Gallego

G2102028 - Trinity College GESE Grao 7. Nivel B2

Summary: 

Grao 7. Nivel B2
Gallego

Consellería de Cultura, Educación e Universidade ten interese en lle facilitar ao profesorado, preferentemente vinculados aos programas plurilingües e centros bilingües, a posibilidade de certificar o seu nivel de inglés a través dun sistema de acreditación externa. Para tal efecto, co obxecto de avaliar o nivel de inglés, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade dará a oportunidade de presentarse aos seguintes exames desenvoltos polo Trinity College.

 

Trinity College. GESE grao 7 . Nivel B2

Código en fprofe: G2102028

Ligazón a fprofe

Temporalización: proba oral de, aproximadamente, 15 minutos que se desenvolverá entre o 24/11/2021 e o 25/11/2021. Cada participante será convocado para a realización desta proba un día desa semana e en intervalos, aproximativos, 30 minutos polo que deberá chegar cunha antelación de 30 m.

Lugar de celebraciónEGAP (Escola Galega de Administración Pública) en Santiago de Compostela.

Número de prazas: 100

Trinity College GESE Grao 7. Nivel B2
Trinity College GESE Grao 7. Nivel B2

S2102056 Proba de nivel para participar en cursos CALC

Summary: 

Proba de nivel de inglés
Gallego

Non sabes o teu nivel de inglés. Tes o nivel pero non tes ningún certificado. Pois preséntate ás probas de nivel nas que che indicaremos o teu nivel así como ao curso CALC ao que podes acceder.

 

Código en fprofe: S2102056

Data: 20 de setembro de 2021

Horario: de 18:00 a 20:00

Lugar: aulas 9 e 11 do CAFI (Santiago de Compostela) 

S2102056 Proba de nivel para participar en cursos CALC
S2102056 Proba de nivel para participar en cursos CALC

Cursos de Actualización Lingüística do Profesorado (CALC)

Summary: 

CURSO 2023 - 2024 - Cursos de Actualización Lingüística do Profesorado (CALC)
Plan de formación do profesorado curso 2023-2024
Gallego

Os Cursos de Actualización Lingüística do Profesorado (CALC), están orientados ao desenvolvemento das destrezas orais e da competencia comunicativa nunha lingua estranxeira, co fin de que o profesorado participante consiga a capacidade expresiva necesaria para poder impartir as súas aulas baixo estas premisas. Por este motivo, os CALC están dirixidos, preferentemente, ao profesorado de centros plurilingües e seccións bilingües que debe dar a súa materia en lingua estranxeira, pero pode matricularse calquera profesor que desexe acreditarse para impartir áreas, materias ou módulos non lingüísticos nunha segunda lingua.

 

Os CALC organízaos a Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente e Ensinanzas de Réxime Especial, ofértanse a través do CAFI e dos Centros de Formación e Recursos e son impartidos por profesorado das Escolas Oficiais de Idiomas. Estes cursos teñen como obxectivo a preparación do profesorado, ao longo de todo o curso para a superación das probas de certificación das EEOOII. As persoas asistentes recibirán un certificado polas 120 horas de formación recibidas, pero non a a acreditación de nivel lingüístico, para iso deben superar as probas oportunas.

 

Unha vez seleccionado, o profesorado deberá acreditar que posúe o nivel de competencia anterior para ser admitido no curso, de acordo co anexo da Orde do 18 de febreiro de 2011, de acreditación de idiomas. O profesorado que conte con coñecementos previos pero non cunha certificación que o acredite, pode realizar unha proba de nivel no mes de setembro no CAFI ou CFR correspondente, para a que deberá inscribirse a través da aplicación www.edu.xunta.gal/fprofe.

