O CAFI deséxavos felices festas
Enviado por pablogulin a Mér, 16/12/2015 - 12:47Summary:
Summary:
Summary:
Seguindo a obra A lavandeira de San Simón, con texto de Eva Mejuto e Ilustracións de Bea Gregores, percorreremos, partindo do Porto de Cesantes, as Illas de San Simón e Santo Antón, atendendo principalmente á historia dos seus anos máis negros, cando foi cárcere de campo de concentración franquista, entre 1936 e 1944. A segunda parte da ruta será no Porto da Portela, ao que accederemos desde o antigo lavadoiro da Xunqueira, percorrendo a pé o paseo da Portela, ata chegar ao Porto da Portela, seguindo as pistas das “lavandeiras” ou “madriñas”, a rede de axuda de mulleres que lavaban a roupa aos presos da Illa e do barco-prisión Upo Mendi. A Portela foi, tamén na Segunda Guerra Mundial, un lugar importante para a fuxida de xudeus. Unha familia da zona formou parte destas dúas redes solidarias, a de Faustino Otero (Faustino da Portela) e Bernardina Lino. Un roteiro pola literatura, pola Historia e a memoria.
Summary:
Esta experiencia didáctica propón dotar de contexto á obra de Olga Novo así como amosar o paso do tempo sobre as comunidades rurais e destacar algúns dos compoñentes destas que normalmente son pasados por alto.
Pola columna vertebral
O roteiro comeza nun punto de Vilarmao onde está o Simca 1200 en desuso dos veciños da familia da escritora onde naceu no 1975 Olga Novo.
A partir de aí, o percorrido atravesa toda a aldea en liña recta, semellando o que Novo califica como «unha estrutura de columna vertebral». A dinámica pasa a consistir na autora contando historias persoais relacionadas con cada casa. Unha das paradas que conta con maior simbolismo é a casa natal da poeta: «É de onde procede toda a miña familia paterna e, entón, hai algúns elementos a partir dos cales explico a miña obra, tamén para min mesma». Entre estes, atópase o tractor do seu pai do ano 1975, que representa todos os cambios dados na sociedade cara a maquinización e, a un tempo, na súa propia familia.
Ao tratarse dun paseo pola aldea na que a escritora desenvolveu gran parte da súa experiencia vital, un dos fins do itinerario é incidir sobre o factor humano e social presente en núcleos rurais como o de Vilarmao. Algunhas das figuras que Olga Novo quere poñer en valor son as de «tantas e tantas mulleres humildes cuxos labores e vidas resultaron invisibles». A autora subliña especialmente todo o legado que algunhas destas mulleres lle deixaron: «Ao carón delas aprendín diferentes cousas da vida moi importantes, quizais moito máis que aquelas que aprendín na escola».
Historias esquecidas
Do mesmo modo, a vida infantil no rural é outro dos perfís que busca destacar: «Os nenos e as nenas realizaban permanentemente tarefas de apoio nos traballos que resultaban esenciais para as comunidades campesiñas». A escritora incide na importancia de contar aquelas historias moitas veces obviadas: «Considero que teñen pasado á historia grandes poderes que nos atenazan máis que outra cousa. Polo contrario, non o fan aquelas persoas que verdadeiramente conforman e manteñen a vida».
A partir destas historias persoais, a autora busca poñer o foco nos cambios que sufriron as relacións entre os veciños do rural que, anteriormente, eran «de carácter familiar nun sentido amplo e profundo». Unha das causas que impulsaron estas e outras mudas ten que ver coa propiedade nos ambientes comunais e é apuntada por Novo: «A propiedade non era tan privada como agora, non había o sentido da intimidade de hoxe en día».
Datos importantes:
O día que eu nacín non había ningún gran sinal
xeaba
e a herba deixábase rumiar no estómago do frío.
Olga Novo, Cráter, Editorial Toxosoutos, 2011.
Summary:
Este percorrido reúne todos os elementos para ser un roteiro interdisciplinar: paisaxes preciosas, arquitectura palaciana; igrexas románicas e barrocas, cruceiros dignos de ver... e, por se fora pouco, o roteiro percorre os lugares que foron escenarios da vida e da obra dunha das grandes escritoras da literatura española, Emilia Pardo Bazán; escritora, xornalista, tradutora, editora, condesa, feminista… O que vén sendo unha muller libre e adiantada ao seu tempo.
O seu paso pola comarca do Carballiño debeuse ao seu casamento temperá, con só dezaseis anos, co carballiñés José Quiroga Pérez de Deza; un fidalgo pertencente a unha familia sen títulos nobiliarios pero cun inmenso patrimonio difícil de cuantificar … A partir dese momento, a escritora vai pasar longas tempadas nas propiedades que os Quiroga posúen na comarca; na casa familiar dos Quiroga no centro urbano, que case parece estar presidindo a praza maior da vila que foi escenario da súa obra El cisne de Vilamorta, e tamén no Pazo de Banga, que Emilia denominou o Balcón do Ribeiro, a onde acudían a finais do verán co gallo das festas da vendima…
Summary:
Gústache a banda deseñada?
