Gallego

Xornadas de intercambio de experiencias vinculadas a actividades de formación en centros

Summary: 

Prazas dispoñibles! Podedes facer a inscrición en FPROFE Mércores 28 e xoves 29 de setembro | EGAP (Santiago de Compostela)
Gallego

Xornadas de intercambio de experiencias vinculadas a actividades de formación en centros

Formación aberta na Rede: "O currículo na aula"

Summary: 

O próximo 22 de abril de 2016 dará comezo unha formación aberta na Rede: “O currículo na aula". Esta actividade virtual permitirá ofertar aos docentes da nosa comunidade un modo aberto e flexible de formación sen límite de prazas. Prazo de inscrición: Ata o 21 de abril de 2016.
Gallego

O próximo 22 de abril de 2016 dará comezo unha formación aberta na Rede: “O currículo na aula". Trátase dunha actividade coas seguintes características:

  • Lévase a cabo de forma virtual na Rede, a través de Platega2.

  • Está conformada por unha serie de materiais que desenvolven os contidos, foros de participación e comunicación entre os participantes e tarefas con entrega libre e voluntaria.

  • Está aberta a calquera docente de centros dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

  • Ao tratarse dunha formación en aberto non ten asociado recoñecemento de horas de formación.

 

Permite ofertar aos docentes da nosa comunidade un modo aberto e flexible de formación sen límite de prazas.

Podes automatricularte en Platega2 ata o 21 de abril na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.es/platega2/course/view.php?id=209.  Introduce os teus datos de conta corporativa e a palabra "platega" como chave de matriculación.

A fase de formación comezará o 22 de abril e rematará o 20 maio. Estará conformada por 4 módulos:

  • Currículo e aproximación á programación

  • Rúbricas e mínimos esixibles

  • Perfil de competencia.

  • Tarefas integradas.

O prazo de inscrición xa rematou, pero hai posibilidade de visualizar os contidos do curso como convidados.

 

 

 

 

 

Formación Aberta na Rede: O currículo na aula
Formación Aberta na Rede: O currículo na aula

G1501096 O ensino bilingüe da lingua portuguesa a través das TIC

Summary: 

Actividade na Rede para o profesorado CLIL de lingua portuguesa.
Gallego

Obxectivos

1.Coñecer e empregar recursos TIC no proceso de ensino-aprendizaxe na metodoloxía CLIL

2.Fomentar o traballo colaborativo e de investigación dun xeito práctico a través das distintas ferramentas e recursos informáticos

3.Elaborar materiais didácticos aplicables no ensino CLIL

Contidos

1.Introdución ao curso a distancia

2.As catro destrezas aplicadas ao ensino CLIL

3.Metodoloxía práctica do ensino CLIL

4.Recursos TIC para o ensino CLIL

 

Data de comezo: 29/1/2016

Data de finalización: 15/4/2016

Lugar de celebración: Platega2

Número de horas totais: 50 (na Rede)

Ligazón a FPROFE: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaBusquedaInscricionCursos.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=71580

Ligazón á aula virtual: https://www.edu.xunta.es/platega2/course/view.php?id=306

Titor: Valentim Fagim Rodrígues

Coordinador: Xosé Antón Vicente Rodríguez (antonvicente@edu.xunta.es)

G1501096  O ensino bilingüe da lingua portuguesa a través das TIC
G1501096 O ensino bilingüe da lingua portuguesa a través das TIC

S1501044 Competencias profesionais docentes - Inglés

Summary: 

Curso sobre competencias profesionais docentes no ensino de inglés dirixido ao profesorado de inglés de todos os niveis. O prazo de inscripción remata o 25 de xaneiro e o curso comezará o 22 de febreiro. Ver programa en pdf
Gallego

Trataránse temáticas relacionadas co desenvolvemento profesional dos docentes de inglés de todos os niveis. Haberá sesións de interese xeral e outras específicas, a escoller, para infantil/primaria ou para secundaria. Prestarase especial atención a secuenciación de tarefas comunicativas, a contextualización, e a interculturalidade. Tamén se integrarán as TIC/TAC e se dará un marco xeral de fácil manexo e de impacto inmediato na aula.

Os relatores do curso serán: Martin Goosey do British Council de Madrid, Jarrett McDowell, licenciado pola universidade de Carolina do Norte, Francisco Ramos, doutor na Univesidade de Loyola Marymount de Os Angeles e experto en ensino biligue, e Will Varney,  formador de Macmillan Education.
 

S1501044 Competencias profesionais docentes - Inglés
S1501044 Competencias profesionais docentes - Inglés

Obradoiro de Oratoria no ámbito educativo

Summary: 

Curso presencial no CAFI
Gallego

OBXECTO: Apoiar na implantación da asignatura de Oratoria nas aulas a través dun programa de capacitación e motivación para docentes. 

