Skip to Content

CULTIVO DE MOFOS

O alumnado de 5º deixa durante 24h un anaco de pan humedecido nun tupper e outro sen humedecer. Transcorridas 24h tapan o tupper e deixan que pasen 24h máis.

 

Confírmase a hipótese: o segundo día xurdiron os mofos na rebanada humedecida e na seca non. Os alumnos observaron a diferenza entre o primeiro e o segundo día.Tres elementos son suficientes para que o mofo medre: humidade, nutrientes e tempo. O mofo atopa o hábitat ideal para medrar e diseminarse a través das súas esporas.

Álbum: STEAM 22-23 -> 2-ESTUDO DOS MOFOS


album | by Dr. Radut