Gallego

G2203020 A banda deseñada como ferramenta necesaria no ensino

Summary: 

Banda deseñada galega
Gallego

Gústache a banda deseñada?

Queres traballar con ela nas túas aulas como un recurso educativo?

Queres saber como foi a evolución da banda deseñada gaelga?

Queres saber como está o panorama actual?

Se estás dentro de todos eses "queres", daquela teste que apuntar nesta actividade.

 

Horario:

  • Mércores 10 (17:00h - 20:00h)

Inauguración co presidente de GÁLIX, Xosé A. Perozo, e o ilustrador e coordinador das xornadas, Víctor Rivas

Xulio Carballo, profesor e investigador/divulgador de BD: “Panorámica da banda deseñada galega contemporánea”

Kiko Dasilva, ilustrador, autor de BD, director da escola O Garaxe Hermético e editor de Retranca Editora: “A escola de banda deseñada: formando o futuro”

Presenta: Víctor Rivas, ilustrador e autor de BD

 

  • Luns 15 (17:00h - 20:00h)

Mesa redonda: Adaptación doutros medios á BD

  • Alfredo López (Tokio), autor de BD: “A banda deseñada divulgativa e científica”
  • Antonio Seijas, ilustrador e autor de BD: “Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz”
  • Yolanda Castaño, poeta: O puño e a letra, antoloxía en cómic poético

Presenta e modera: Víctor Rivas, ilustrador e autor de BD

 

  • Xoves 25 (17:00h - 20:00h)

Manel Cráneo, autor de BD e editor de Demo Editorial: “A banda deseñada como ferramenta e medio narrativo na escola”

Brais Rodríguez, autor e mestre de BD na Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde: “A banda deseñada, autoedición e movemento cultural”

Presenta: Víctor Rivas, ilustrador e autor de BD

Peche das xornadas: Xosé A. Perozo, presidente de GÁLIX

Banda deseñada galega
Banda deseñada galega

Lanzamento dun novo MOOC “Games in Schools” organizado por la European Schoolnet Academy.

Summary: 

Queres explorar formas de ensinanzas lúdicas e innovadoras que emocionen aos teus estudantes? Únete ao #GIS2023MOOC que comeza o 17/04 e obtén exemplos concretos de cómo facelo! https://bit.ly/GISMOOC23
Gallego

O curso explorará diferentes formas de incluír a aprendizaxe baseada en xogos e a gamificación na aula para promover a aprendizaxe activa, mellorar a participación dos estudantes e facilitar a adquisición e retención de coñecementos. Os participantes aprenderán como introducir a dinámica dos xogos na súa práctica docente xeral e desenvolver plans de leccións específicos por materia que utilicen a gamificación da maneira máis efectiva desde o punto de vista pedagóxico.

 

 

miniatura mooc

G2203003 Rosalía de Castro na aula

Summary: 

Presentación de propostas didácticas variadas para traballar nas aulas e coñecemento do patrimonio botánico e roteiros literarios relacionados coa autora.
Gallego

Nesta xornada veremos algunhas experiencias de aula e propostas didácticas, tanto de educación infantil e primaria como de secundaria, relacionadas coa autora. Tamén  nos achegaremos ó patrimonio botánico do xardín da Casa da Matanza e ó herbario que recolle as flores e plantas máis presentes na obra de Rosalía de Castro. Ela, a muller e a escritora, revelaranos a súa visión sobre o tempo que lle tocou vivir a través da linguaxe cinematográfica. Remataremos a xornada cun percorrido polos espazos vitais que conforman os roteiros rosalianos.

  • Código en fprofe para inscribirse: G2203003
  • Data: 15 de abril
  • Horario: de 10:00 a 20:00
  • Lugar de celebración: Casa Museo Rosalía de Castro. Padrón
Rosalía de Castro
G2203003 Rosalía de Castro na aula

G2203019 - Roteiro polos espazos vitais e literarios de Francisco Fernández del Riego en Lourenzá

Summary: 

Un roteiro literario que percorre en Lourenzá os escenarios orixinarios da vida e obra de Francisco Fernández del Riego
Gallego

Este percorrido está composto por 8 paradas nas que un fito convida a ler fragmentos da obra de Francisco Fernández del Riego, o roteiro literario percorre os escenarios orixinais da vida do intelectual. Desde a Praza do Conde, diante do busto que Lourenzá lle dedicou ao autor, o camiño parte cara a casa natal de don Francisco para realizar posteriormente parada en enclaves significativos da cultura da localidade que quedaron recollidos nas obras deste galeguista e que, en casos como a Ponte da Pedra, constitúen importantes elementos do patrimonio cultural galego. Ademais dos devanditos lugares, o roteiro detense na praza Xulia Minguillón, no muíño do Frade, na rúa Fernández del Riego, na área recreativa de Soutelo e na Capela da Gracia, antes de volver ao punto de partida.

