Skip to Content

Club de Ciencia

BAILE DO FANTASMA (electricidade estática)

Ao fregar o globo cargámolo de electróns (carga negativa). O papel non está electrificado, contén o mesmo número de cargas (-) e (+); estes últimos son atraídos polos negativos do globo.

Álbum: STEAM 2021-2022 -> PANTASMA(ELECTRICIDADE ESTÁTICA )

SAMAÍN O SANGUE

Observamos as diferentes densidades.

Como estabamos en samaween mesturamos auga con colorante vermello e aceite. Deste xeito simulamos o sangue.

Observamos que o aceite é menos denso e flota sobre a auga. O colorante contén auga e tampouco se mestura.

Álbum: STEAM 2021-2022 -> SANGUE (DENSIDADE)

MICROSCOPIO

 

Estudamos as partes dun microscopio e utilizámolo para observamos diferentes mostras no microscopico.

Álbum: STEAM 2021-2022 -> MICROSCOPIO

A CÉLULA VEXETAL E ANIMAL

 

Observamos as diferentes partes dunha célula animal e vexetal en realidade aumentada.

Álbum: STEAM 2021-2022 -> A celula

VOLCÁN

Os alumnxs realizan unha maqueta dun volcán con plastilina. Despois, sinalan en dita maqueta as partes  en castelá e inglés,e, posteriormente, provocan unha erupción volcánica mediante unha reacción química (mesturando bicarbonato sódico con vinagre e colorante vermello).

 

 

 

 

 

 

Ademáis, realizan unha programación en Scractch onde explican as partes do volcán, conectan a placa Makey Makey e o volcán. Deste xeito, cando pechan un circuito salta un audio coa información das partes do volcán.

Álbum: STEAM 2021-2022 -> volcán

VOLCÁN

VOLCÁN (realidade aumentada) 

Os alumnos colorearon unha ficha coas diferentes partes dun volcán. 

Ao colocar un dispositivo coa app QUIVER VISIÓN  xera unha imaxe de realidad aumentada, nela aparecen as diferentes partes do volcán e retos a resolver sobre o tema. 

 

 

Álbum: STEAM 2021-2022 -> Realidade aumentada

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Bo día,

Co gallo da celebración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, o pasado venres 11 de febreiro os rapaces e as rapazas de Sexto A ,construiron un estómago e un corazón, amosando como os ácidos do estómago descompoñen os alimentos e de que xeito o corazón bombea o sangue.

 

Semella que temos futuras científicas¡¡¡

 

                                                          

Experimentos caseiros

Na casa tamén aproveitamos para facer experimentos diversos con produtos que temos na nosa cociña como ovos, vinagre, sal, azucre, especias...

Aprendemos sobre a densidade, a tensión superficial da auga e a presión.

Álbum: STEM 2020-2021 -> Experimentos caseiros

Obradoiro CSI Galiciencia

Participamos no obradoiro CSI de Galiciencia. Empregando os kits que nos enviaron tivemos que resolver unha misteriosa desaparición. Para iso aprendemos a recoller e clasificar probas, extraer pegadas dactilares e analizalas, identificar rastros ocultos con luz ultravioleta, analizar cromatograficamente mostras de bolígrafos, elaborar un retrato robot e analizar rastros de sangue e pegadas de zapatos. 

Álbum: STEM 2020-2021 -> Obradoiro CSI Galiciencia

Saída á Chaira

Como actividade final do proxecto sobre o cambio climático saímos ao monte da Chaira a observar o entorno que nos rodea. Tamén aproveitamos para gravar un vídeo coa canción da campaña “Sing for the Climate”.

Álbum: STEM 2020-2021 -> Saída á Chaira
Distribuir contido


by Dr. Radut