Gallego

O CAFI deséxavos felices festas

Summary: 
O CAFI deséxavos felices festas
Gallego
O CAFI deséxavos felices festas
O CAFI deséxavos felices festas

C1901149: Estratexias para o fomento da competencia oral en inglés

Summary: 
Do 05/02/2020 ao 26/03/2020 no CFR da Coruña
Gallego

Estratexias para o fomento da competencia oral en inglés

Código actividade: C1901149

Do 05/02/2020 ao 26/03/2020 no CFR da Coruña

Data límite de inscrición: 22/01/2020
Prazas:  15

Horas presenciais: 14
Horas non presenciais: 6

Proposta formativa destinada ao profesorado de inglés para potenciar a expresión oral entre o alumnado de educación primaria e secundaria.

  • Introdución ao Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas e a súa vinculación co desenvolvemento dos currículos de primaria e secundaria.
  • Estratexias de aula para fomentar a competencia oral do alumnado e a súa participación activa.
  • Emprego das novas tecnoloxías como complemento para desenvolver a expresión oral nas aulas e fóra delas. 
Estratexias para o fomento da competencia oral en inglés
Estratexias para o fomento da competencia oral en inglés

XVI Encontros con escritores: Pedro Feijoo

Summary: 
O escritor Pedro Feijoo conversará con Javier Pintor e Xavier Seoane e presentará a súa nova novela: "Un lume azul"
Gallego
Informámosvos que este mércores, 11 de decembro ás 18.30h. no Salón de actos da Uned de Coruña dentro do ciclo de Encontros con escritores contaremos coa presenza de
Pedro Feijoo como autor invitado. Aproveitaremos a presenza do autor para presentar a súa novela máis recente, Un lume azul (Xerais, 2019) e percorrer o resto da súa obra.
 
A sesión poderase seguir por videoconferencia dende a seguinte ligazón: http://www.intecca.uned.es/portalavip/directos.php?ID_Grabacion=289237&ID_Sala=243483
 

Pedro Feijoo (Vigo, 1975). Antes de adicarse á escritura, exerceu profesionalmente como músico, cunha intensa traxectoria como produtor, compositor e membro dalgúns dos máis salientables proxectos musicais galegos como Los Feliz e Lamatumbá. En 1997 publicou o seu primeiro libro, Cousas do «Galicia», por Castelao, no que se explica a relación de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao co xornal Galicia que dirixiu Valentín Paz-Andrade.  En 2005 publicou Viva o Fu Remol! (Xerais,2005), unha crónica sobre os problemas do panorama musical galego. A súa primeira obra Os fillos do mar (2012, finalista do Premio Xerais en 2011). En 2013 publica A memoria da choiva, novela arredor da figura de Rosalía de Castro. En 2015 cambia de rexistro con Morena, perigosa e románica, a súa novela máis cómica. En 2017 publica Os fillos do lume, na que os mesmos personaxes de Os fillos do mar, se enfrontan a unha das intrigas mellor protexidas na historia da cidade de Vigo: a da súa fundación. En 2018 publica Sen piedade, un libro dolorosamente persoal no que o autor tivo que enfrontarse a algúns dos fantasmas pendentes da súa vida. Tamén en 2018 sae Camiñar o Vigo vello. Un paseo pola historia da cidade, un libro de a cabalo entre os manuais de historia e as guías turísticas.

De moi recente aparición é a súa novela Un lume azul (Xerais, 2019), unha historia de suspense, dura por veces mesmo violenta, pero tamén emotiva e, sobre todo, imprevisible, intensa e apaixonante como son todas as narracións deste autor.

