Gallego

O CAFI deséxavos felices festas

Summary: 
O CAFI deséxavos felices festas
Gallego
O CAFI deséxavos felices festas
O CAFI deséxavos felices festas

ESERO. Do espazo á aula

Summary: 
ESERO é un proxecto de educación da Axencia Espacial Europea (ESA). O día 20 de outubro teremos a ocasión de coñecer de primeira man, dos seus responsables en España, unha ampla variedade de recursos e materiais didácticos dirixidos ao ámbito STEM. Inscríbete en Fprofe! Código da actividade: G1803005
Gallego

Referencia: G1803005

Forma de participación: Presencial

Modalidade: Encontros

Competencias profesionais:

Competente en TIC - Dispositivos.

Investigador/a e innovador/a - Realización e execución de propostas.

Centro de formación e recursos: CAFI

Lugar de celebración: Edificio Cinc da Cidade da Cultura - Santiago de Compostela

Temporalización: 20/10/2018

Data límite de inscrición: 08/10/2018

Prazas:  150

Horas totais: 8

Destinatarios:

Todas as ensinanzas

Corpos e especialidades:

Todos os corpos

Obxectivos:

1.Coñecer as posibilidades dos recursos ESERO na aula

Contidos:

1.Recursos ESERO nos distintos niveis educativos.

2.Utilización de recursos ESERO na aula e innovación.

3.Recursos multilingües ESERO

Esero. Do espazo á aula
ESERO. Do espazo á aula.

STEMLab Galicia

Gallego
O vindeiro venres 20 de abril celebrarase no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago de Compostela, STEMlab Galicia.
 
Será a maior feira educativa en Galicia para centros educativos na que se amosará o excelente labor educativo de numerosos centros galegos a prol da ciencia, a enxeñaría, a tecnoloxía e a matemática, pero sobre todo a prol dunha aprendizaxe competencial, activa e creativa.
 
Poderá atopar toda a información relevante e o formulario de inscrición na páxina: http://stemlab.gal 
STEMlab Galicia
STEMlab Galicia

S1601087 Museos e itinerarios histórico-artísticos. Ensinar e aprender noutros contextos

Summary: 
O día 20 de marzo comezou a actividade de formación MUSEOS E ITINERARIOS HISTÓRICO-ARTÍSTICOS. ENSINAR E APRENDER NOUTROS CONTEXTOS que se está desenvolvendo ata o vindeiro 8 de maio en diversos espazos de Compostela.
Gallego

O curso, impartido por varios membros do grupo Iacobus (grupo de investigación en Historia da arte da Universidad de Santiago) e diversos representantes dos museos de Compostela, ten como obxectivo achegar ao profesorado as posibilidades e recursos didácticos existentes nos diferentes museos, así como os do patrimonio histórico-artístico da cidade. Como relatores figuran destacados investigadores no eido da Historia da arte como José Manuel García Iglesias (Catedrático da USC), Juan Monterroso Montero (Decano da Facultade de Xeografía e Historia da USC), Leopoldo Fernández Gasalla (IES Rosalía de Castro, Santiago), Begoña Fernández Rodríguez (Profesora da USC), Rosa Cacheda Barreiro (Profesora da USC), así como o docente e investigador en bioloxía Carlos Rodríguez Dacal (IES Antón Fraguas, Santiago). Participan, así mesmo, representantes de varios museos da cidade como Eduardo López Valiña (Conservador Xefe do Museo da Fundación Eugenio Granell), Esperanza Gigirey Liste (Técnica da área de Difusión e Comunicación do Museo das Peregrinacións e de Santiago), Rori Suárez Barreto (Director do Museo de Terra Santa), Ramón Yzquierdo Peiró (Director técnico do Museo da Catedral de Santiago). A actividade inclúe varias visitas guiadas: ao Museo da Fundación Eugenio Granell, ao Museo de Historia Natural da USC, ao Museo das Peregrinacións e de Santiago, ao Paraninfo da Universidade de Santiago, ao Museo de Terra Santa e ao Museo da Catedral de Santiago. Realízanse, igualmente, varios roteiros pola cidade, entre eles San Martiño Pinario, o Casco Vello e a Alameda, co fin de explorar as súas posibilidades didácticas.

Paraninfo da USC
Paraninfo da USC

Convocatorias eTwinning

Summary: 
Publicación no BOE da convocatoria de "Eventos de formación eTwinning 2017" e "Premios Nacionales eTwinning 2017"
Gallego

Publicouse no BOE a Convocatoria de “Eventos de formación eTwinning 2017”  (Resolución de 17 de febreiro de 2017 da Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional y Universidades) pola que se convocan prazas de asistencia a eventos de formación dentro do marco da acción eTwinning.
Tamén se publicou a convocatoria de “Premios Nacionales eTwinning 2017” (Resolución de 15 de febreiro de 2017 da Secretaria de Estado de Educación, Formación Profesional y Universidades) para proxectos realizados total ou parcialmente durante o curso 2015-2016.
Estes son os enlaces ás dúas convocatorias. As solicitudes pódense realizar desde o 28 de febreiro.