  • Relatores: Xoán Rodríguez Rivas e Anxo Xoán Rajó Pazó
  • Data: 29 de abril de 2023
  • Lugar: Vilanova de Lourenzá
  • Código en fprofe: G2203019
Roteiro polos espazos vitais e literarios de Francisco Fernández del Riego en Lourenzá
Un roteiro literario que percorre en Lourenzá os escenarios orixinarios da vida e obra de Francisco Fernández del Riego

G2202133 - Xornada do Día das Letras Galegas. Francisco Fernández del Riego

Summary: 

O ano de Francisco Fernández del Riego
Unha das figuras máis destacadas da cultura galega do século XX e principios do XXI
Gallego

O salón de actos do Pazo de San Roque acollerá unha xornada formativa sobre Francisco Fernández del Riego. Esta actividade que se realiza en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, consta de dous elos importantes para o noso profesorado. Por un lado intervirán grandes coñecedores da vida e da obra do escritor laurentino: Víctor Freixanes (presidente da Real Academia Galega), Malores Villanueva (IES Álvaro Cunqueiro de Vigo), Armando Requeixo (Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades), Ramón Nicolás (IES Castelao de Vigo), Héctor Cajaraville (IES A Pontepedriña de Santiago de Compostela), Patricia Arias Chachero (IES de Sar de Santiago de Compostela), Amancio Liñares (Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades)... e, por outro lado, participarán os centros gañadores dos concursos-exposicións das Letras galegas nas categorías A e B, así como un amplo abano doutro tipo de experiencias educativas de centros que traballaron o autor homenaxeado.

  • Código en fprofe para a inscrición: G2202133
  • Datas: 20 e 27 de abril e 4 de maio
  • Horario: de 17:30 a 20:30
  • Lugar de celebración: podese participar presencialmente no Pazo de San Roque ou ben por videoconferencia

 

 

 

Xornada do Día das Letras Galegas. Francisco Fernández del Riego

S2201052 Aproximación ao tratamento integrado de linguas

Summary: 

Curso sobre os aspectos básicos do tratamento integrado das linguas.
Gallego

Este curso pretende servir de guía para o tratamento integrado das linguas entendido como enfoque metodolóxico. Aproximarémonos, en primeiro lugar, aos referentes legais e aos aspectos básicos que hai que ter en conta na súa planificación. Observaremos o papel fundamental que teñen os equipos de dinamización da lingua no seu desenvolvemento, coñeceremos tamén algúns exemplos e experiencias de traballo interdisciplinario e, para finalizar, aprenderemos a desenvolver a competencia lingüística a través da dramatización.

  • Datas de realización: 30 de marzo, 13, 19 e 26 de abril e 3 de maio.
  • Lugar: CAFI
  • Horario: das 17 ás 21 horas
  • Duración: 20 horas
  • Máis información en fprofe: S2201052
Tratamento integrado das linguas
Tratamento integrado das linguas

G2203012 - Roteiro polos espazos reais e imaxinarios de Misarela de Rodrigo Costoya

Summary: 

IX Premio de Novela Histórica «Ciudad de Úbeda»
Gallego

Xa só as tempestades visitan os cumios esgrevios da vella Misarela. Ao pequeno eremitorio chega un día un perigoso cargamento que foxe dun destino tráxico. Xa nada será igual. Dende ese intre, a paz dos cenobitas transfórmase nun día a día convulso e incerto, igual que a nova orde instaurada no Reino de Castela ou os cambios que está a sufrir a vella Europa. Xa nada lles será alleo. Avecíñanse novos tempos. É a fin dunha Era. Chega a invención do artiluxio máis revolucionario da Historia. Tamén o descubrimento dun novo mundo, alén do mar océano. Mesmo a opción máis desesperada pode servirlle ao custodio dos libros para salvar o seu legado ancestral. Para estender a luz sobre as tebras. Cambiar o mundo para sempre. Porque alí onde queimen libros, rematarán por queimar persoas. Queres acompañarnos coñecendo os principais espazos nos que se desenvolve a obra de Rodrigo Costoya, queres ver como estes se mesturan coa realidade e a arqueoloxía? Agardámoste.

