Gallego

G2301040 - Equipos directivos. Marco normativo aplicable para o desempeño das súas funcións no centro educativo

Summary: 

Actividade formativa de 20 horas de duración. Terá lugar o 6, 12, 17, 24 e 27 de abril na Escola Galega de Administración Pública (Santiago de Compostela).
Gallego
  • Obxectivos: 
  1. Manexar con fluidez a normativa vixente segundo as necesidades.
  2. Ser quen de aplicar de forma axeitada a normativa vixente.
  3. Actuar como referente resolvendo dúbidas normativas entre os compañeiros.
  • Contidos: 
  1. Procedemento administrativo común.
  2. Réxime xurídico aplicable aos centros e aos órganos colexiados.
  3. Normativa aplicable ao persoal funcionario e laboral.
  4. Normativa financeira.
  5. Normativa relativa ao menor.
  6. Protección de datos.
  7. Permisos e licenzas.
  8. Tramitación de seguros.
  • Competencias profesionais:
    • Competencia en organización escolar e colaboración.
    • Coñecemento da normativa actualizada. 
  • Detalle da actividade (Fprofe).

Inscrición aberta en Fprofe: G2301040.

G2301040 - imaxe

L2302003 Calidade de recursos educativos. REA

Summary: 

15 horas presenciais no terceiro trimestre
Julio Mosquera será o relator da actividade
Gallego

No CFR Lugo xa nos estamos a preparar para o terceiro trimestre. Unha das últimas actividades desde 2023-2024 será L2302003 Calidade de recursos educativos. REA. 15 horas presenciais na Aula 2 do CFR Lugo da man de Julio Mosquera. Unhas xornadas nas que afondaremos nos Recursos Educativos Abertos e para as que aínda admitimos inscricións ata o próximo 18 de marzo.

 

Datas: 15, 22 e 29 de abril. 6 e 13 de maio.

Horario: 17:00 horas a 20:00 horas

 

Obxectivos

1. Utilizar estratexias de busca baseadas no coñecemento e funcionamento dos motores de busca.

2. Usar sistemas de catalogación e metadatos de contidos en Internet.

3. Aplicar criterios para a selección de contidos educativos dixitais de calidade axustados ás necesidades da aula.

 

Contidos

1. Utilización de estratexias de busca baseadas no coñecemento e funcionamento dos motores de busca.

2. Uso de sistemas de catalogación e metadatos de contidos en Internet.

3. Aplicación de criterios para a selección de contidos educativos dixitais de calidade axustados ás diversas necesidades vinculadas coa súa utilización na aula.

 

Indicadores de competencias

1. Compromiso profesional - A2 - 1.4.A.2.1. Aproveita as oportunidades de aprendizaxe no seu centro e as que obtén a través da rede para o seu desenvolvemento profesional.

2. Contidos dixitais - A2 - 2.1.A.2.1. Identifica, con asesoramento, os requisitos que debe cumprir un contido dixital para axustarse a unha situación concreta de aprendizaxe e aplica os criterios correspondentes para a súa busca e selección, incluíndo a compatibilidade coas plataformas virtuais establecidas polas AA. EE. ou as persoas titulares do centro.

2. Contidos dixitais - A2 - 2.1.A.2.2. Coñece o funcionamento e utiliza os repositorios de contidos institucionais e os empregados polo centro educativo.

2. Contidos dixitais - A2 - 2.3.A.2.1. Aplica en contornos controlados ou contextos específicos a compartición, xestión e intercambio seguro de recursos utilizando os formatos e estándares apropiados.

2. Contidos dixitais - A2 - 2.3.A.2.2. Aplica, con axuda dunha persoa mentora, o sistema de catalogación establecido pola A. E. ou pola persoa titular do centro nas súas plataformas e servizos para indexar contidos educativos dixitais introducindo metadatos e empregando as etiquetas adecuadas.

