Skip to Content

DETECCIÓN DE ALMIDÓN EN ALIMENTOS

 

O amidón é un polisacárido de orixe vexetal, o único dixerible polos humanos, é natural que se atope en patacas, arroz, sementes, cereais e todos os alimentos derivados. A problemática ven cando o atopamos na maioría de alimentos procesados, ao ser un produto de orixe vexetal é moi económico e a industria alimentaria empregao para baixar costes, como espesante, xelificante, ect. Co noso método de detección, a base de iodo, puidemos comprobar que alimentos teñen amidón e razonamos cales o teñen dunha maneira natural e en cales é engadido pola industria diminuíndo a calidade do alimento, algún destes produtos foron o: surimi ou fiame de xamón. As finalidades deste experimento son varias, por unha parte está o coñecemento bioquímico, onde se leva a cabo unha reacción entre o iodo e o amidón, formándose un complexo de coloración azul, traballouse tamén o expíritu crítico, xa que se afondou no coñecemento científico da industria e do mundo que nos rodea e por último fíxose fincapé na importancia do etiquetado alimentario e por atención nos alimentos que mercamos e consumimos.

Álbum: STEAM 2021-2022 -> DETECCIÓN DE ALMIDÓN NOS ALIMENTOS


album | by Dr. Radut