Gallego

G2103015 Roteiro polos espazos vitais e literarios de Yolanda Castaño

Summary: 

Paseo pola Coruña literaria con Yolanda Castaño
A poesía tamén se vive
Gallego

 

Porque a poesia non só se le, tamén se vive. Porque as poetas son animaliños que poden saír tanto nos libros de texto coma nos bares de noite.

Alguén que se sente acompañada polo luxo canalla de toda unha cuadrilla tan humana como divina prepáranos un percorrido polos seus espazos vitais máis importantes así como polas súas autoras contemporáneas, e antes que nada compañeiras.

 

O percorrido está deseñado en dúas partes:

  • Pola mañá un percorrido máis vital centrado en Yolanda Castaño no que percorreremos o IES Rafael Puga Ramón, A Zapateira, O Portiño, Centro Ágora, Playa CLub, Casa da Cultura Salvador de Madariaga, Sargadelos e a Residencia 1863.
  • Pola tarde, a andaina céntrase na propia autora e nas súas compañeiras de xeración, así viistaremos o Pub Puticlú - María Lado, Bar de Juan - Lucía Aldao, Mardigras - Emma Couceiro, Antiga Casa Ocupa das Atochas - María do Cebreiro, Antigo Centro Social Atreu - Alicia Fernández, Jazz Café - Emma Pedreira, Buzón de correos - Lupe Gómez, O Alfaiate - Estíbaliz Espinosa, Rúa Orillamar - Olga Novo e o Patachín - Yolanda Castaño.

Agardámoste!

 

  • Título da actividade:  Roteiro polos espazos vitais e literarios de Yolanda Castaño 
  • Código en fprofe: G2103015
  • Lugar: A Coruña
  • Data: domingo 12 de xuño 

 

Yolanda Castaño Pereira naceu en Santiago de Compostela pero moi pronto, 1990, se trasladou á Coruña onde se licenciou en Filoloxía Hispánica e cursou estudos audiovisuais. Deuse a coñecer xa na adolescencia, a través de diversos premios de poesía. Con 17 anos, gaña o Premio Fermín Bouza Brey de 1994 e publica o seu primeiro libro, Elevar as pálpebras (1995) ao que seguirán Delicia (Espiral Maior, 1998), Vivimos no ciclo das Erofanías (Premio Johán Carballeira 1998 que recibirá o Premio Johán Carballeira en 1998 e o Premio da Crítica española no mesmo ano 1998 cando tiña 21 años); Edénica (Espiral Maior, 2000) que inclúye un CD con poemas musicados, algúns cantados pola autora; O libro da egoísta (Editorial Galaxia, 2003); Profundidade de campo (Espiral Maior, 2007) que recibiu o XV Premio Espiral Maior de Poesía; Erofanía (Espiral Maior, 2009); A segunda lingua (PEN Clube de Galicia, 2014) que recibiu o Premio de poesía Novacaixagalicia no 2013 e coa que foi Finalista do Premio Nacional de Poesía; O puño e a letra. Antoloxía en cómic poético (Xerais, 2018) e  Idioma de tinta. Lingua dell'inchiostro (2018, Squiliibri). 

 

Foi Secretaria da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) e formou parte do equipo directivo de Letras de Cal e xunto a Olga Novo, codirixiu a revista de artes Valdeleite.

Está interesada en proxectos interxenéricos en que a poesía dialoga con outras artes. Ten desenvolvido distintas experiencias que fusionan a poesía coa plástica, a música ou o audiovisual.

A poesía tamén se vive
Roteiro polos espazos vitais e literarios de Yolanda Castaño

G2102027 Xornada do Día das Letras Galegas. Florencio Delgado Gurriarán

Summary: 

Florencio Delgado Gurriarán foi un home fiel á nosa cultura
Florencio Delgado Gurriarán, o valdeorrés para quen a poesía era unha "necesidade vital"
Gallego

Os vindeiros 28 de abril, 4, 5 e 11 de maio desenvolveremos virtualmente a actividade formativa destinada a coñecer aspectos vitais e literarios do autor homenaxeado este ano no Dïa das Letras Galegas, Florencio Delgado Gurriarán. Ao pé de  diversas conferencias tamén terá lugar a exposición de múltiples actividades educativas levadas a cabo nas nosas aulas de primaria e secundaria, fundamentalmente.