 

rea

L2301006  A transformación de espazos para favorecer metodoloxías activas e inclusivas

Summary: 

20 horas no CFR de Burela
A actividade desenvolverase entre o 10 e o 25 de abril
Gallego

No CFR de Lugo estamos moi concienciados coa renovación e transformación de espazos. E se vai á par da innovación educativa, aínda mellor. Xa se lle engadimos a integración e a inclusión, semella poesía para os nosos oídos. Pois teremos todos estes ingredientes na actividade L2301006 A transformación de espazos para favorecer metodoloxías activas e inclusivas. 20 horas de formación na Mariña, no CFR de Burela, que terán lugar entre o 10 e o 25 de abril (16:00 horas a 20:00 horas).

 

Relatores

10 de abril: María Paz Gonçalves López (Escola Amadahi).

11 de abril: Judit Santos (Cooperativa Miudiño) e Sergio García Liñares (mestre de primaria).

18 de abril: Víctor González García–Echave (Palitroques).

24 de abril: Fermín González Blanco (Sistema LUPO).

25 de abril: Idoia Cuesta (Cestaría contemporánea).

 

Obxectivos

1. Favorecer unha educación competencial desde o proceso de cambio dos espazos educativos.

2. Repensar a escola desde a perspectiva da transformación dos espazos: traballo por proxectos, patios inclusivos, aprendizaxe cooperativa…

3. Planificar, deseñar e avaliar a proposta práctica co obxectivo de transformar os espazos educativos.

 

Contidos

1. A transformación dos espazos como parte do proxecto educativo.

2. Metodoloxías activas vinculadas á transformación dos espazos educativos: traballo por proxectos, patios inclusivos, aprendizaxe cooperativa…

3. Educación ambiental – desenvolvemento sostible.

4. Educación competencial. Avaliación.

 

espazos

L2302005 Fomento das destrezas orais en linguas estranxeiras

Summary: 

12 horas presenciais no CFR Lugo
A actividade comeza este mércores 28 de febreiro
Gallego

Este mércores 28 de febreiro iniciamos unha nova actividade de Idiomas no CFR de Lugo. L2302005 - Fomento das destrezas orais en linguas estranxeiras contará con 12 horas presenciais para mellorar a capacidade comunicativa dos nosos docentes. Cristina Cabal e Paula Gómez serán as mestras de cerimonias dunha actividade que terá as dúas últimas sesións na vindeira semana, os próximos venres 8 e sábado 9 de marzo.

Obxectivos
1. Desenvolver a competencia comunicativa do profesorado e a súa autonomía investigadora.
2. Enriquecer as boas prácticas educativas con distintos recursos analóxicos e dixitais.
3. Actualizar a formación metodolóxica do profesorado a través da súa lingua de aula: alemán, francés, inglés, italiano e portugués.

Contidos
1. Análise de temáticas transversais e relevantes para o proceso de ensino-aprendizaxe.
2. Recursos para a mellora das prácticas educativas.
3. Estratexias para o desenvolvemento das destrezas de expresión e mediación orais en alemán, francés, inglés, italiano e portugués.

destrezas

L2303003 - Encontros de cargos directivos da provincia. Curso 2023-2024

Summary: 

Actividade dirixida a equipos directivos de centros educativos públicos da provincia de Lugo.
Lugar de celebración: CIFP As Mercedes - Lugo
Sábado 2 de marzo de 2024
Data límite de inscrición: 18 de febreiro de 2024
Gallego

Encontros

L2303003 Encontros de cargos directivos da provincia. Curso 2023-2024

 

Duración: 8 horas  

Lugar de celebración: CIFP As Mercedes - Lugo

Datas: 2 de marzo (sábado)

Horario: 10 a 14h. (sesión de mañá) e de 16 a 20h. (sesión de tarde)

 

 

Relator@s:

Inmaculada Fernández Teijeiro (Subdirectora Xeral de Ordenación, Inclusión e Innovación Educativa)

Ana María Alzate Rodríguez (Xefa do Servizo de Inclusión, Orientación e Convivencia)

Íñigo Barreiro García (Inspector de Educación - Lugo)

José Manuel Valcarce López (Director do IES Xograr Afonso Gómez de Sarria e Presidente da Asociación de Cargos Directivos de Lugo e Provincia - ACADILUP)

Sonia Cantalapiedra Álvarez (ACADILUP)

 Luís Carlos Parada González (ACADILUP)

 

OBXECTIVOS

- Xestionar e coñecer a normativa que afecta aos centros educativos.

