Skip to Content

Club de Ciencia

MAGNETISMO

Experimentamos con unha das forzas máis chamativas, o magnetismo.

A través de este experimento os alumnos e alumnas poderán comprobar por sí mesmos a atracción dos metais cando un deles está imantado; ademáis verán que esta forza de atracción é tan grande que o medio onde se realice non interfire.

 

Materias: vasijas con auga, clavos, tesoiras e imán.

 

Pasos:

  • Introducimos os clavos nunha vasija con auga.

  • Aproximamos as tesoiras os clavos, vemos que non acontece nada.

  • Imantamos as tesoiras.

  • Aproximamos as tesoiras os clavos e vemos como quedan “pegados” nelas.

 

Conclusión: un imán, ou neste caso, as tesoiras imantadas, atraen os clavos, independentemente de que se atopen sumerxidos en auga ou non.

 

Este experimento complementa o que se fixo nun dos talleres de ciencias do colexio, no que o medio en lugar de ser auga era area.

 

Álbum: STEAM 22-23 -> 31- MAGNETISMO

O CICLO DA AUGA

O CICLO   DA   AUGA

   Nunha bolsa de plástico os nenos e nenas de 2º por grupos debuxan: un sol, unhas nubes

  unhas montañas, un río, o mar, peixes…Despois botan auga con colorante azul no fondo da bolsa. Cérrana o mellor posible e colócana na fiestra da súa clase con cinta adhesiva. 

Ao darlle o sol poden observar como suben as gotas de auga ( evaporación) e mesmo ao 

 

 tocarlle as nubes como soltan esas gotas de auga, facendo o efecto de chuvia. 

Álbum: STEAM 22-23 -> 43- O CICLO DSA AUGA

USO DOS IMÁNS

USO DOS IMÁNS

           O alumnado de de 2º de Primaria toma contacto con:

               anillos magnéticos, imán de ferradura, imáns redondos, imáns cúbicos, canicas 

               magnéticas…

           Descubren os Polos Norte  e Sur dos imáns. Comproban manipulando como os 

 

            polos opostos se atraen e como os polos iguais se repelen.

Álbum: STEAM 22-23 -> 42- USO DOS IMÁNS

CORES DUN DEBUXO QUE DESAPARECEN

CORES  DUN  DEBUXO QUE DESAPARECEN ( 2º DE PRIMARIA)

  • Debuxamos unha flor e coloreámola.

  • Metemos a flor nunha bolsa transparente.

  • Facemos a silueta (desa flor ) por fóra da bolsa cun rotulador permanente. 

  • Introducimos a bolsa coa flor dentro dun vaso con auga.

Se miramos desde arriba podemos comprobar que as cores desapareceron.É por un efecto óptico, porque se miramos de frente 

seguimos vendo as cores.

 

A incidencia da luz ao atravesar a auga en vertical e chegar ao plástico crea ese fenómeno óptico.

Álbum: STEAM 22-23 -> 41- CORES DUN DEBUXO QUE DESAPARECE

O CORCHO QUE NON FLOTA NA AUGA

O CORCHO QUE NON FLOTA NA  AUGA ( 2º de primaria)

        Materiais: 

  • Recipiente ( Prato)

  • Colorante alimenticio ( vermello)

  • Vaso de vidro

  • Un corcho

Ao meter un corcho sobre a auga flota, pero si lle damos a volta a un vaso e o aproximamos ao corcho este mantense abaixo pegado ao prato e non flota. Iso é debido ao aire que ten o vaso, que empuxa a auga e fai que o corcho se sumerxa.

Álbum: STEAM 22-23 -> 40- O CORCHO QUE NON FLOTA

MICROSCOPIO

O MICROSCOPIO

         Os alumnos/as de 2º de Primaria usan por primeira vez o microscopio.

 

         Observan o pelo dun cabalo e un tulipán.

Álbum: STEAM 22-23 -> 39- O MICROSCOPIO

PLANTAMOS

PLANTAMOS

O alumnado de 2º de Primaria observan como a partir de sementes nacen novas plantas.

Para iso contamos con fabas e con sementes de xirasol. 

         Cun coidado diario poden observar  como van xerminando e dando lugar a novas 

 

         plantiñas.

Álbum: STEAM 22-23 -> 38- PLANTAMOS

DISECCIÓN DUN PEIXE

DISECCIÓN DUN PEIXE

Material:

• Tesoiras

Bisturí

Cubeta de disección

• Peixe óseo (robaliza)

 • Pinzas

Procedemento

1)    Introducir o peixe na cubeta de disección e obsérvalo detidamente tratando de

Recoñecer as partes máis importantes da súa anatomía externa: ollos,

boca, dentes, opérculo, aletas (dorsal, anal, caudal), escamas e orificio anal.

2)Cortar o opérculo e observa no interior as branquias.

3)    Facer un corte rectangular nun lado. Retira o anaco de musculaturae quedarán

 á vista as vísceras do peixe: corazón, fígado, vesícula biliar, intestino, vexiga

 

natatoria e tecido muscular.

Álbum: STEAM 22-23 -> 37- DISECCIÓN DUN PEIXE

COMO METER UN OVO DENTRO DUNHA BOTELLA

COMO METER UN OVO DENTRO DUNHA BOTELLA

Hoxe imos entender os efecto da presión atmosférica coa axuda dun ovo e unha botella.

 Materiais:

• Ovo duro

• Botella cunha abertura ancha

• Caixa de mistos

• Periódico

Pasos a seguir:

Cocer un ovo. Deixalo arrefriar e pelalo.

 Coller o xornal e romper un páxina en tiras. Introducir as tiras dentro da botella e poñer un misto aceso dentro. Rapidamente coller o ovo e colócarlo encima da abertura da botella. O ovo entra só na

botella. Maxia? Non, ciencia!

 A presión atmosférica é a resposta. Despois de acender o lume, o osíxeno da botella acabouse. Cuandon colócase o ovo diante da abertura, o aire no

 

interior crea un baleiro succionando o ovo cara á botella.

Álbum: STEAM 22-23 -> 36- COMO METER UN OVO NUNHA BOTELLA DE VIDRIO

A ORIENTACIÓN DO VENTO: O CATAVENTO

A ORIENTACIÓN DO VENTO: O CATAVENTO

Neste experimento fixemos un catavento con materiais caseiros fáciles de conseguir. O obxectivo é que os nenos observen como a dirección do vento pode cambiar, tendo coma referencia os catro puntos cardinais: N, S ,L, O.

Materiais: cartolina  branca, rotulador negro, plastilina, pajitas, chinchetas,papel branco, compás, regra e lapis con goma

Procedemento 

  1. Facemos un círculo na cartolina branca indicando os catro puntos cardinais

  2. Dibuxamos a punta dunha frecha e parte traseira nun folio

  3. Pomos un pouco de plastilina como base do noso catavento

  4. Pegamos as dúas partes da frecha nos extremos da pajita

  5. Colocamos o lapis na base e pinchamo a pajita en sentido horizontal cunha chincheta na parte do lapis con goma.

 

Os colocar o catavento na fiestra os nenos observarán en qué dirección se move o vento

Álbum: STEAM 22-23 -> 35 - O AIRE
Distribuir contido


by Dr. Radut