Programa:

28 - 04 - 2022 - 18:00 a 18:30 - Inauguración: Valentín García (Secretario xeral de Política Lingüística) e Víctor F. Freixanes (Presidente da RAG)

28 - 04 - 2022 - 18:30 a 19:15 - Conferencia de Ricardo Gurriarán - "Florencio desde Fair Oaks mirando a Valdeorras"

28 - 04 - 2022 - 19:15 a 20:00 - Exposición e guía didáctica das Letras Galegas, secundaria e outras ensinanzas - Débora Álvarez Moldes da EOI de Ponferrada e Xulio Pérez Veiga, do CPR Pablo VI, da Rúa

04 - 05 - 2022 - 18:00 a 18:40 - Conferencia de Luis Alonso Girgado - 'O labor de editor e tradutor de Florencio Delgado Gurriarán'

04 - 05 - 2022 - 18:40 a 19:20 - Experiencias do Seminario Galán con Francisco Guitián Valeiro: 'Seminario Galán: actividades en papel e en liña'

04 - 05 - 2022 - 19:20 a 20:00 - Experiencia de centros

05 - 05 - 2022 - 18:00 a 18:40 - Conferencia de Héctor Cajaraville - "Florencio Delgado Gurriarán, polos vieiros da saudade'

05 - 05 - 2022 - 18:40 a 20:00 - Experiencia de centros

11 - 05 - 2022 - 18:30 a 19:10 - Conferencia de Miro Villar - 'O macrotexto poético de Florencio Delgado Gurriarán'

11 - 05 - 2022 - 19:10 a 19:50 - Centro gañador do Concurso-Exposición das Letras Galegas 2022 na categoría A - Felipe Ulloa González e Andrea Tato Vega do CEIP Plurilingüe Virxe do Camiño de Rubiá

11 - 05 - 2022 - 19:50 a 20:30 - Experiencia de centros

 

 

Xornada do Día das Letras Galegas
Florencio Delgado Gurriarán

S2102040 Propostas curriculares para traballar o desenvolvemento sostible

Summary: 

O vindeiro 27 de abril dará comezo esta actividade do CAFI
O desenvolvemento sostible, como epicentro desta actividade
Gallego

inscrición pódese realizar a través de FProfe.  Deixámosvos por aquí os obxectivos e contidos desta actividade, que comeza o próximo 27 de abril.

Obxectivos

1. Analizar o concepto de desenvolvemento sostible e a súa influencia desde diferentes perspectivas e disciplinas.

2. Identificar os elementos do currículo relacionados co desenvolvemento sostible.

3. Deseñar propostas de aprendizaxe para traballar co alumnado o desenvolvemento sostible.

Contidos

1. O desenvolvemento sostible desde diferentes perspectivas e disciplinas.

2. A Axenda 2030.

3. Elementos curriculares relacionados co desenvolvemento sostible.

4. Boas prácticas.

5. Deseño de propostas de aprendizaxe sobre desenvolvemento sostible.

 

Programa:

- 27-04-2022: 18:00 - 21_00h - Francisco Martín Castillo Rodríguez.- Marco da educación para o desenvolvemento sostible. A Axenda 2030

- 28-04-2022: 18:00 - 19:30h - Encarna Lago González. - Kit de ferramentas educativas dunha Rede Museística sostible, igualitaria e inclusiva

- 28-04-2022: 19:30 - 21:00h - Ana María Pérez Veiga, Gaëlle Aimee Marie Maugan e María Jesús Pérez Fernández.- Os ODS no CPI Plurilingüe de Castroverde

- 11-05-2022: 19:30 - 21:00h - Experiencias educativas: IES Pedregal de Irima e SomosTerra

- 28-02-2022: 19:30 - 21:00h - Experiencias educativas: CPI Luis Díaz Moreno, IES Pastoriza e ProxectoTerra

 

Propostas curriculares para traballar o desenvolvemento sostible
Desenvolvemento sostible

G2103008 Roteiro polos espazos vitais de Olga Novo

Summary: 

Un paseo pola obra e a vida de Olga Novo
Gallego

Esta experiencia didáctica propón dotar de contexto á obra de Olga Novo así como amosar o paso do tempo sobre as comunidades rurais e destacar algúns dos compoñentes destas que normalmente son pasados por alto.