- Afondar no coñecemento das medidas de atención á diversidade.

- Avanzar na mellora da dirección escolar.

Asesor: Camilo Conde Iglesias

Liderado no centro educativo
Planificando...

L2301039 - Xogos e deportes alternativos

Summary: 

12 horas no CEIP de Casás da capital luguesa
A actividade celebrarase entre o 6 e o 21 de marzo
Gallego

Neste segundo trimestre non nos olvidamos de todo o profesorado amante da Educación Física. A través da actividade L2301039 Xogos e deportes alternativos ofreceremos un amplo abano de posibilidades para a aula tanto a nivel teórico como práctico. José Manuel Freire Piñeiro será o relator dunha actividade de 12 horas que se celebrará no CEIP de Casás da capital lucense. As datas escollidas son os días 6, 13, 20 e 21 de marzo, en horario de 17:00 horas a 20:00 horas. A inscrición aínda se atopa aberta en FProfe.

 

Obxectivos

1. Coñecer propostas didácticas de deportes alternativos.

2. Familiarizarse cos espazos e materiais que se precisan para a práctica dos deportes alternativos propostos.

3. Promover os deportes alternativos como contido nas sesións de EF.

 

Contidos

1. Fundamentos didácticos de: datchball, kitball, floorball e pickeball.

2. Normativa dos deportes alternativos propostos.

3. Manexo do material específico que se emprega nestas modalidades.

4. Propostas didácticas para a introdución destes deportes.

deportes alternativos

G2301076 O bo trato nas relacións de xénero e a igualdade de oportunidades

Summary: 

Curso de 20 horas: 15 presenciais e 5 non presenciais Lugar de celebración: C.I.F.P Compostela
Gallego

OBXECTIVOS

1.Identificar os sinais que poden alertar dunha situación de violencia de xénero.

2.Coñecer estratexias que favorecen o bo trato nas relacións de xénero e a igualdade de oportunidades.

3.Coñecer boas prácticas, materiais e recursos que favorezan o bo trato nas relacións de xénero así como a igualdade de oportunidades.

CONTIDOS

1.Sinais de alerta referidas a situacións de violencia de xénero.

2.Accións para promover a igualdade de oportunidades e o bo trato nas relacións de xénero.

3.Recursos e boas prácticas.

4.Experimentando algunha práctica na aula/centro.

ENLACE A FPROFE

O bo trato

Video: 

O bo trato

G2301076 O bo trato nas relacións de xénero e a igualdade de oportunidades

Summary: 

Curso de 20 horas: 15 presenciais e 5 non presenciais Lugar de realización: CAFI. Santiago de Compostela
Gallego

OBXECTIVOS

1.Identificar os sinais que poden alertar dunha situación de violencia de xénero.

2.Coñecer estratexias que favorecen o bo trato nas relacións de xénero e a igualdade de oportunidades.

3.Coñecer boas prácticas, materiais e recursos que favorezan o bo trato nas relacións de xénero así como a igualdade de oportunidades.

CONTIDOS

1.Sinais de alerta referidas a situacións de violencia de xénero.

2.Accións para promover a igualdade de oportunidades e o bo trato nas relacións de xénero.

3.Recursos e boas prácticas.

4.Experimentando algunha práctica na aula/centro.