METODOLOXÍA: 

  • Transversal. Na concepción de que a oratoria ten un carácter transversal, proponse a creación de grupos de participantes heteroxéneos no que se refire ás materias das que son responsables que contribúa a romper estereotipos que relacionen o desenvolvemento das competencias en oratoria con ámbitos estritamente lingüísticos.
  • Práctica. A oratoria entendida como capacidade de utilizar a palabra para nos comunicar, require que a translación de contidos sexa feita dunha perspectiva eminentemente práctica.
  • Orientada a resultados. Desde o primeiro momento as e os participantes terán como orientación a realización dunha exposición pública de curta duración que
    contribuirá a que cada participante busque a súa motivación para acadar un obxectivo claramente definido: unha exposición pública atractiva.

REFERENCIA: S1503016

TÍTULO:  Obradoiro de oratoria no ámbito educativo

HORAS PRESENCIAIS: 12

PRAZAS: 20

LUGAR: CAFI

Obradoiro de Oratoria no ámbito educativo
Obradoiro de Oratoria no ámbito educativo

Formación das estruturas de formación do profesorado

Summary: 

Formación das estruturas de formación do profesorado
Gallego

A Rede de Formación Permanente do Profesorado reuniuse en Sanxenxo os pasados días 10 e 11 de decembro para facer unha posta en común do traballo elaborado sobre o novo modelo competencial da función docente. Durante estas dúas xornadas presentouse o resultado deste esforzo conxunto que definirá o marco no que basear unha nova concepción da formación do profesorado.

Formación das estruturas de formación do profesorado
Formación das estruturas de formación do profesorado

Propostas didácticas centradas no alumno no contexto do proxecto europeo KA2 ENTELS-II

Summary: 

Curso en rede que transcurrirá entre febreiro e abril de 2016
Gallego

O obxectivo final do curso é desenvolver e analizar as metodoloxías innovadoras e aproximacións e métodos de avaliación para apoiar itinerarios, ritmos diferentes de aprendizaxe co fin de adquirir as competencias necesarias que demanda a sociedade e o mundo laboral.

O curso de formación online para profesorado está estruturado en 4 Módulos/ Itinerarios de aprendizaxe (Módulos multimedia):

  • Kit básico TIC (Obrigatorio)
  • Aprendizaxe centrado en el alumno/a

  • Emprendemento

  • Procesos de avaliación e seguimento do alumnado

Requisitos previos: profesorado en activo preferentemente de educación secundaria, manexo básico TIC e conectividade a internet.

 

Programas didácticos centrados no alumno no contexto do proxecto europeo KA2 ENTELS-II
Programas didácticos centrados no alumno no contexto do proxecto europeo KA2 ENTELS-II

Seminarios aprobados 2015/2016

Summary: 

Seminarios aprobados polo CFR da Coruña para o curso 2015/2016
Gallego

Xuntase arquivo coa relación de seminarios aprobados polo CFR da Coruña para o curso 2015/2016

seminarios aprobados

Cursos Calc

Summary: 

Información importante para quen dexese participar nos cursos CALC.
Gallego

Información para os que desexen participar nos cursos CALC.

  • É conveniente verificar os días e horas de celebración do curso a través da ficha da actividade en FPROFE: pestana Consulta/Inscrición - Consultar ou Inscribirse.

  • A adxudicación das prazas nos cursos CALC realizaráse conforme aos criterios de selección que figuran nas fichas de cada actividade.

  • Para poder participar nun curso CALC é necesario acreditar que se posúe o nivel de lingua inmediatamente anterior (por exemplo, ter o A2 para participar nun curso B1).

  • A acreditación de nivel de lingua solicitaráse ás persoas que resulten finalmente admitidas nos distintos cursos.

  • Aquelas persoas que cursaron e superaron o Bacharelato con inglés como primeira lingua poden acceder a participar nun curso CALC de nivel B1. Deberán acreditar esta situación coas calificacións do Bacharelato ou con certificación do centro onde cursou o Bacharelato.

  • Para as persoas que non poden acreditar o seu nivel real de lingua con titulacións, poden facer a proba de nivel. Ésta terá lugar o día 8 de setembro de 2015 no CFR da Coruña, de 11.00 a 12.00. En función do resultado acadado nesta proba poderáse acceder a un curso CALC de nivel B1 ou B2. Esta proba non é obrigatoria, e non conleva adxudicación de praza nun curso CALC.

  • Aqueles que desexen facer a proba de nivel, deberán inscribirse a través do FPROFE na actividade C1502008.

 

A Coruña, 2 de setembro de 2015.

Asesoría de Linguas Estranxeiras

CALC 2015

Xornadas galegas de linguas estranxeiras 2015

Summary: 

Petición de propostas para as Xornadas Galegas de Linguas Estranxeiras 2016
Gallego

Petición de propostas para as Xornadas Galegas de Linguas Estranxeiras 2016. Podénse facer propostas sobre distintas temáticas,  ámbitos e niveis educativos  en lingua galega, castelán, inglés, francés, portugués e alemán.  As propostas deben enviarse antes do 20 de outubro de 2015 a: cafi.linguas@edu.xunta.es

Xornadas galegas de linguas estranxeiras 2015
Xornadas galegas de linguas estranxeiras 2015