Pola columna vertebral

O roteiro comeza nun punto de Vilarmao onde está o Simca 1200 en desuso dos veciños da familia da escritora onde naceu no 1975 Olga Novo.

A partir de aí, o percorrido atravesa toda a aldea en liña recta, semellando o que Novo califica como «unha estrutura de columna vertebral». A dinámica pasa a consistir na autora contando historias persoais relacionadas con cada casa. Unha das paradas que conta con maior simbolismo é a casa natal da poeta: «É de onde procede toda a miña familia paterna e, entón, hai algúns elementos a partir dos cales explico a miña obra, tamén para min mesma». Entre estes, atópase o tractor do seu pai do ano 1975, que representa todos os cambios dados na sociedade cara a maquinización e, a un tempo, na súa propia familia.

Ao tratarse dun paseo pola aldea na que a escritora desenvolveu gran parte da súa experiencia vital, un dos fins do itinerario é incidir sobre o factor humano e social presente en núcleos rurais como o de Vilarmao. Algunhas das figuras que Olga Novo quere poñer en valor son as de «tantas e tantas mulleres humildes cuxos labores e vidas resultaron invisibles». A autora subliña especialmente todo o legado que algunhas destas mulleres lle deixaron: «Ao carón delas aprendín diferentes cousas da vida moi importantes, quizais moito máis que aquelas que aprendín na escola».

Historias esquecidas

Do mesmo modo, a vida infantil no rural é outro dos perfís que busca destacar: «Os nenos e as nenas realizaban permanentemente tarefas de apoio nos traballos que resultaban esenciais para as comunidades campesiñas». A escritora incide na importancia de contar aquelas historias moitas veces obviadas: «Considero que teñen pasado á historia grandes poderes que nos atenazan máis que outra cousa. Polo contrario, non o fan aquelas persoas que verdadeiramente conforman e manteñen a vida».

A partir destas historias persoais, a autora busca poñer o foco nos cambios que sufriron as relacións entre os veciños do rural que, anteriormente, eran «de carácter familiar nun sentido amplo e profundo». Unha das causas que impulsaron estas e outras mudas ten que ver coa propiedade nos ambientes comunais e é apuntada por Novo: «A propiedade non era tan privada como agora, non había o sentido da intimidade de hoxe en día».

Lugar de celebración: VIlarmao

Data de realización: 7 de maio

Relatora: Olga Novo

Código en fprofe: G2103008  

Un paseo pola obra e a vida de Olga Novo
Roteiro polos espazos vitais de Olga Novo

G2103013 Roteiro polos espazos vitais e literarios de Miguel Delibes

Summary: 

"El hereje" de Miguel Delibes
Gallego

G2103013  Roteiro polos espazos vitais e literarios de Miguel Delibes

Referencia: G2103013

Data: 21 de maio de 2022

Relator: Jorge Urdiales Yuste

Jorge Urdiales Yuste (Madrid, 1969) é licenciado en Filoloxía hispánica (1992) e doutor en Ciencias da Información (2004) coa súa tese El discurso de carácter popular-rural en la narrativa de Delibes. Investigador incansable da obra de Miguel Delibes, é autor do Diccionario del castellano rural en la narrativa de Miguel Delibes e do Diccionario de expresiones en Miguel Delibes. Neles recolle o significado da linguaxe rural da narrativa delibesiana. No seu terceiro libro, Aprende a redactar con Miguel Delibes, emprega o único método práctico en español para aprender a redactar. Publica Castrillo Habla (2017), unha mirada aos últimos 100 anos de Castrillo Tejeriego (Valladolid). A súa primera novela, de 2018, titúlase El Camino de Rodrigo. Para o centenario de Delibes o Ministerio de Cultura patrocinou o seu último libro: Castilla sigue hablando. 100 años de Miguel Delibes (2020).

Profesor da Institución Educativa SEK. Premio de Periodismo «Provincia de Valladolid» 2011. Creador das Rutas de Delibes (2013): Las perdices del domingo, Diario de un cazador, Mi vida al aire libre, El último coto, Aventuras, venturas y desventuras de un cazador a rabo Con la escopeta al hombro. Colaborador de Onda Cero (2007-2013), EsRadio (2013-2020) e Cadena SER (2020). Desde o 2016 ata a actualidade forma parte da Asociación Canadiense de Hispanistas e desde o 2007 a 2010  da Sociedad Cervantina institución dedicada á obra do autor de El Quijote na que se encargou, entre otras cousas, da homenaxe a Cervantes nos anos  2008, 2009 e 2010.