Enlace a FPROFE

O bo trato

Video: 

O bo trato

L2302014 - Obradoiro kit Aqualab. Iniciación

Summary: 

8 horas o sábado 9 de marzo
A actividade celebrarase na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría de Lugo
Gallego

Eres profesor de Bioloxía e Xeoloxía, Tecnoloxía ou Agraria? Queres pasar un sábado de marzo con nós? Pois, temos a actividade perfecta para ti. L2302014 - Obradoiro kit Aqualab. Iniciación contará con oito horas de docencias o próximo sábado 9 de marzo (10:00 horas a 14:00 horas e 16:30 horas a 20:30 horas) na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (Campus de Lugo. R/ Benigno Ledo, 27002, Lugo). 

Jorge Dafonte Dafonte e Miguel Ángel González García (profesores na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría de Lugo) serán os encargados de ofrecer todos os contidos necesarios para manexar este Kit. Por certo, dotarase dun Kit Aqualab para o centro. A inscrición segue aberta en FProfe. Para calquera dúbida ou consulta, podes dirixirte á asesora Marta Arias López a través do seguinte correo electrónico: cfr.lugo.linguisticosocial@edu.xunta.gal

 

Obxectivos

1. Crear vínculos e sinerxías entre os distintos actores da educación preuniversitaria e universitaria implicados na divulgación de coñecementos científico-técnicos e científico-sociais.

2. Dar formación ao profesorado de ensino secundario na metodoloxía científica e investigadora.

3. Experimentar co Kit Aqualab para desenvolver experiencias e proxectos de ámbito científico na aula.

 

Contidos

1. Microcontroladores e sensores para a medida de contido de auga no solo: montaxe, programación e introdución á Arduino.

2. Calibración dun sensor de medición do contido de auga no solo: calibración, táboa de datos nunha folla de cálculo e representación gráfica.

3. Balance de auga no solo: balance hídrico con sensores de contidos de auga no solo, elementos e medición.

aqualab

L2301008 - Atención educativa do alumnado con TDAH

Summary: 

20 horas no CFR Lugo, 5 delas non presenciais
María Cristina Casal, Ana Fátima Gómez e Octavio Augusto Susacasa serán os relatores da actividade
Gallego

Queremos presentar unha nova actividade para este trimestre. L2301008 - Atención educativa do alumnado con TDAH pretende contribuír á formación continuada na abordaxe do Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH). En colaboración coa Fundación INGADA e Fundación María José Jove, estas 20 horas de formación axudarán aos nosos docentes no tratamento do alumnado con estas necesidades tan específicas. Cabe destacar que 5 destas horas serán non presenciais e xustificaranse coa entrega dun proxecto, co que ademais se poderá optar a beca en caso de desexalo.

A actividade terá lugar no Salón de actos do CFR Lugo os días 28 de febreiro (17:00 a 20:00 horas) e o 6,13 e 20 de marzo (17:00 a 21:00 horas). A data límite para a entrega do proxecto será o 22 de abril de 2024. A inscrición pode realizarse a través de FProfe. Tódalas dúbidas serán consultadas pola asesora Marta Arias López no seguinte enderezo electrónico: cfr.lugo.linguisticosocial@edu.xunta.gal

 

Relatores 

María Cristina Casal Pena

Octavio Augusto Susacasa Noval

Ana Fátima Gómez Suárez

 

Obxectivos

1. Coñecer as características do TDAH.

2. Adquirir estratexias metodolóxicas e de autorregulación da conduta así como das distintas técnicas, medidas e recursos que favorecen a atención educativa do alumnado con TDAH.

3. Experimentar na aula propostas metodolóxicas e recursos que melloren a resposta educativa e a inclusión do alumnado con TDAH.

 

Contidos

1. Características do TDAH. Estratexias metodolóxicas, de autorregulación emocional e manexo da conduta.

2. Medidas e recursos que favorecen a atención ao alumnado con TDAH. Organización de espazos e tempos. Adaptación de probas de avaliación.

3. Metodoloxías inclusivas. Experiencias prácticas.

tdah