Eventos de Formación 2017: (solicitudes ata o 14 de marzo): http://etwinning.es/convocatoria-2017-de-asistencia-a-eventos-de-formacion-de-la-accion-etwinning/
 
http://www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion/profesorado/profesorado-no-universitario/becas-ayudas/formacion/eventos-etwinning.html

Premios Nacionais 2017: (solicitudes ata o 22 de marzo): http://etwinning.es/premios-nacionales-etwinning-2017/
 
http://www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion/profesorado/profesorado-no-universitario/premios/premios-nacionales-etwinning.html

etwinning
etwinning

Proxectoterra. A construción do territorio e a paisaxe. Edición 2016-2017

Summary: 
Nova edición deste curso destinado ao profesorado de Secundaria co fin de vos achegar recursos para a materia de libre elección de centros de “Paisaxe e sustentabilidade” para 1º e 2º de ESO.
Gallego

A recente publicación do novo currículo da LOMCE contempla a materia de libre elección de centros de “Paisaxe e sustentabilidade” para 1º e 2º de ESO. Co fin de que poidades contar con estes novos recursos no inicio do curso e os teñades en conta no momento de elexir as materias que ides impartir, achegamos os materiais sobre Paisaxe “PAGUS. Galicia un país de paisaxes”, en consonancia cos currículos vixentes non só nesa materia específica senón tamén dentro dun campo multidisciplinar.

Data de comezo:  12/11/2016

Lugar de celebración: CAFI

Número de horas totais: 08

Ligazón a FPROFE: Preme

Ligazón á Aula Virtual: Preme


 
proxecto terra
proxecto terra

G1601092 Webs dinámicas: Moodle (Aproveitamento didáctico)

Summary: 
Aproveita as posibilidades didácticas que ten a Aula virtual do teu centro e aprende a usar os principais recursos e actividades que se poden crear en Moodle.
Inscríbete en Fprofe antes do 4 de outubro!
Gallego

A través deste curso na Rede aprenderás a aproveitar as posibilidades didácticas que ten a Aula virtual do teu centro e aprenderás a usar os principais recursos e actividades que se poden crear en Moodle.

INSCRICIÓN: www.edu.xunta.es/fprofe  (Referencia: G1601092)
 

Obxectivos

1.Adquirir a competencia necesaria para a utilización da aplicación Moodle do proxecto Webs Dinámicas da Consellería de Educación.
2.Coñecer as principais características de Moodle como software para a creación de cursos na Rede e xestionalo como profesor-titor.
3.Coñecer e utilizar adecuadamente os principais recursos e actividades que se poden crear en Moodle, distinguindo cales son as máis adecuadas para cada situación de aprendizaxe.

 

Contidos

1.O proxecto webs dinámicas: Moodle.
2.Interface de Moodle. Creación e configuración inicial dun curso.
3.Xestión de cursos e matriculación de usuarios.
4.Deseño de cursos na aula virtual.
5.Creación de recursos na aula virtual (etiquetas, páxinas web, ligazóns, libro...).
6.As actividades na aula virtual (tarefas, escollas, cuestionarios, enquisa, wiki, foros...).
7.Avaliación e informes.

 

Temporalización:

O curso dará comezo o 24 de outubro e finalizará o 30 de novembro de 2016.

 

Horas do curso:

30 h. na Rede

Moodle. Aproveitamento didáctico
Moodle. Aproveitamento didáctico

Xornadas de intercambio de experiencias vinculadas a actividades de formación en centros

Summary: 
Prazas dispoñibles! Podedes facer a inscrición en FPROFE Mércores 28 e xoves 29 de setembro | EGAP (Santiago de Compostela)
Gallego

G1601073 Ensinar o Holocausto

Summary: 
Actividade que se desenvolverá na Plataforma de Teleformación Galega (PLATEGA)
Gallego

G1601073 Ensinar o Holocausto

Inscrición aberta en Fprofe ata o 19 de setembro de 2016

Horas: 30 (non presenciais, na Rede)

Temporalización: 1º trimestre (comezo en outubro de 2016)

Prazas: 50

Obxectivos:

1. Potenciar a transmisión do Holocausto no ensino a través da conmemoración do "Día da Memoria do Holocausto".

2. Estudar o Holocausto xudeu como feito histórico e contribuír á prevención de calquera forma de violencia, racismo ou xenofobia.

3. Ofrecer ao profesorado participante formación na historia do Holocausto así como recursos para o proceso de ensino-aprendizaxe.

Contidos:

1. Introdución e conceptos fundamentais na historia do Holocausto.

2. O Holocausto desde unha perspectiva interdisciplinar.

3. Como ensinar o Holocausto. Pautas e recomendacións.

4. Exemplos prácticos que poñen de manifesto a conmemoración do Día da Memoria do Holocausto como oportunidade didáctica.

Inscrición: www.edu.xunta.es/fprofe

Créditos da imaxe: Auschwitz-Birkenau, Jacek Abramowicz, CC0

G1601073 Ensinar o Holocausto
G1601073 Ensinar o Holocausto

APPlícate en ciencias. Novas técnicas de APPrendizaxe

Summary: 
Este curso xorde dentro dun proxecto de aplicacións docentes que se está levando a cabo dende a Facultade de Óptica e Optometría da USC: "Desarrollo de recursos educativos digitales para la enseñanza de Física-Química, Biología-Geología y Tecnología en Educación Primaria Obligatoria, Educación Secundaria Obligatoria y Bachillerato" , financiado polo Ministerio de Economía e Competitividade e a FECYT.
Gallego

INSCRICIÓN ABERTA ATA O 26 DE SETEMBRO en Fprofe: https://www.edu.xunta.es/fprofe/procesaBusquedaInscricionCursos.do

No proxecto estanse creando aplicacións para apoiar a ensinanza dos conceptos con maiores dificultades de aprendizaxe presentes nas aulas no ámbito científico en todos os niveis educativos.

Horas: 20 horas (15 presenciais  + 5 non presenciais)

Lugar de celebración: Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI), Santiago de Compostela

 

Calendario:

luns 3 e 10 de outubro de 17:30 a 20:30 h

xoves 6, 13 e 27 de outubro de 17:30 a 20:30 h

Máis información no detalle da actividade:

https://www.edu.xunta.es/fprofe/procesaBusquedaInscricionCursos.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=74693

 

app de ciencias para primaria
APPlícate en ciencias. Novas técnicas de APPrendizaxe