Miguel Delibes na aula

Un abano de posibilidades didácticas
Sáb, 01/05/2021 - 10:59
Miguel Delibes
Miguel Delibes na aula

Desde o ano 2013 a Fundación Miguel Delibes organizou, en colaboración cos Centros de Formación do Profesorado de Castela e León, CRIF "Las Acacias" de Madrid, CTIF Madrid Sur, CPR Rexión de Murcia... diferentes edicións do curso Miguel Delibes en el aula, dirixido a profesores de Educación Secundaria e Primaria. Agora, por fin, imos desenvolver esta actividade formativa en Galicia de xeito telemático baixo o título Miguel Delibes na aula.

Miguel Delibes, un dos autores máis representativos da literatura española na segunda metade do século XX, é autor dunha obra ampla e variada que, ademais da  súa indiscutible calidade literaria, defende uns valores éticos e estéticos que convén achegar ao alumnado. O curso pretende promover unha lectura reflexiva que sirva á vez para  o gozo e a identificación dos distintos elementos que se conxugan nunha obra literaria.

A finalidade da actividade Miguel Delibes na aula é achegar a figura e obra do escritor valisoletano, a todos os docentes interesados na materia. Ademais de contribuír á formación do profesorado, téntase cumprir con algúns dos obxectivos da Fundación Miguel Delibes. Entre estes obxectivos, xunto ao estudo e á difusión da obra de Miguel Delibes, ten unha importancia fundamental fomentar os valores que o escritor fixo seus: a liberdade, a solidariedade, a xustiza social, o respecto pola natureza e a conservación do medio ambiente, entre outros.

Está dirixida  ao profesorado de Lingua e Literatura ou de calquera outra materia interesados no tema, abranguendo unha dobre finalidade: abordar a obra de Miguel Delibes  desde diferentes perspectivas e, sobre todo, expor actividades e ofrecer recursos directamente relacionados con esa obra e que sexan de aplicación práctica na aula.

Ao longo de tres días e estruturado en tres relatorios cada día,diferentes especialistas centraranse en cuestións tanto teóricas como prácticas relacionadas coa ampla   bibliografía do escritor —contos, novelas, discursos...—e propoñerán variadas formas de lle achegar ao alumnado a obra dun dos autores máis importantes da literatura  universal.

 

Programa

   31 de maio
       - Retrato de Miguel Delibes

              Elisa Delibes (Licenciada en Filoloxía Románica. Catedrática de Lingua e Literatura)
      - Propostas didácticas a partir de El Camino

              Amparo Medina-Bocos (Doutora en Filoloxía Hispánica. Catedrática de Lingua e Literatura)

 

   1 de xuño
      - Los discursos de Miguel Delibes

              Ana María Martínez (Doutora en Filoloxía Hispánica. Profesora de Lingua e Literatura)

      - Los santos inocentes. Propostas didácticas

              Amparo Medina-Bocos (Doutora en Filoloxía Hispánica. Catedrática de Lingua e Literatura)

 

   2 de xuño
      - Valores humanos na narrativa de Miguel Delibes. Traballo a partir  de antoloxías

              Francisco Gallego (Licenciado en Filosofía e Letras Catedrático de Lingua e Literatura)

      - O autor e a crítica. Bibliografía comentada sobre Miguel Delibes

              Amparo Medina-Bocos (Doutora en Filoloxía Hispánica. Catedrática de Lingua e Literatura)

Menús CAFI node R

 

Sección

Áreas-CAFI