O CAFI deséxavos felices festas
Enviado por pablogulin a Mér, 16/12/2015 - 12:47Summary:
Summary:
Summary:
Encontros de 8 horas: 4h. o 7 de outubro e outras 4h. o 14. Ambos xoves, de 16.30 a 20.30 horas.
Presenciais, na 1ª planta do CAFI.
Atoparanse os equipos BE CAFI de todas as ensinanzas, corpos e especialidades.
Recomendado só para quen xa teña experiencia en educación documental.
O prazo de inscrición remata o 24 deste mes. Código en FPROFE: S2103002.
File:
Summary:
Summary:
Curso: Obradoiro de TIC ao servizo da biblioteca escolar e ALFIN. V16.
Referencia: S1601089
Competencias profesionais docentes:
Duración: 24 horas
Lugar: CAFI, Santiago de Compostela
Prazas: 20
Obxectivos:
1.Implementar o novo modelo de biblioteca escolar, que integra materiais impresos e electrónicos.
2.Aproveitar todas as posibilidades das TIC e da Web 2.0 para a xestión e dinamización da biblioteca escolar, o fomento da lectura e ALFIN/AMI.
3.Contribuír desde a biblioteca escolar á integración das TIC nos procesos de ensinanza e aprendizaxe de todas as áreas e materias, dotando ao profesorado de formación e recursos suficientes e actualizados.
Entre o 20 de febreiro e o 30 de marzo celebraremos no CAFI o curso “Obradoiro de TIC ao servizo da biblioteca escolar e ALFIN. V16”.
Será unha actividade eminentemente práctica, activa e participativa; pensada para que as persoas asistentes, docentes de E. Infantil, Primaria, Secundaria ou FP, aprendan efectivamente a usar diversas ferramentas que consideramos de gran utilidade para a organización da biblioteca escolar, a Alfabetización Mediática e Informacional do alumnado, a realización de proxectos documentais e a visibilización da nosa biblioteca.
Summary:
Na fin de semana do 17 e 18 de novembro reuníronse no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela preto de mil docentes para celebrar as VII Xornadas de bibliotecas escolares de Galicia, froito da colaboración entre a Asesoría de bibliotecas escolares e o CAFI, coa colaboración da Rede de Formación do Profesorado.
Estas VII Xornadas foron inauguradas polo Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, que, no seu discurso, puxo de relevo o papel das bibliotecas na mellora da calidade educativa, agradeceu o compromiso das persoas asistentes, e anunciou a presentación da segunda fase do Plan Lía o para o periodo 2016-2020.
Entre a nómina de expertos que colaboraron na actividade, contamos coa presenza de Andrea Giráldez, Xosé Tomás, Silvia González Goñi, Mónica Muñoz Sobrino e Asunción Carballo, Glória Durban, Maria Conceição Tomé, Carlos A. Scolari e Fran Alonso, e cunha selección de boas prácticas das bibliotecas escolares dos centros de ensino público de Galicia.
“Biblioteca Escolar, territorio das Artes” é o lema deste ano para as bibliotecas escolares de Galicia, e sobre esta idea versou a conferencia inaugural de Andrea Giráldez, así como varias das experiencias de centros. Outros relatorios ocupáronse de Alfabetización Informacional, literatura transmedia, biblioteca escolar e currículo, de lectura e de integración, completando un programa que abarca os diversos aspectos que conforman a función da biblioteca escolar.
Nesta ocasión, e por primeira vez, organizamos “A fume de carozo”, unha sesión de comunicacións breves para dar difusión a actividades innovadoras, que foi moi ben recibida e valorada polo público asistente.
Para clausurar estas xornadas interviu Carlos Scolari cun relatorio sobre narrativas transmedia, e Fran Alonso realizou unha magnífica exposición verbo de poesía, educación e tecnoloxía.
Summary:
O curso na Rede "Alfabetización informacional (ALFIN) para bibliotecas escolares", aberto á participación do profesorado do ensino público de Galicia, celebrarase este primeiro trimestre, na Plataforma de Teleformación Galega, PLATEGA,
O prazo de inscrición no curso na Rede remata o 25/09/2016.
A referencia é G1601056.
O alumnado como suxeito activo da súa aprendizaxe debe aprender a traballar coas fontes informativas en alquera formato e soporte.
Básico para desenvolver competencias como a de aprender a aprender. Fundamental na Aprendizaxe Baseada en Proxectos, traballo colaborativo ou atención á diversidade.
Summary:
Summary:
O próximo 22 de abril de 2016 dará comezo unha formación aberta na Rede: “O currículo na aula". Trátase dunha actividade coas seguintes características:
Lévase a cabo de forma virtual na Rede, a través de Platega2.
Está conformada por unha serie de materiais que desenvolven os contidos, foros de participación e comunicación entre os participantes e tarefas con entrega libre e voluntaria.
Está aberta a calquera docente de centros dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Ao tratarse dunha formación en aberto non ten asociado recoñecemento de horas de formación.
Permite ofertar aos docentes da nosa comunidade un modo aberto e flexible de formación sen límite de prazas.
Podes automatricularte en Platega2 ata o 21 de abril na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.es/platega2/course/view.php?id=209. Introduce os teus datos de conta corporativa e a palabra "platega" como chave de matriculación.
A fase de formación comezará o 22 de abril e rematará o 20 maio. Estará conformada por 4 módulos:
Currículo e aproximación á programación
Rúbricas e mínimos esixibles
Perfil de competencia.
O prazo de inscrición xa rematou, pero hai posibilidade de visualizar os contidos do curso como convidados.
Summary:
OBXECTO: Apoiar na implantación da asignatura de Oratoria nas aulas a través dun programa de capacitación e motivación para docentes.
METODOLOXÍA:
REFERENCIA: S1503016
TÍTULO: Obradoiro de oratoria no ámbito educativo
HORAS PRESENCIAIS: 12
PRAZAS: 20
LUGAR: CAFI