Gallego

G2101081 - O ensino semipresencial de linguas e mediación nas escolas oficiais de idiomas

Summary: 

O ensino semipresencial de linguas e mediación nas escolas oficiais de idiomas
Gallego

Nesta actividade de formación, o profesorado das EEOOII poderá coñecer e utilizar diferentes recursos e dispositivos, dinámicas e metodoloxías para optimizar o ensino semipresencial de idiomas dirixido a persoas adultas nas escolas oficiais de idiomas. Por unha banda, aprenderá a monitorizar a aprendizaxe do alumnado, crear unha aula virtual, dinamizar os foros de interacción e promover actividades de carácter grupal e colaborativo que axuden a formar axentes sociais autónomos/as. Por outra banda, empregarase a observación, a innovación e a retroalimentación como complementos activos no proceso de revisión, corrección e avaliación de actividades lingüísticas.

Este curso terá unha serie de sesións presenciais (tres delas en Santiago de Compostela e dúas delas mediante videoconferencia), así como unha parte de traballo individual para os/as participantes. Para máis información pódese consultar o cartel da actividade, así como o código G2101081 en Fprofe.

Ensino semipresencial

Proba de nivel cursos CALC (inglés)

Summary: 

Terá lugar o día 20 de setembro de 2021, de 18.00-20.00 no CFR de A Coruña.
Gallego

As persoas que desexen facer a proba de nivel para participar en cursos CALC poderán facer unha Proba de Nivel previa á participación en cursos CALC.

Esta proba terá lugar o día 20 de setembro de 2021, de 18.00-20.00 no CFR de A Coruña.

Para poder realizar esta proba os interesados deberán inscribirse en FPROFE na actividade C2102029 Proba de nivel para participar en cursos CALC.

O resultado desta proba indicará o nivel no que se pode inscribir o/a participante.

 

Máis información en https://www.edu.xunta.gal/centros/cfrcoruna/aulavirtual/course/view.php?id=759

Proba de nivel CALC 2021
Proba de nivel CALC 2021

Cursos CALC

Summary: 

Inscrición nos cursos CALC.
Gallego

Ábrese o prazo para a inscrición nos cursos CALC. Para acceder a un curso CALC é necesario posuír o certificado/título que xustifique o nivel de lingua inmediatamente anterior, segundo a escala de niveis do MCERL (A1-A2-B1-B2-C1-C2).

O prazo de inscrición nestes cursos remata o 15 de setembro de 2021.

 

Información sobre os cursos CALC: https://www.edu.xunta.gal/centros/cfrcoruna/aulavirtual/course/view.php?id=759

Cursos CALC
Cursos CALC

Guías para a formación do profesorado

Summary: 

Guías para axudar na procura e xestión das actividades de formación do profesorado organizadas polo CFR de A Coruña
Gallego

Ponse a disposición do profesorado unha serie de guías encamiñadas a facilitar a xestión das actividades de formación do profesorado organizadas polo CFR de A Coruña ou para axudar na procura de actividades ofertadas na rede de formación.  

LIGAZÓN ás guías (acceso aberto):

https://www.edu.xunta.gal/centros/cfrcoruna/aulavirtual/course/view.php?id=1968

Guías para a formación do profesorado
Guías para a formación do profesorado

Webinario "Facer eTwinning en EOI"

Summary: 

Webinario de formación dirixido a profesorado de EOI
Gallego

O 28 de abril tivo lugar o 5º webinario de formación do proxecto Erasmus+ SBLENDID, que une ao CAFI e ás Escolas Oficiais de Idiomas galegas nun consorcio para abordar os retos do ensino semipresencial. Esta sesión, impartida por Carmen Fernández, coordinadora do proxecto na EOI Coruña e experta en eTwinning, centrouse en como abordar este tipo de proxectos no ensino de persoas adultas en EOI.

O webinario pode visualizarse na seguinte ligazón e tamén pode accederse á presentación compartida nestoutro acceso.

A última actividade do presente curso académico 2020/21 será unha xornada de difusión que terá lugar o día 6 de maio ás 11:00 da mañá onde as persoas participantes na segunda mobilidade do proxecto compartirán as súas aprendizaxes. Esa mobilidade, de carácter virtual, foi o curso "Pedagogos dixitais", impartido por Europass Teacher Academy e achegounos a varios aspectos esenciais do ensino semipresencial: as estratexias de apoio social e emocional, o traballo colaborativo en espazos virtuais, a creación de recursos interactivos e a avaliación nesta modalidade. De estares interesado/a en asistir, pregámosche que te inscribas na seguinte ligazón.

 

informacion_webinario_carmen_fernandez

Nova zona de formación aberta na aula virtual do CFR da Coruña

Summary: 

Sección que contará cunha serie de cursos en formato aberto para o profesorado galego.
Gallego

Creouse unha zona de formación aberta no CFR da Coruña.