 

Os cursos CALC que se desenvolven na área do CAFI son os seguintes:

Zona de Santiago de Compostela

- Sección do Sar

  • S2301030  Curso de actualización lingüística e comunicativa (CALC). Inglés nivel B2 

 

                            (Luns e xoves de 18:00 a 20:00h)

  • S2301032  Curso de actualización lingüística e comunicativa (CALC). Inglés nivel C1 

                            (Mércores e xoves de 16:30 a 18:30h)

  • S2301033  Curso de actualización lingüística e comunicativa (CALC). Inglés nivel C2 

 

                            (Luns e xoves de 16:30 - 18:30H)

 

- Sección de RIbeira

  •  S2301031  Curso de actualización lingüística e comunicativa (CALC). Inglés nivel C1

                            (Martes e xoves de 19:30 a 21:30h)

Cursos CALC 23-24

G2103012 Roteiro polos espazos vitais e literarios de Jose Saramago en Lisboa

Summary: 

Interese polo patrimonio literario no ensino
Gallego

A figura universal do escritor José Saramago é un gran referente literario en Lisboa, cidade na que viviu boa parte da súa vida e na que ambientou moitas das súas obras. A súa pegada na cidade de Lisboa é profunda compoñendo algúns dos seus libros máis soados nesta cidade.

 

Este Roteiro Literario percorre os recunchos máis emblemáticos de Lisboa polos cales discorría o día a día do escritor, polos que se inspirou e polos cales envorcou as súas impresións nos seus libros. Os edificios son o marco perfecto para ambientar a vida de Saramago acompañándoa con fragmentos de História do cerco de Lisboa, O ano da morte de Ricardo Reis, A jangada de pedra, Memorial do convento, Levantado do chão...

 

  • Casa dos bicos
  • Terreiro do Paço
  • Monte da Graça
  • Rua do Milagre de Santo
  • Escadinhas de São Crispim
  • Porta de Ferro
  • Arco Escuro
  • Arco de Jesus 
  • Torre de Alfama
  • Porta do Sol  
  • Porta Martim Moniz  
  • Rua do Chão da Feira
  • Castelo de Sao Jorge

 

Datas de realización: 04 de decembro

Relatora: Fabrizio Boscaglia

Código en fprofe: S2103012

Para máis información preme aquí

Roteiro polos espazos vitais e literarios de Jose Saramago en Lisboa

G2103011 Roteiro polos espazos vitais e literarios de Antonio Machado en Baeza

Summary: 

Interese polo patrimonio literario no ensino
Gallego

“Me trasladé a Baeza, donde hoy resido. Mis aficiones son pasear y leer"

A figura universal do poeta Antonio Machado é un gran referente literario da Xeración do 98. A súa pegada na cidade de Baeza é profunda compoñendo algúns dos seus poemas máis soados nesta cidade.

Este Roteiro Literario percorre os recunchos máis emblemáticos de Baeza polos cales discorría o día a día do poeta, polos que se inspirou e polos cales envorcou as súas impresións nos seus versos. Os edificios son o marco perfecto para ambientar a vida de Machado acompañándoa con fragmentos poéticos e da súa biografía recitados ao longo do itinerario:

  • Casa do poeta ea C/ Cardenal Benavides.
  • Rebotica e Paseo.
  • C/ San Pablo: Hotel Comercio, monumento a Machado e Casino.
  • Barbacana cara ao  Arco del Barbudo.
  • Antiga Universidade: monumento a Machado e Aula de Antonio Machado.
  • Plaza de la Santa Cruz.
  • Praza de Santa María.
  • Porta da Luna, Porta do Perdón e Callejones.
  • Paseo das Murallas ou Antonio Machado: Balcón do Guadalquivir.
  • Monumento a Machado de Pablo Serrano.
  • Praza dos Leones.

Datas de realización: 09 de octubre

Relatora: Filomena Garrido

Código en fprofe: S2103014

Para máis información preme aquí

Interese polo patrimonio literario no ensino
Roteiro polos espazos vitais e literarios de Antonio Machado en Baeza

G2103010 Roteiro polos espazos vitais e literarios da Xeración Nós en Ourense

Summary: 

interese polo patrimonio literario no ensino
Gallego

Que a Ourense a chamen A Atenas Galega non é froito de ningunha casualidade. Pero non soamente nesta denominación deixou a súa pegada a coñecida como Xeración Nós, senón que a cidade enteira está marcada polo legado deste grupo de escritores que conta entre os seus membros con personalidades como Vicente Risco,  Ramón Otero Pedrayo  ou Florentino Cuevillas.

