O CAFI deséxavos felices festas
Enviado por pablogulin a Mér, 16/12/2015 - 12:47Summary:
Summary:
Summary:
As Xornadas galegas de linguas estranxeiras celebraranse o sábado 25 de marzo de 2023 no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela.
Para poder participar é necesario formalizar a inscrición na plataforma FPROFE (referencia G2202131)
Summary:
O programa Observa_Acción terá unha duración de dous cursos académicos e desenvolverase en catro fases (dúas en cada ano lectivo)
1. Observa_Acción. Fase Intracentros (Comparte) entre docentes do mesmo centro educativo.
2. Observa_Acción. Fase Intercentros (Acolle) dirixida a equipos de docentes de varios centros de todo o ámbito da comunidade autónoma de Galicia.
3. Observa_Acción. Fase Estatal (Conecta) colaboración entre diferentes comunidades autónomas adheridas ao plan
4. Observa_Acción. Fase Europea (Internacionaliza) experiencia de Observa_Acción visitando un centro educativo dun dos países socios europeos.
Os obxectivos que se perseguen con este programa son os seguintes:
• Experimentar novas vías de formación do profesorado e favorecer a innovación educativa nos centros educativos de Galicia, e colaborar con centros doutras comunidades autónomas e/ou países de ámbito europeo.
• Facilitar ao profesorado e aos membros do equipo directivo dun mesmo claustro a posibilidade de observar de forma directa metodoloxías nos procesos de ensino-aprendizaxe, xeitos de relación e comunicación, ou vías de xestión dos recursos propios e alleos.
• Fomentar o traballo en equipo de grupos de profesores/as, establecendo así vías de comunicación para o intercambio de boas prácticas, a reflexión e a formación metodolóxica
• Favorecer a internacionalización dos centros educativos, ofrecendo a posibilidade de levar a cabo proxectos con outras Comunidades Autónomas e/ou países
• Aplicar e revisar protocolos de observación de práctica docente e potenciar accións metodolóxicas innovadoras para a mellora dos procesos de aprendizaxe do alumnado.
Ligazón á convocatoria: Observa_Acción
Summary:
Remitiuse o Boletín CFR A Coruña xuño-2021, a tódolos centros da área de influencia. Así poderano consultar antes de fin de curso e contar con el para posibles recomendacións lectoras.
Tamén o podes descargar clicando aquí:
Summary:
Lectores competentes no século XXI
31/05/2022 17:30—20:00 h
Hologramas, robots & IAs. Como promover a lectura dixital na era dixital.
Relatora. Elisa Yuste (Consultora experta en promoción lectura ).
01/06/2022 17:30—20:00 h
LIX Dixital. Novas formas de contar historias e acceder á información Relatora.
Elisa Yuste (Consultora experta en promoción lectura).
06/06/2022 17:30—20:00 h
Os retos da lectura hoxe.
Relator. Daniel Cassany (Univ. Pompeu Fabra).
07/06/2022 17:30—20:00 h
Lectura contra a desinformación Relator.
Daniel Cassany (Univ. Pompeu Fabra)
13/06/20 17:30—20:00 h
Clubs de lectura: unha práctica de lectura compartida.
Relatora. Anxos Paz García (IES de Brión)
15/06/2022 17:30—20:00 h
O álbum ilustrado e o seu papel na formación de lectores .
Relatoras: María Jesús Fernández (mestra, experta en LIX, mediadora)
Summary:
O vindeiro venres 13 de maio terá lugar no Castelo de Vimianzo unha sesión formativa para a comunidade educativa das escolas unitarias de Vimianzo, Laxe, Camariñas e Cee.
Intervirán Gerardo Reino que enfatizará os beneficios da introdución da robótica e o pensamento computacional a idades temperás.
O mesmo fará Pablo Díaz coa importancia dos contos no desenvolvemento da mente infantil.
E por último Boniface Ofogo porá de relieve a importancia da prevención do acoso a través de varias historias.
Summary:
O venres 27 de maio ás 19:00 h. terá lugar unha actividade formativa no salón de actos do CPI As Revoltas.
A actividade está dirixida ás familias do alumnado dos centros educativos da bisbarra, e será impartida pola especialista Sandra Varela Amado.
Summary:
O venres 6 de maio ás 5 da tarde como parte das actividades Espazo Educar Costa da Morte que o CFR da Coruña leva a cabo neste curso, o neurólogo Hector Ruíz falará de cómo ensinar a aprender, cómo aprendemos e cómo ensinar ó método científico na escola. Nesta ocasión a charla terá lugar no Museo do Encaixe de Camariñas.
Héctor Ruiz Martín (@hruizmartin) é neurobiólogo, investigador nos campos da psicoloxía cognitiva da memoria e o aprendizaxe en contextos educativos, e director da International Science Teaching Foundation. Tamén dedicou tempo a escribir divulgación sobre o aprendizaxe en ensaios como "Aprendiendo a aprender"(2020) e "¿Cómo aprendemos?. Una aproximación científica al aprendizaje y la enseñanza" (2020).
Summary:
Arteixo Innovación. V encontro de experiencia Educa TIC o 4, 5 e 6 de maio de 2022.
Inscricións: Correo electrónico: educacion@arteixo.org ou teléfono: 981 64 72 94 - 981 65 91 41
Data límite: 3 de maio
Prazas limitadas ata completar aforo
Encontro presentado por Eva Iglesias, Xefa de informativos de COPE Coruña
4, 5 e 6 de maio de 2022 no Centro Arteixo Innovación Avda Arsenio Iglesias, 46, 15142 Arteixo, A Coruña
E ademáis os días 4, 5 e 6 de maio - Servizo de conciliación para asistentes: Actividades para nenos e nenas con previa inscrición
Summary:
Podes descargar o PDF resumo facendo clic no ficheiro do final da páxina.
Toda a información nas seguintes ligazóns
Dicionario galego-castelán-ucraíno. // Diccionario gallego-castellano-ucraniano
Modelo de Plan de Acollida na escolarización do alumnado desprazado polo conflito de Ucraína (versión pdf). (Versión editable odt).
Instruccións sobre o equipamento dixital para alumnado ucraíno
Método para cambiar o sistema ao idioma ucraino nos equipos de Educa en Dixital
PDF resumo facendo clic no ficheiro