  • Código en fprofe: G2203012
  • Relator: Rodrigo Costoya
  • Data: 6 de maio de 20223
Roteiro polos espazos reais e imaxinarios de Misarela de Rodrigo Costoya
IX Premio de Novela Histórica «Ciudad de Úbeda»

G2203012 - Roteiro polos espazos reais e imaxinarios de Misarela de Rodrigo Costoya

Summary: 

Undefined

Xa só as tempestades visitan os cumios esgrevios da vella Misarela. Ao pequeno eremitorio chega un día un perigoso cargamento que foxe dun destino tráxico. Xa nada será igual. Dende ese intre, a paz dos cenobitas transfórmase nun día a día convulso e incerto, igual que a nova orde instaurada no Reino de Castela ou os cambios que está a sufrir a vella Europa. Xa nada lles será alleo. Avecíñanse novos tempos. É a fin dunha Era. Chega a invención do artiluxio máis revolucionario da Historia. Tamén o descubrimento dun novo mundo, alén do mar océano. Mesmo a opción máis desesperada pode servirlle ao custodio dos libros para salvar o seu legado ancestral. Para estender a luz sobre as tebras. Cambiar o mundo para sempre. Porque alí onde queimen libros, rematarán por queimar persoas. Queres acompañarnos coñecendo os principais espazos nos que se desenvolve a obra de Rodrigo Costoya, queres ver como estes se mesturan coa realidade e a arqueoloxía? Agardámoste.

  • - Código en fprofe: G2203012
  • - Relator: Rodrigo Costoya
  • - Data: 6 de maio de 20223
Roteiro polos espazos reais e imaxinarios de Misarela de Rodrigo Costoya
Misarela

G2203011 - Roteiro polos espazos vitais e literarios de Álvaro Cunqueiro en Mondoñedo

Summary: 

Viaxar a Mondoñedo, da man de Álvaro Cunqueiro, é entrar noutra dimensión na que o espírito de Merlín, Sinbad e Ulises pode percibirse en cada un dos espazos vitais do escritor da vella capital do Reino de Galiza.
Gallego

Que Mondoñedo era unha cidade culturalmente sobranceira antes de Cunqueiro vir ao mundo é algo ben sabido. Mais tamén o é que dende que este xenial escritor andou as súas rúas nada foi para a vella capital do Reino de Galicia como ata entón fora, ata o punto de que hoxe non se poden percorrer cabalmente as paisaxes mindonienses sen o guieiro do mundo literario que este soñou para elas. Falar de Mondoñedo é, en moitos sentidos, falar dese extraordinario señor das palabras que se chamou Álvaro Cunqueiro e que, dalgunha maneira, acabou por refundar a xeografía dunha terra sempre pródiga en artistas.

Non se pode comprender ao escritor Álvaro Cunqueiro sen Mondoñedo e a súa comarca. Este roteiro camiña, da man da biografía e os textos literarios, polos territorios que fecundaron a imaxinación do autor.

  • Código en fprofe: G2203011
  • Relator: Armando Requeixo Cuba
  • Lugar: Mondoñedo
  • Data: 22 de abril de 2023
Roteiro Álvaro Cunqueiro
O territorio mindoniense de Cunqueiro

G2203016 Roteiro polos espazos vitais e literarios de Emilia Pardo Bazán en Ourense

Summary: 

Unha muller libre e adiantada ao seu tempo
Gallego

Este percorrido reúne todos os elementos para ser un roteiro interdisciplinar: paisaxes preciosas, arquitectura palaciana; igrexas románicas e barrocas, cruceiros dignos de ver... e, por se fora pouco, o roteiro percorre  os lugares que foron escenarios da vida e da obra dunha das grandes escritoras da literatura española, Emilia Pardo Bazán; escritora, xornalista, tradutora, editora, condesa, feminista… O que vén sendo unha muller libre e adiantada ao seu tempo.

O seu paso pola comarca do Carballiño debeuse ao seu casamento temperá, con só dezaseis anos, co carballiñés José Quiroga Pérez de Deza; un fidalgo pertencente a unha familia sen títulos nobiliarios pero cun inmenso patrimonio difícil de cuantificar … A partir dese momento, a escritora vai pasar longas tempadas nas propiedades que os Quiroga posúen na comarca; na casa familiar dos Quiroga no centro urbano, que case parece estar presidindo a praza maior da vila que foi escenario da súa obra El cisne de Vilamorta, e tamén no Pazo de Banga, que Emilia denominou o Balcón do Ribeiro, a onde acudían a finais do verán co gallo das festas da vendima…

  • Código en fprofe: G2203016
  • Relator: Xosé Luís Sobrado
  • Lugar: O Carballiño
  • Data: 03 de xuño de 2023
Roteiro Emilia Pardo Bazán
Unha muller adiantada ao seu tempo