O CAFI deséxavos felices festas
Enviado por pablogulin a Mér, 16/12/2015 - 12:47Summary:
Summary:
Summary:
O curso explorará diferentes formas de incluír a aprendizaxe baseada en xogos e a gamificación na aula para promover a aprendizaxe activa, mellorar a participación dos estudantes e facilitar a adquisición e retención de coñecementos. Os participantes aprenderán como introducir a dinámica dos xogos na súa práctica docente xeral e desenvolver plans de leccións específicos por materia que utilicen a gamificación da maneira máis efectiva desde o punto de vista pedagóxico.
Actividade de 16 horas en LINGUA INGLESA da EUROPEAN SCOOLNET
Datas: 13 de marzo a 19 de abril
Inscripción a través de FPROFE co Código G2201140 e na páxina da EUROPEAN SCOOLNET do link seguinte:
Link de inscripción e de máis información: https://bit.ly/UnlockingAI_MOOC
Summary:
As Xornadas galegas de linguas estranxeiras celebraranse o sábado 25 de marzo de 2023 no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela.
Para poder participar é necesario formalizar a inscrición na plataforma FPROFE (referencia G2202131)
Summary:
No mes de xuño terán lugar as probas da Alianza Francesa co obxectivo de que o profesorado galego poida acreditar as súas competencias nesta lingua e certificar os seguintes niveis:
O DALF, Diplôme approfondi de langue française (Diploma avanzado de Lingua francesa), é a certificación oficial internacional expedida polo Ministerio de Educación Nacional de Francia, para acreditar as competencias en francés dos/as candidatos/as estranxeiros/as.
O DELF, Diplôme d’études en langue française (Diploma de Estudos en Lingua Francesa), é a certificación oficial internacional expedida polo Ministerio de Educación Nacional de Francia, para acreditar as competencias en francés dos/as candidatos/as estranxeiros/as.
As probas celebraranse na EGAP (Escola Galega de Administración Pública), en Santiago de Compostela os días 1 de xuño e 5 de xuño, durante a mañá.
Para ter máis información ao respecto, pódese remitir un correo ao enderezo electrónico cafi.linguasestranxeiras1@edu.xunta.gal
Summary:
Obxectivos
1.Desenvolver as estratexias didácticas para a mellora das destrezas comunicativas na lingua francesa do alumnado.
2.Facilitarlle ao profesorado especialista a práctica do francés para a súa actualización.
3.Achegarse á cultura francófona a través de actividades interculturais variadas.
Contidos
1.Estratexias e recursos didácticos e dixitais para fomentar a motivación e a autoaprendizaxe.
2.Actualización nos usos oral e escrito en lingua francesa.
3.Achegamento á interculturalidade.
Observación
O curso terá lugar os mércores pola tarde no CAFI, en Santiago de Compostela, modalidade presencial. É necesario ter un nivel B1, posto que a actividade está dirixida a profesorado cun nivel B2.
Summary:
O programa Observa_Acción terá unha duración de dous cursos académicos e desenvolverase en catro fases (dúas en cada ano lectivo)
1. Observa_Acción. Fase Intracentros (Comparte) entre docentes do mesmo centro educativo.
2. Observa_Acción. Fase Intercentros (Acolle) dirixida a equipos de docentes de varios centros de todo o ámbito da comunidade autónoma de Galicia.
3. Observa_Acción. Fase Estatal (Conecta) colaboración entre diferentes comunidades autónomas adheridas ao plan
4. Observa_Acción. Fase Europea (Internacionaliza) experiencia de Observa_Acción visitando un centro educativo dun dos países socios europeos.
Os obxectivos que se perseguen con este programa son os seguintes:
• Experimentar novas vías de formación do profesorado e favorecer a innovación educativa nos centros educativos de Galicia, e colaborar con centros doutras comunidades autónomas e/ou países de ámbito europeo.
• Facilitar ao profesorado e aos membros do equipo directivo dun mesmo claustro a posibilidade de observar de forma directa metodoloxías nos procesos de ensino-aprendizaxe, xeitos de relación e comunicación, ou vías de xestión dos recursos propios e alleos.
• Fomentar o traballo en equipo de grupos de profesores/as, establecendo así vías de comunicación para o intercambio de boas prácticas, a reflexión e a formación metodolóxica
• Favorecer a internacionalización dos centros educativos, ofrecendo a posibilidade de levar a cabo proxectos con outras Comunidades Autónomas e/ou países
• Aplicar e revisar protocolos de observación de práctica docente e potenciar accións metodolóxicas innovadoras para a mellora dos procesos de aprendizaxe do alumnado.
Ligazón á convocatoria: Observa_Acción
Summary:
Os Cursos de Actualización Lingüística e Comunicativa do Profesorado (CALC) están orientados ao desenvolvemento das destrezas orais e da competencia comunicativa nunha lingua estranxeira, co fin de que o profesorado participante consiga a capacidade expresiva necesaria para poder impartir as súas aulas baixo estas premisas. Por este motivo, os CALC están dirixidos, preferentemente, ao profesorado de centros plurilingües e seccións bilingües que debe dar a súa materia en lingua estranxeira, pero pode matricularse calquera profesor que desexe acreditarse para impartir áreas, materias ou módulos non lingüísticos nunha segunda lingua.
Estes cursos teñen como obxectivo a preparación do profesorado para a superación das probas de certificación das EEOOII, en inglés. As persoas asistentes recibirán un certificado polas 60 horas de formación recibidas, pero non a a acreditación de nivel lingüístico, para iso deben superar as probas oportunas.
Unha vez seleccionado, o profesorado deberá acreditar que posúe o nivel de competencia anterior para ser admitido no curso, de acordo co anexo da Orde do 18 de febreiro de 2011, de acreditación de idiomas. O profesorado que conte con coñecementos previos pero non cunha certificación que o acredite, pode realizar unha proba de nivel previamente no CAFI ou CFR correspondente (pendente de confirmación da data), para a que deberá inscribirse a través da aplicación www.edu.xunta.gal/fprofe.
O prazo de inscrición en Fprofe está aberto ata o día 30 de novembro.
Summary:
Está aberto o prazo para a inscrición nas seguintes actividades:
Consulta nas fichas das actividades prazos de inscrición, lugares de celebración e datas.
Máis información sobre este tipo de cursos:
https://www.edu.xunta.gal/centros/cfrcoruna/aulavirtual/course/view.php?id=759
Para máis información sobre o proceso de inscrición nas actividades consulta esta ligazón:
https://www.edu.xunta.gal/centros/cfrcoruna/aulavirtual/course/view.php?id=1968#section-7
Summary:
A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades ten interese en facilitarlle ao profesorado, preferentemente vinculado aos programas plurilingües e centros bilingües, a posibilidade de certificar o seu nivel de inglés a través dun sistema de acreditación externa. Para tal efecto, co obxecto de avaliar o nivel desta lingua, a Consellería dará a oportunidade de presentarse aos seguintes exames desenvoltos por Trinity College:
G2202019 Trinity College GESE grao 7.Nivel B2
G2202017 Trinity College. GESE grao 10. Nivel C1
Estas probas desenvolveranse de xeito presencial, en Santiago de Compostela, con probabilidade na EGAP, Escola Galega de Administración Pública, a través de videoconferencia.
Para ter máis información sobre o desenvolvemento da proba, pódese remitir correo a cafi.linguasestranxeiras1@edu.xunta.gal