Skip to Content

46.- Lata equilibrista

Con este experimento os nenos e nenas de terceiro puderon ver como unha lata de refresco comeza a "dar saltitos" por ela soa.

 

Para este experimento precisamos tan só cunha lata, un chisqueiro e auga.

 

Para comezar, hai que baleirar a lata e quitarlle a chapa de apertura. Unha vez feito, débese colocar boca abaixo. O seguinte paso é conseguir que a lata quede pegada a unha superficie, para o que debemos de mollar con auga a parte da lata que se xunte coa superficie para que non se escape o aire e adhírase. Por último, achegamos a chama do chisqueiro á parte lateral do obxecto e veremos como este téntase afastar do lume coma se saltase.

 

Ao quentar a lata co mechero sube a temperatura e a presión do aire atrapado no interior da lata, como a lata é moi lixeira móvese e da pequenos saltiños ao saír o aire quente por debaixo da lata

 

Álbum: STEAM 23-24 -> 46.- Lata equilibrista


album | by Dr. Radut