 

Miguel Delibes, ademais de escritor, pai de familia e incansable traballador, foi un apaixonado do campo. A súa faceta como cazador é, quizais, a máis coñecida, debido aos moitos títulos de novelas e ensaios onde desenvolve o tema, ou onde a caza serve de argumento ou pano de fondo para a trama.

Delibes tamén foi pescador (Mis amigas las truchas corrobórao) e naturalista. O seu discurso de ingreso na Real Academia é un canto ao uso da linguaxe no mundo rural e unha defensa do campo, a natureza e os seres propios dela, que Delibes xa entrevía en perigo polo avance dos modos de vida modernos.

Como cazador, coa súa cuadrilla habitual e a posterior incorporación dos seus fillos, segundo ían chegando á idade apropiada, Delibes aproveitou cantos días puido para percorrer cotos, ladeiras, montes e  páramos en busca dunha presa apropiada, unha charla cun amigo e un recanto de campo. Nunhas ocasións, as partidas levábanos lonxe da casa, pero habitualmente, en xornadas dunha mañá ou pouco máis, a excursión estendíase a calquera punto da provincia de Valladolid que prometese unha boa aventura nese día.

 

Os Roteiros de Miguel Delibes por Valladolid están baseadas en libros do escritor:

  • Las perdices del domingo.
  • Diario de un cazador.
  • Mi vida al aire libre.
  • El último coto.
  • Aventuras, venturas y desventuras de un cazador a rabo.
  • Con la escopeta al hombro.

Estes 6 roteiros, que se publicarán de forma continua, conforman unha deliciosa guía turística que nos convida a percorrer pequenas aldeas e comarcas valisoletanas que facilitan coñecer mellor a provincia e achegarse a lugares e vilas que están fóra das visitas turísticas habituais. Da man de Jorge Urdiales Yuste, pola mañá, percorreremos algúns dos puntos principais dos devanditas roteiros.

 

  • Percorrido

Pola mañá e da man de Jorge Urdiales Yuste percorreremos algúns dos puntos emblemáticos dos devanditor roteiros. Comezaremos en Villafuerte de Esgueva e descubriremos o segredo do léxico rural de Miguel Delibes así como os recantos do castelo, a cantina da señora Elisea, a casa de Daniel el Mochuelo e teremos unha visión xenérica de todo o val do Esgueva. A continuación desprazarémonos a Castrillo Tejeriego, que nos enlaza con Delibes e o cine, máis concretamente coa versión de Las ratas (a casa da Toya onde se gravaron escenas da devandita película), os cazadores de ratas, así como a súa vinculación con La Sinova que nos fala do Delibes cazador (o seu primeiro paspallás). Para finalizar a mañá desprazarémonos a Quintanilla de Onésimo onde volveremos repasar algo do léxico rural delibesiano e retrotraerémonos aos veráns do Delibes neno, pastelería, o Delibes pescador e a súa relación co pai. Teremos un pequeno panorama do que queda de Delibes aos 100 anos do seu nacemento.

 

Pola tarde, da man de Cipriano Salcedo e, novamente, de Jorge Urdiales Yuste percorreremos os lugares nos que o escritor valisoletano Miguel Delibes ambienta a súa novela histórica El  hereje, á vez que tenta reconstruír a entón vila de Valladolid no seu momento de máximo esplendor, a primeira metade do século  XVI. O feito histórico arredor do cal vira todo o relato son os dous grandes autos de fe que se celebraron en maio e outubro de 1559.

Algúns dos puntos que percorreremos son:
 
Plaza de San Pablo. Na  Corredera de San Pablo, actual calle de las Angustias, sitúa o autor da novela a casa dos Salcedo onde Cipriano, o protagonista, ve a luz en 1517.
 
O mundo dos letrados, representado na novela por D. Ignacio Salcedo,  oidor da Real Audiencia e  Chancillería, lévanos ata o Palacio do Licenciado Butrón, avogado da Audiencia no século  XVI, na veciña Plaza de Santa Brígida.
 
Os Palacios que rodean a Plaza de Fabio  Nelli foron residencia de nobres como don Carlos de  Sesso, personaxe histórico, ou de ricos mercadores italianos que se asentaron en Valladolid, como Fabio  Nelli, cuxo Palacio do século  XVI é hoxe sede do Museo de Valladolid.
 
