Gallego

G2101033 - Creación de recursos educativos con Lim

Summary: 

Creación de recursos educativos con LIM
Aprendizaxe do manexo desta ferramenta para a creción de recursos educativos
Gallego

Nova edición do curso impartido en convocatorias previas.

Obxectivos

  • Propiciar a mellora da competencia profesional do profesorado no emprego das tecnoloxías da información e da comunicación.
  • Empregar as tecnoloxías da información e da comunicación como ferramentas didácticas.
  • Planificar e formular actividades didácticas cos recursos e ferramentas informáticas a disposición do profesorado.

 

 

Datas de celebración

 

 

  • Inicio: 6 de outubro
  • Remate: 10 de decembro

Contidos

  • A ferramenta de autor EdiLim: propiedades, crear páxinas, exportar.
  • Tipoloxía de actividades didácticas.
  • Dereitos de autor e licenzas de uso da multimedia empregada.
  • Formulación dun proxecto global de aula no que se empreguen as tecnoloxías da información e comunicación como recurso didáctico.
  • Difusión e posta en común de proxectos e propostas didácticas. Traballo na Rede.
  • O alumno como creador de Libros Interactivos Multimedia.

Horas certificadas

40 horas

Carta Curslo LIM
LIM

3D Blender

Summary: 

Introducción ao deseño con 3D Blender
Fundamentos básicos para aplicar na acción educativa dende a perspectiva da innovación gráfica.
Gallego

Segunda edición da actividade formativa impartida entre xaneiro e abril do 2021, dentro dos criterios xerais de selección do plan de formación en curso, e cunha certificación de 50 horas.

Obxectivos

  • Dominar os fundamentos da aplicación de deseño 3D Blender e coñecer as posibilidades educativas da mesma.
  • Explorar as posibilidades de innovación no ámbito STEM

Datas de celebración

  • Inicio: 27 de setembro
  • Remate: 10 de decembro


Contidos

  • Introdución a Blender.
  • Técnicas de modelado 3D.
  • luminación: tipos e comportamento.
  • Deseño e aplicación de materiais.
  • Tipos de texturas.
  • Exportación e procesamento de obxectos para impresión 3D.
Cartaz: Introdución ao deseño en 3D Blender
3D Blender PLATEGA

Cursos CALC

Summary: 

Apertura dun novo curso CALC de nivel C2.
Gallego

Ábrese o prazo para a inscrición nun novo curso CALC de nivel C2. Para acceder a este curso é necesario posuír o certificado/título que xustifique o nivel de lingua C1, segundo a escala de niveis do MCERL (A1-A2-B1-B2-C1-C2). As persoas que non posúen esta titulación poden inscribirse para facer a Proba de Nivel.

O prazo de inscrición neste curso remata o 23 de setembro de 2021.

 

Máis información sobre os cursos CALC: https://www.edu.xunta.gal/centros/cfrcoruna/aulavirtual/course/view.php?id=759

Cursos CALC
Cursos CALC

Proba de nivel cursos CALC (inglés)

Summary: 

Terá lugar o día 20 de setembro de 2021, de 18.00-20.00 no CFR de A Coruña.
Gallego

As persoas que desexen facer a proba de nivel para participar en cursos CALC poderán facer unha Proba de Nivel previa á participación en cursos CALC.

Esta proba terá lugar o día 20 de setembro de 2021, de 18.00-20.00 no CFR de A Coruña.

Para poder realizar esta proba os interesados deberán inscribirse en FPROFE na actividade C2102029 Proba de nivel para participar en cursos CALC.

O resultado desta proba indicará o nivel no que se pode inscribir o/a participante.

 

Máis información en https://www.edu.xunta.gal/centros/cfrcoruna/aulavirtual/course/view.php?id=759

Proba de nivel CALC 2021
Proba de nivel CALC 2021

Cursos CALC

Summary: 

Inscrición nos cursos CALC.
Gallego

Ábrese o prazo para a inscrición nos cursos CALC. Para acceder a un curso CALC é necesario posuír o certificado/título que xustifique o nivel de lingua inmediatamente anterior, segundo a escala de niveis do MCERL (A1-A2-B1-B2-C1-C2).

O prazo de inscrición nestes cursos remata o 15 de setembro de 2021.

 

Información sobre os cursos CALC: https://www.edu.xunta.gal/centros/cfrcoruna/aulavirtual/course/view.php?id=759

Cursos CALC
Cursos CALC

Actividades do Plan de Formación de FP

Summary: 

Actividades do Plan de Formación de FP. Setembro/Decembro 2021. Data límite de inscrición en Fprofe: mércores, 28 de xullo de 2021.
Gallego

Xa podes consultar as Actividades do Plan de Formación de FP. Setembro/Decembro 2021

Amplíase o prazo de inscrición!!

Accede a toda a información coa túa conta de Fprofe, a través das ligazóns ás fichas das actividades que atoparás neste documento: 

Formación FP_AMPLICACIÓN

Plan anual de Formación do Profesorado 2021/22

Summary: 

Plan Anual de Formación do Profesorado para o curso 2021/22
Gallego

Xa se pode consultar o Plan Anual de Formación do Profesorado correspondente ao curso 2021/22.

Para consultas e inscricións en actividades formativas do vindeiro curso, cómpre entrar en FProfe.

Descarga aquí o Plan:

Plan Anual de Formación do Profesorado. Curso 2021/22
Plan Anual de Formación do Profesorado. Curso 2021/22

Cansat: segunda xornada na fase galega

Summary: 

2 de xuño: segunda xornada na fase galega!
Gallego

O pasado 26 de maio de 2021 tivo lugar no Aeródromo de Rozas (Lugo) o lanzamento dos satélites na fase galega da iniciativa Cansat.

Podedes ver toda a xornada de lanzamentos na canle de YouTube do CAFI. Asemande, tedes ao voso dispór toda a información ao respecto na páxina de agueiro: Cansat 2021. De Galicia ao espazo e nas redes sociais nos cancelos #cansat e #cansatgal.

O 2 de xuño terá lugar a entrega de premios. Seguiremos informando! 

Data: 

02/06/2021

Agueiro: solicitude para o centro

Summary: 

Para solicitar que o centro dispoña de Agueiro, a dirección do propio centro educativo deberá facer unha solicitude por medio dun correo electrónico dirixido ao enderezo agueiro@edu.xunta.gal e indicando os datos persoais da persoa (docente do centro) designada como responsable e administradora desta nova “Comunidade Educativa Virtual” dentro de Agueiro. Non se enviarán indicacións nin datos de acceso a contas persoais.
Gallego

Data: 

21/05/2021

Áreas-CAFI: 

Guías para a formación do profesorado

Summary: 

Guías para axudar na procura e xestión das actividades de formación do profesorado organizadas polo CFR de A Coruña
Gallego

Ponse a disposición do profesorado unha serie de guías encamiñadas a facilitar a xestión das actividades de formación do profesorado organizadas polo CFR de A Coruña ou para axudar na procura de actividades ofertadas na rede de formación.  

LIGAZÓN ás guías (acceso aberto):

https://www.edu.xunta.gal/centros/cfrcoruna/aulavirtual/course/view.php?id=1968

Guías para a formación do profesorado
Guías para a formación do profesorado