Nesta sección ponse á disposición do profesorado galego unha serie de cursos en formato aberto. 

Estes cursos, que inclúen só a parte teórica, pretenden servir de guía e non poderán ser entendidos como actividades formativas certificables nin terán o habitual soporte de titorización co que contan os cursos titorizados tanto en Platega como nos CFR da Rede de formación.

A día de hoxe contamos con dúas actividades de ferramentas institucionais:

·         Actualización de ferramentas tecnolóxicas para docentes

·         Aproveitamento didáctico de ferramentas institucionais para o ensino mixto

Para poder acceder aos cursos debe ser vostede unha persoa usuaria da aula virtual do CFR, si non o é, pode crear o seu usuario segundo as instrucións indicadas na propia aula virtual.

Unha vez que sexa usuario, ten a chave de automatriculación no acceso de cada curso.

Formación aberta
Formación aberta

Atrévete a pescudar con elas!

Summary: 

Unha iniciativa da USC
Gallego

A Unidade de Divulgación Científica e Cultural da Universidade da Coruña quere celebrar e compartir convosco o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. 

Con este propósito realizaron dous audiovisuais, un dirixido a escolares de educación primaria (que podedes consultar nesta ligazón) e outro dirixido a escolares de educación secundaria (que podedes consultar nesta ligazón). Neles participaron investigadoras da USC para dar a coñecer dun xeito sinxelo e próximo a súa traxectoria científica e vital e, ademais dos seus logros profesionais, relatan anécdotas co obxecto de incentivar a curiosidade pola profesión investigadora e científica.  

Podedes participar nesta iniciativa visualizando os audiovisuais e logo gravando un pequeno vídeo preguntándolles o que queirades ás nosas científicas. Tedes ata o 31 de marzo de 2021 para vos gravar e mandar os vosos vídeos a través dunha ligazón facilitada por qr nos própios audiovisuais.  

Animádevos, xa que entre os participantes realizarase un sorteo para visitar algún dos centros do Parque Tecnolóxico da nosa universidade, poderedes ver o lugar de traballo das nosas científicas! 

muller e ciencia
muller e ciencia

Próximo inicio dos cursos de contidos dixitais

Summary: 

Cursos que complementan os xa feitos no primeiro trimestre
Gallego

Nas vindeiras semanas darán comenzo os cursos de contidos dixitais:

  • Creación de contidos dixitais para a aula virtual
  • Ferramentas de avaliación na aula virtual
  • Ferramentas para a colaboración e interacción na aula virtual
  • Enriquecemento audiovisual para a aula virtual

Estes cursos pretenden dar continuidade aos xa realizados no primeiro trimestre do curso, incidindo e ampliando os contidos máis interesantes e útiles.

Se hai un número suficiente de docentes dun centro concreto, poderase facer especificamente para ese centro, do contrario, o profesorado interesado integrariase nun curso con profesorado doutros centros.

O prazo límite de inscrición é o 12 de febreiro.

contidos dixitais
contenidos digitales

Boletín de recursos do CFR da Coruña

Summary: 

Publicado un novo exemplar do “Boletín de recursos do CFR da Coruña”.
Gallego

O CFR de A Coruña ven de publicar un novo exemplar do seu “Boletín de recursos do CFR da Coruña”.

Remitimos aos centros educativos, neste momento o primeiro número dos dous que se publicarán neste curso escolar 2020/21. Número, este,  que inclúe recensións actualizadas, funcionais e prácticas.

O comentario de texto, tanto en formato dixital como impreso, e unha ampla e seleccionada escolma de temática diversa que esmiúza, de xeito didáctico, o mundo educativo; é un exemplo sobre o que poderá reflexionar e/ou debater en claustro, ou ben de forma personalizada.

Estas lecturas son unha ferramenta moi interesante para profundar no debate sobre o tipo de escola que estamos a deseñar, e a escola do futuro inmediato.

Nos seguintes número desexaríamos poder contar coa colaboración de todo aquel persoal docente que teña interese e se anime.

boletín CFR
boletín CFR

Cursos CALC

Summary: 

Inscrición nos cursos CALC.
Gallego

Ábrese o prazo para a inscrición nos cursos CALC. Para acceder a un curso CALC é necesario posuír o certificado/título que xustifique o nivel de lingua inmediatamente anterior, segundo a escala de niveis do MCERL (A1-A2-B1-B2-C1-C2).

O prazo de inscrición nestes cursos remata o 13 de outubro de 2020.

 

Información sobre os cursos CALC: https://www.edu.xunta.gal/centros/cfrcoruna/aulavirtual/course/view.php?id=759

cursos CALC
cursos CALC