Queres traballar con ela nas túas aulas como un recurso educativo?
Queres saber como foi a evolución da banda deseñada gaelga?
Queres saber como está o panorama actual?
Se estás dentro de todos eses "queres", daquela teste que apuntar nesta actividade.
Horario:
Inauguración co presidente de GÁLIX, Xosé A. Perozo, e o ilustrador e coordinador das xornadas, Víctor Rivas
Xulio Carballo, profesor e investigador/divulgador de BD: “Panorámica da banda deseñada galega contemporánea”
Kiko Dasilva, ilustrador, autor de BD, director da escola O Garaxe Hermético e editor de Retranca Editora: “A escola de banda deseñada: formando o futuro”
Presenta: Víctor Rivas, ilustrador e autor de BD
Mesa redonda: Adaptación doutros medios á BD
Presenta e modera: Víctor Rivas, ilustrador e autor de BD
Manel Cráneo, autor de BD e editor de Demo Editorial: “A banda deseñada como ferramenta e medio narrativo na escola”
Brais Rodríguez, autor e mestre de BD na Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde: “A banda deseñada, autoedición e movemento cultural”
Presenta: Víctor Rivas, ilustrador e autor de BD
Peche das xornadas: Xosé A. Perozo, presidente de GÁLIX
Summary:
O curso explorará diferentes formas de incluír a aprendizaxe baseada en xogos e a gamificación na aula para promover a aprendizaxe activa, mellorar a participación dos estudantes e facilitar a adquisición e retención de coñecementos. Os participantes aprenderán como introducir a dinámica dos xogos na súa práctica docente xeral e desenvolver plans de leccións específicos por materia que utilicen a gamificación da maneira máis efectiva desde o punto de vista pedagóxico.
Summary:
Nesta xornada veremos algunhas experiencias de aula e propostas didácticas, tanto de educación infantil e primaria como de secundaria, relacionadas coa autora. Tamén nos achegaremos ó patrimonio botánico do xardín da Casa da Matanza e ó herbario que recolle as flores e plantas máis presentes na obra de Rosalía de Castro. Ela, a muller e a escritora, revelaranos a súa visión sobre o tempo que lle tocou vivir a través da linguaxe cinematográfica. Remataremos a xornada cun percorrido polos espazos vitais que conforman os roteiros rosalianos.
Summary:
Este percorrido está composto por 8 paradas nas que un fito convida a ler fragmentos da obra de Francisco Fernández del Riego, o roteiro literario percorre os escenarios orixinais da vida do intelectual. Desde a Praza do Conde, diante do busto que Lourenzá lle dedicou ao autor, o camiño parte cara a casa natal de don Francisco para realizar posteriormente parada en enclaves significativos da cultura da localidade que quedaron recollidos nas obras deste galeguista e que, en casos como a Ponte da Pedra, constitúen importantes elementos do patrimonio cultural galego. Ademais dos devanditos lugares, o roteiro detense na praza Xulia Minguillón, no muíño do Frade, na rúa Fernández del Riego, na área recreativa de Soutelo e na Capela da Gracia, antes de volver ao punto de partida.
Summary:
O salón de actos do Pazo de San Roque acollerá unha xornada formativa sobre Francisco Fernández del Riego. Esta actividade que se realiza en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, consta de dous elos importantes para o noso profesorado. Por un lado intervirán grandes coñecedores da vida e da obra do escritor laurentino: Víctor Freixanes (presidente da Real Academia Galega), Malores Villanueva (IES Álvaro Cunqueiro de Vigo), Armando Requeixo (Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades), Ramón Nicolás (IES Castelao de Vigo), Héctor Cajaraville (IES A Pontepedriña de Santiago de Compostela), Patricia Arias Chachero (IES de Sar de Santiago de Compostela), Amancio Liñares (Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades)... e, por outro lado, participarán os centros gañadores dos concursos-exposicións das Letras galegas nas categorías A e B, así como un amplo abano doutro tipo de experiencias educativas de centros que traballaron o autor homenaxeado.
Summary:
Este curso pretende servir de guía para o tratamento integrado das linguas entendido como enfoque metodolóxico. Aproximarémonos, en primeiro lugar, aos referentes legais e aos aspectos básicos que hai que ter en conta na súa planificación. Observaremos o papel fundamental que teñen os equipos de dinamización da lingua no seu desenvolvemento, coñeceremos tamén algúns exemplos e experiencias de traballo interdisciplinario e, para finalizar, aprenderemos a desenvolver a competencia lingüística a través da dramatización.