Skip to Content

47.- O mofo que salvou vidas. Fleming

En quinto de primaria trouxemos á aula un anaco de marmelo cheo de mofo e puxémonos a investigar co microscopio.

 

Explicamos que o mofo é un tipo de hongo microscópico que axuda á natureza a decompoñer a materia orgánica morta. Tanto o mofo como o mildiu son tipos de fungos. O que os diferencia é que o mofo preséntase en tonos azuis, negros, vermellos e verdes, mentras que o mildeu é branco.  Esto puidémolo observar no microscópio. Aproveitamos o experimento para explicar as condicións de vida que precisa o mofo para reproducirse e vivir e tamén falamos dos perigos que pode ter para o ser humano e da gran aportación científica de Alexander Fleming, que de maneira casual fixo crecer un mofo nun cultivo , e descubriu a penicilina.

 

Álbum: STEAM 23-24 -> 47.- O mofo que salvou vidas. Fleming


album | by Dr. Radut