Pedro Feijoo
Pedro Feijoo

Xornada inaugural dos XVI Encontros con escritores

Summary: 
O escritor José María Merino conversará con Javier Pintor e Xavier Seoane. O acto terá lugar o mércores 30 de outubro ás 18:30 horas no salón de actos da UNED da Coruña.
Gallego
Informámosvos que o vindeiro mércores, 30 de outubro ás 18:30 h. no Salón de actos da UNED da Coruña, comeza unha nova edición de "A creación literaria e os seus  autores: Encontros con escritores". A sesión inaugural contará coa presenza do escritor José María Merino . Aproveitaremos a presenza do autor para repasar a súa traxectoria vital e literaria e comentar algúns dos seus textos máis significativos como é o seu recente libro, A través del Quijote (Reino de Cordelia, 2019)
Organiza estes encontros o CENTRO DE FORMACIÓN e RECURSOS DE A CORUÑA baixo a coordinación de Javier Pintor. Intervén como interlocutor na mesa de debate, Xavier Seoane, recoñecido autor galego. Estes encontros concíbense da maneira máis libre e aberta posible xa que o que se pretende é manter uns diálogos literarios e culturais con algúns dos autores máis relevantes do momento presente.
A sesión poderase seguir por videoconferencia dende a seguinte ligazón:  http://www.intecca.uned.es/portalavip/directos.php?ID_Grabacion=52548&ID_Sala=241066 
José María Merino
José María Merino

Felicitación de Nadal 2018

Summary: 
O CAFI deséxavos unhas felices festas!
Gallego
Felicitación de Nadal 2018
Felicitación de Nadal 2018

Xornada inaugural XV Encontros con escritores

Summary: 
O mércores 10 de outubro ás 18:30 no salón de actos do UNED de Coruña
Gallego

O mércores 10 de outubro ás 18:30 horas no salón de actos da Uned da Coruña (rúa Educación, 3 - A Coruña) o autor mexicano Juan Villoro conversará con Javier  Pintor e Xavier Seoane.

Esta será a xornada inaugural dos XV Encontros con escritores que se leva a cabo no CFR.

Juan Villoro
XV Encontros con escritores: Juan Villoro

C1703007: III Encontros de intercambio de experiencias educativas. Compartindo boas prácticas

Summary: 
Desenvolveranse no CFR da Coruña, salón de actos da UNED os días 25 e 26 de abril e o 2 de maio.
Gallego

III Encontros de intercambio de experiencias educativas. Compartindo boas prácticas

Competencias profesionais:

Educador/a guía no proceso ensino-aprendizaxe - Didácticas específicas, metodoloxías, TAC e Afín.

Investigador/a e innovador/a - Realización e execución de propostas.

Forma de participación: Presencial

Modalidade: Encontros

Referencia: C1703007
Centro de formación e recursos: A Coruña
Temporalización:  25/04/2018  -  02/05/2018
Data límite de inscrición: 16/04/2018
Lugar: CFR A Coruña
Prazas:  200

Horas totais

Horas presenciais: 12
Horas non presenciais: 0
 

Destinatarios: Todas as ensinanzas

Corpos e especialidades

511 - Catedráticos de ensino secundario
590 - Profesores de ensino secundario
591 - Profesores técnicos de formación profesional
592 - Profesores de escolas oficiais de idiomas
593 - Catedráticos de música e artes escénicas
594 - Profesores de música e artes escénicas
595 - Profesores de artes plásticas e deseño
596 - Mestres de taller de artes plásticas e deseño
597 - Mestres

Criterios de selección:Os criterios xerais do plan anual de formación

Obxectivos

1.Dinamizar e impulsar a reflexión sobre a práctica educativa nos centros escolares.

2.Presentar experiencias educativas innovadoras e coñecer recursos, materiais e iniciativas que favorezan a innovación na aula.

3.Construír unha comunidade de intercambio de boas prácticas educativas.

Contidos

1.Retos educativos da sociedade actual.

2.Innovación educativa e mellora dos procesos de ensino-aprendizaxe nas aulas.

3.Ensino por competencias e implicacións didácticas no centro educativo.

4.Estratexias innovadoras nos procesos de aprendizaxe.

5.Experiencias de aula nos centros educativos.

6.Liñas actuais de investigación didáctica.

 

 

 

Horario
Día Horas Duración Observacións
25/04/2018 17:00  -  21:00 4.0 horas III Encontros de intercambio de experiencias educativas. Compartindo boas prácticas
26/04/2018 17:00  -  21:00 4.0 horas III Encontros de intercambio de experiencias educativas. Compartindo boas prácticas
02/05/2018 17:00  -  21:00 4.0 horas

III Encontros de intercambio de experiencias educativas. Compartindo boas prácticas

 

Asesor responsable da actividade

Asesor:  FOLGAR CASTELO, MARÍA ARÁNZAZU

Enderezo Electrónicoaranchafolgar@edu.xunta.es

cartaz boas prácticas
cartaz boas prácticas