Na Plaza de la Trinidad atópase o que fora Palacio dos Condes de Benavente (s. XVI), onde se instalou no  XIX o  Hospicio da cidade, unha institución que no século  XVI estaba a cargo da Confraría de San José de los Niños  Expósitos, lugar onde estuda Cipriano Salcedo. Nas proximidades localizábase a Xudería de Valladolid, onde os Salcedo tiñan o seu almacén de las e desde onde partían cara a Burgos, atravesando a Ponte Maior, única que cruzaba nesta zona o río  Pisuerga, para vender a la a  Flandes a través dos comerciantes de Burgos. Na rúa de Santo Domingo de  Guzmán aséntase o Convento de Santa Catalina, de monxas  dominicas, implicadas no proceso do Doutor  Cazalla xunto aos conventos de Santa Clara e Santa María de Belén.
 
Cerca, a Capela dos Fuensaldaña, hoxe una das salas do Museo de Arte Contemporánea Español, lugar no que é enterrada Dona Leonor de Vivero, nai do Doutor  Cazalla.

Na hoxe rúa do Doutor  Cazalla, estivo a casa de dona Leonor de Viveio que servía de lugar de reunión para os  conventículos ou  conciliábulos dos  luteranos.
 
Da Plaza de Fuente Dorada partía a Rúa de  Orates, na que se atopaba o Hospital dos Inocentes ou de  Orates, onde Cipriano se ve obrigado a ingresar á súa esposa Teo “La reina del  páramo” cando esta tolea. Tamén sitúa a taberna de  Garabito, onde Bernardo Salcedo acudía a tomar viño cos amigos e por aquí chegou o cortexo dos reos cara ao auto de fe desde o cárcere secreto da Inquisición.
 
Plaza Mayor era no século  XVI a Plaza del Mercado e o lugar onde se celebraban todo tipo de festas, tanto civís como relixiosas así como os autos de fe. Tras o incendio de 1561 procedeuse á súa reconstrución deseñada por Francisco de Salamanca por orde de Felipe II. Os condenados acudían a esta cerimonia vestidos con  corozas na cabeza e sambenitos no peito. Ao finalizar, os reos  penitenciados volvían ao cárcere e os demais eran montados en  pequenos burros e levados a través da rúa Santiago ao lugar de execución da condena.
 
Antes de chegar ao “quemadero de la villa” unha placa en honra de Miguel Delibes na Iglesia de Santiago lémbranos que era aquí onde predicaba cada venres o Doutor  Cazalla.
 
Xa na Plaza Zorrilla, fóra dos muros da vila ao atravesar a Puerta del Campo, asistíase ao último acto do proceso contra os  luteranos: a queima pública. Aínda que a maioría eran executados mediante  garrote  vil antes de lanzar os seus corpos ás chamas algúns eran queimados vivos. Ao acabar todo, recollíanse as cinzas e se  aventaban querendo borrar así todo rastro daqueles aos que a Inquisición condenara.

Miguel Delibes
Roteiro polos espazos vitais e literarios de Miguel Delibes

G2102013 ProxectoTERRA. A construción do territorio e da paisaxe. Plan Proxecta

Summary: 

A construción do territorio e da paisaxe
Gallego

O Proxectoterra é un proxecto de cooperación co mundo da educación do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, cofinanciado pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia, dirixido ás distintas etapas da educación obrigatoria co obxectivo de colaborar no proceso de construción do coñecemento que os escolares de Galicia deben ser dos espazos e lugares que habitamos.

Lugar de realización: Aula 9 do CAFI en Santiago de Compostela

Código en fprofe: G2102013

Relatores: Valeriá Paül Carrril e Alberto Fortes

 

Temporalización:

Mércores 20 de abril – Valerià Paül Carril

  • Abordaxe teórica da paisaxe. O significante e o significado.
  • Unha historia de retomas e rupturas na cultura occidental. O Convenio Europeo da Paisaxe do ano 2000.

Xoves 21 de abril – Alberto Fortes

  • Explicación do material PAGUS. Doce paisaxes: guía de lectura e interpretación.

Xoves 28 de abril – Alberto Fortes

  • Experiencias na aula.
  • Enfoque e explicación do traballo práctico non presencial.