Percorreremos os lugares e sucesos familiares da Xeración trazando as diferenzas entre as viaxes que percorreron cada un dos seus membros, que a pesar de compartir moitas cousas son moi diferentes entre eles.

Nas rúas da zona vella ourensá atópanse as casas natais de Vicente Risco ou Otero Pedrayo, así como os escenarios literarios de moitas das obras destes escritores que cara a1920, fundaban a revista Nós. A creación deste grupo provocou un avance definitivo na cultura galega en diversos ámbitos, non só na literatura senón tamén noutras disciplinas.

 

Datas de realización: 30 de outubro

Relator: Afonso Vázquez- Monxardín

Código en  fprofe:  G2103010

Para máis información preme

 interese polo patrimonio literario no ensino
Roteiro polos espazos vitais e literarios da Xeración Nós en Ourense

G2103014 Roteiro polos espazos vitais e literarios de Xela Arias

Summary: 

O interese polo patrimonio literario no ensino
Gallego

Algúns lugares están intimamente ligados aos artistas que os habitaron. É o caso de Vigo e de  Xela Arias, poeta, tradutora, editora e mestra.

Nos poemas de  Xela Arias latexa a cidade e o mar, sobre todo, de Vigo. Denuncia  do Equilibrio [1986, finalista ao Premio Losada Diéguez] é o primeiro poemario urbano que se escribe en Galicia.
O mar, as rúas, as follas das árbores, os cabalos, o ceo... entrecrúzanse nuns versos  indómitos cuxo obxectivo é crear unha nova sintaxe que supón un canto á liberdade.

Pouco despois de nacer en Lugo en 1962, Xela Arias mudouse xunto á súa familia a Vigo, onde residiu ata o seu falecemento aos 41 anos. Da man do estudoso Manuel Bragado percorreremos as principais localizacións vitais e literarias polas que transcorre a vida de Xela Arias. IES Castelao, CIP Sárdoma-Moledo, IES Álvaro Cunqueiro, Castrelos, pub coma o Krenmin (Coruxo), Alma Pub (Poboadores), De catro a catro, García Barbón... serán algúns dos espazos polos que nos moveremos.

Data de realización: 25 de setembro

Horario: de 10:00 a 14:00h e de 16:00 a 24:00h

Relator: Manuel Bragado

Código en fprofe: S2103014

Para máis información preme  aquí

 

 

 

 

O interese polo patrimonio literario no ensino
eiro polos espazos vitais e literarios de Xela Arias

S2103014 O patrimonio histórico-cultural local como recurso educativo

Summary: 

O interese polo patrimonio cultural no ensino
Gallego

En Galicia existe unha gran tradición na utilización didáctica do patrimonio. Desde hai tempo xurdiu a tendencia de achegar o pasado ao alumnado a través de visitas a edificios, xacementos, museos, etc. Actualmente, esta tendencia incrementouse e ademais aumentou o número de lugares  visitables (coa incorporación dos centros de interpretación, de exposicións ou de itinerarios históricos). Todo iso, coa intención de achegar e de facilitar a aprendizaxe da historia.

Nesta actividade queremos acercar parte do patrimonio  prehistórico (petróglifos de Conxo e Teo) e medieval (murallas de Compostela e Castelo da Rocha) para a súa aplicación didáctica na aula.

Datas de realización: 02 de outubro
Horario: de 15:00 a 24:00 H.
Código en  fprofe:  S2103014
Para máis información pulsa aquí
 

O interese polo patrimonio cultural no ensino
O patrimonio histórico-cultural local como recurso educativo

S2101081 Exercicios para o coidado e hixiene da voz. Ortofonía

Summary: 

Prevención e coidado da voz dos docentes
Gallego

O profesorado somos un colectivo que temos a voz como a principal ferramenta de traballo. É moi frecuente que o seu uso diario durante longas horas obrigue a un esforzo que vaia deteriorando pouco a pouco a súa calidade e é moi complicado recuperala sen someterse a tempadas de repouso. Malos hábitos de vida, acompañados dun mal uso desta pode provocar longas tempadas de afonía.

