Skip to Content

Club de Ciencia

TINTA INVISIBLE

TINTA INVISIBLE 2º

 

A tinta invisible, empregada na espionaxe, é unha forma de steganography: a arte de mensaxes escondidas na escritura. O ácido cítrico é o responsable de facer que as letras invisibles que escribimos convértanse en visibles cando aplicamos unha fonte de calor.

Álbum: STEAM 22-23 -> 21- TINTA INVISIBLE 2º

ESCARVADENTES MÁXICOS

ESCARVADENTES MÁXICOS 2º

 

Ao dobrar os escarvadentes pola metade quedan unidos por unhas cantas fibras, e ao verter a auga sobre elas ínchanse pola porosidade da madeira e ao expandirse o volume das fibras a forma da figura modifícase e así conseguimos que a nosa estrela se abra.

Álbum: STEAM 22-23 -> 20- PALILLOS MÁXICOS 2º

LÁMPADA DE LAVA

LÁMPADA DE LAVA 2º

 

O bicarbonato de sodio cando se disolve na auga sepárase en ións de sodio e ións de bicarbonato. Os ións se hidrolizan liberando CO2 que é o causante das “burbullas” de cores. Estas burbullas son menos densas que o aceite polo que se moven cara arriba creando así o efecto da lámpada de lava.

Álbum: STEAM 22-23 -> 15- LÁMPADA DE LAVA

FONTE DE AUGA

FONTE DE AUGA

 

   En 2º de primaria conseguimos facer unha fonte de auga.

   Empregamos como material: unha botella con auga, un globo, plastilina e unha palliña.

 

   A influencia do aire que garda o globo que inflamos en contacto coa auga da botella  empuxa cara abaixo e o sitio único para saír é a palliña que colocamos a un lado da botella. E asi vemos a fonte ao saír a auga pola palliña.

 

Álbum: STEAM 22-23 -> 16-FONTE DE AUGA 2º

DÍA INTERNACIONAL DE HIXIENE DE MANS

Bo día.

O 5 de maio celebrase o Día da hixiene de mans , para movilizar as persoas de todo o mundo para aumentar a adherencia a hixiene das mans nos centros de saúde , protexendo así das infeccións a traballadores da saúde e a pacientes.

No noso centro,  a enfermeira do colexio Isabel Miguel Dougoud en colaboración co persoal sanitario do centro de saúde do Pereiro , representadao por Ana Isabel Parada Folgoso , levamos a cabo o 8 de maio unha actividade de sensibilización co alumnado de Educación Infantil e de 4º de Educación Primaria.

O pasaron xenial e sabemos asearnos mellor!!!!

Álbum: CURSO 2022-2023 -> DÍA INTERNACIONAL DE LIMPEZA DE MANS

LÁMPADA DE LAVA

Facemos este experimento en quinto de primaria.Precisamos auga, aceite, colorante e pastillas efervescentes.

Bótase auga e despois aceite nun recipoiente. Engádese o colorante e se revolve axitando a botella con coidado. Despois,bótase a pastilla efervescente. 

 

Cando as pastillas efervescentes se introducen e entran en contacto coa auga da botella de lava comenza a producir gas ( dióxido de carbono). Este gas ten menos densidade que a auga e o aceite que hai dentro da botella polo que vai cara arriba.

Álbum: STEAM 22-23 -> 15- LÁMPADA DE LAVA

CAPILARIDADE. EXPERIMENTO CON ESCARVADENTES

 

En quinto de primaria partimos a metade 5 escarvadentes formando unha estrela e observamos como ao botar unhas  pingas de auga no centro abrese formando unha estrela, traballando así a capilaridade e a absorción.

Álbum: STEAM 22-23 -> 14- CAPILARIDADE. EXPERIMENTO CON PALILLOS

TROPISMOS DAS PLANTAS

Dependemos das plantas para poder vivir. Con todo, seguimos pensando nelas como habitantes do mundo de segunda clase. Mesmo, as veces pode que nin sequera nos parezan seres vivos. Isto ocorre, simplemente, porque non as vemos moverse, pero en realidade si que o fan! O que ocorre é que os seus movementos son demasiado lentos para os nosos ollos animais, cunha vida moito máis activa. As plantas responden ao que ocorre á súa ao redor.

Con este experimento vamos a comprobar que as plantas sí se moven, eso sí, ao seu ritmo!

Materiais: 

-Sementes xa xerminadas de faba.

 -Palliñas, un lapis vello ou calquera obxecto alongado e fino.

 - Auga

 

- Caixas de cartón

Álbum: STEAM 22-23 -> 12- TROPISMOS DAS PLANTAS

A DENSIDADE DOS LÍQUIDOS

O alumnado de quinto comproba unha das propiedades da materia: a densidade.  

 

O tratar de mezclar nun vaso cinco líquidos con distinta densidade (alcohol, aceite, auga, deterxente e mel) observan como non só non se mezclan, senón que segundo a súa densidade quedan divididos en diferentes capas. Os de maior densidade van ó fondo, sendo o mel o máis denso; e os de menor densidade quedan nas capas máis superficiais, sendo o alcohol o líquido que forma a primeira capa. É un experimento moi vistoso, xa que cada capa vese dunha cor distinta.

Álbum: STEAM 22-23 -> 13- DENSIDADE DOS LÍQUIDOS

EXPERIMENTANDO COA DENSIDADE

A través de 6 experimentos moi sinxelos e entretidos tratamos de comprender mellor o concepto de densidade.

Material que precisamos: varios vasos de plástico transparente do mesmo tamaño, auga, fariña, pedras de pequeño tamaño, un bol grande, un corcho grande, un tapón de plástico, unha moeda, sal, un ovo, azucre, colorante alimentario, aceite e dúas cortezas de limón.

Os experimentos que levamos a cabo foron:

-          Que é a densidade?

-          Flota ou afunde?

-          Cambiar a densidade da auga.

-          Creamos un arco da vella.

-          Denso é o mesmo que espeso?

 

-          Comparando densidades: auga/aceite.

Álbum: STEAM 22-23 -> 10- DENSIDADE
Distribuir contido


by Dr. Radut