas.

 

Estaban deliciosas!!!!!!

Álbum: STEAM 22-23 -> 1-CÉLULA

A COMBUSTIÓN

Colocamos unha candea ardiendo sobre un plato con auga e tamaño la cun bote de cristal transparente.

 

Observamos como se procede a combustión dunha candeal dentro dun bote ata que se  consume o oxígeno que hai dentro. Necesita intre, a candeal apagarse e a auga ascende polo aumento de presión dentro do bote.

Álbum: STEAM 2021-2022 -> Combustión
Distribuir contido


by Dr. Radut