 

A construción do territorio e da paisaxe.
ProxectoTERRA. A construción do territorio e da paisaxe. Plan Proxecta

G2103017 Roteiro polos espazos vitais e literarios de Florencio Delgado Gurriarán

Summary: 

Poeta na terra, na guerra e no exilio.
Gallego

Florencio Delgado Gurriarán é o autor ao que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas. Como ben di Xesús Alonso Montero, FDG é un poeta extraordinariamente interesante cunha musa moi plural porque foi poeta "matriótico, con eme". O matriótico non é o que canta á patria, Galicia, senón á súa matria, a comarca natal. E hai moi poucos poetas matrióticos, da fondura e a emoción pola terra, os seus viños, as xentes e os aconteceres de Valdeorras. E el foino. Todo iso quedou reflectido nas súas obras:

  •  Bebedeira, de 1934.
  • Galicia infinda, de 1963.
  • Cantarenas. Poemas (1934-1980), de 1981 e
  • O soño do guieiro, de 1986.

Da man de Ricardo Gurriarán percorreremos os principais espazos vitais e literarios de FDG. O percorrido divídese en dúas partes:

- Pola mañá coñeceremos os arredores de Córgomo: o "porto do riu", a igrexa románica de San Xulián de Portela,  a casa natal ou casa da cruz, a casa vivencial no bario do Poulo, a súa vinculación con Leopoldo Quiroga, Antonio Aras Prada "Clavel", Elías López Delgado, José Luis Delgado Núñez, a caldeira cantada por Florencio, a Asociación La Unión, as Covachas, a viña Pedra da Auga, a igrexa de Santa Marta ou o cemiterio no que está soterrado.

- Pola tarde desprazarémonos ao Barco de Baldeorras no que visitaremos a casa do Río Cigüeño e a súa vinculación con Abdón Segundo García, a estación do tren e o exilio de Castelao e Bóveda, a igrexa de San mauro, a Praza Maior onde tiñan o seu comercio, onde traballou como pasante, onde a Irmandade Galeguista se reunía e onde se estableceron as misións pedagóxicas para rematar no río Sil.

Lugar de realización: Córgomo e O Barco de Valdeorras.

Data: 23 de abril de 2022

Código en fprofe: G2103017

 

FDG
G2103017 Roteiro polos espazos vitais e literarios de Florencio Delgado Gurriarán

S2103003 Creating learning opportunities for young learners in Arts and Crafts

Summary: 

Curso CLIL: educación plástica e inglés
Gallego

Curso centrado en como impartir o currículo de Educación Plástica en primaria a través da metodoloxía CLIL/ AICLE.

Temporalización:

Mércores, 16 de febreiro: 16:30 - 19:30 horas

Mércores, 23 de febreiro: 16:30 - 19:30 horas

Mércores, 9 de marzo: 16:30 - 18:30 horas

Data límite de inscrición: 21 de xaneiro en Fprofe.

 

Arts & crafts
Arts and Crafts

S2103004 Creating learning opportunities for young learners in Physical Education

Summary: 

Metodoloxía CLIL: Educación física e inglés
Gallego

Curso dirixido ao profesorado de Primaria e Infantil baseado na metodoloxía CLIL/ AICLE para educación física en inglés.

Temporalización: Mércores, 2 e 9 de febreiro de 17:30 a 20:30 horas e mércores, 16 de febreiro de 17:30 a 19:30 horas.

Lugar: CAFI

Data límite de inscrición en Fprofe: 21 de xaneiro 2022.

Imparte: Alejandro Varela Raña, mestre de educación física.

PE CLIL
P. E. CLIL

S2103006 - Creating learning opportunities for young learners in Musical Education

Summary: 

Creating learning opportunities for young learners in Musical Education
Gallego

Queres ter ideas, consellos, suxestións... para traballar Creating learning opportunities for young learners in Musical Education co teu alumnado? Xa non tes escusa!

Referencia en fprofe: S21013006

Relator: Rocío Souto Louzao

Temporalización: 

  • Xoves: 03 de febreiro de 2022 - de 17:00 a 20:00
  • Xoves: 10 de febreiro de 2022 - de 17:00 a 20:00
  • Xoves: 17 de febreiro de 2022 - de 17:00 a 19:00

Lugar: CAFI

Creating learning opportunities for young learners in Musical Education