Este problema pode agravarse ata impedir o exercicio da nosa profesión. Por este motivo, o coidado da voz e a aprendizaxe de técnica vocal que fomenten o seu bo uso e eviten a aparición de alteracións gañan especial relevancia na nosa profesión. Neste curso imos achegarche esa información básica para o bo coidado e hixiene da voz.

Datas de realización: 04 - 14 - 21 e 28 de outubro; 04 - 11 e 18 de novembro.

Horario: de 17:00 a 20:00H.

Relator: Pablo García Ferradas

Código en fprofe: S2101081

Para máis información preme aquí

Prevención e coidado da voz dos docentes
Exercicios para o coidado e hixiene da voz. Ortofonía

Miguel Delibes na aula

Summary: 

Un abano de posibilidades didácticas
Gallego

Desde o ano 2013 a Fundación Miguel Delibes organizou, en colaboración cos Centros de Formación do Profesorado de Castela e León, CRIF "Las Acacias" de Madrid, CTIF Madrid Sur, CPR Rexión de Murcia... diferentes edicións do curso Miguel Delibes en el aula, dirixido a profesores de Educación Secundaria e Primaria. Agora, por fin, imos desenvolver esta actividade formativa en Galicia de xeito telemático baixo o título Miguel Delibes na aula.

Miguel Delibes, un dos autores máis representativos da literatura española na segunda metade do século XX, é autor dunha obra ampla e variada que, ademais da  súa indiscutible calidade literaria, defende uns valores éticos e estéticos que convén achegar ao alumnado. O curso pretende promover unha lectura reflexiva que sirva á vez para  o gozo e a identificación dos distintos elementos que se conxugan nunha obra literaria.

A finalidade da actividade Miguel Delibes na aula é achegar a figura e obra do escritor valisoletano, a todos os docentes interesados na materia. Ademais de contribuír á formación do profesorado, téntase cumprir con algúns dos obxectivos da Fundación Miguel Delibes. Entre estes obxectivos, xunto ao estudo e á difusión da obra de Miguel Delibes, ten unha importancia fundamental fomentar os valores que o escritor fixo seus: a liberdade, a solidariedade, a xustiza social, o respecto pola natureza e a conservación do medio ambiente, entre outros.

Está dirixida  ao profesorado de Lingua e Literatura ou de calquera outra materia interesados no tema, abranguendo unha dobre finalidade: abordar a obra de Miguel Delibes  desde diferentes perspectivas e, sobre todo, expor actividades e ofrecer recursos directamente relacionados con esa obra e que sexan de aplicación práctica na aula.

Ao longo de tres días e estruturado en tres relatorios cada día,diferentes especialistas centraranse en cuestións tanto teóricas como prácticas relacionadas coa ampla   bibliografía do escritor —contos, novelas, discursos...—e propoñerán variadas formas de lle achegar ao alumnado a obra dun dos autores máis importantes da literatura  universal.

 

Programa

   31 de maio
       - Retrato de Miguel Delibes

              Elisa Delibes (Licenciada en Filoloxía Románica. Catedrática de Lingua e Literatura)
      - Propostas didácticas a partir de El Camino

              Amparo Medina-Bocos (Doutora en Filoloxía Hispánica. Catedrática de Lingua e Literatura)

 

   1 de xuño
      - Los discursos de Miguel Delibes

              Ana María Martínez (Doutora en Filoloxía Hispánica. Profesora de Lingua e Literatura)

      - Los santos inocentes. Propostas didácticas

              Amparo Medina-Bocos (Doutora en Filoloxía Hispánica. Catedrática de Lingua e Literatura)

 

   2 de xuño
      - Valores humanos na narrativa de Miguel Delibes. Traballo a partir  de antoloxías

              Francisco Gallego (Licenciado en Filosofía e Letras Catedrático de Lingua e Literatura)

      - O autor e a crítica. Bibliografía comentada sobre Miguel Delibes

              Amparo Medina-Bocos (Doutora en Filoloxía Hispánica. Catedrática de Lingua e Literatura)

Miguel Delibes
Miguel Delibes na aula