O alumnado investigou sobre a capilaridade, a propiedade que ten a auga de ascender en contra da gravidade por pequenos tubos ou capilares.
Para poder observar o efecto da capilaridade utilizamos vasos con auga e colorante que se comunicaban con un vaso intermedio baleiro a través de papel de baño. Despois dun tempo o líquido transferiuse dende os vasos externos ata o intermedio, mesturándose as cores.