Cursos Calc

Información importante para quen dexese participar nos cursos CALC.
Xov, 03/09/2015 - 12:14
CALC 2015

Información para os que desexen participar nos cursos CALC.

  • É conveniente verificar os días e horas de celebración do curso a través da ficha da actividade en FPROFE: pestana Consulta/Inscrición - Consultar ou Inscribirse.

  • A adxudicación das prazas nos cursos CALC realizaráse conforme aos criterios de selección que figuran nas fichas de cada actividade.

  • Para poder participar nun curso CALC é necesario acreditar que se posúe o nivel de lingua inmediatamente anterior (por exemplo, ter o A2 para participar nun curso B1).

  • A acreditación de nivel de lingua solicitaráse ás persoas que resulten finalmente admitidas nos distintos cursos.

  • Aquelas persoas que cursaron e superaron o Bacharelato con inglés como primeira lingua poden acceder a participar nun curso CALC de nivel B1. Deberán acreditar esta situación coas calificacións do Bacharelato ou con certificación do centro onde cursou o Bacharelato.

  • Para as persoas que non poden acreditar o seu nivel real de lingua con titulacións, poden facer a proba de nivel. Ésta terá lugar o día 8 de setembro de 2015 no CFR da Coruña, de 11.00 a 12.00. En función do resultado acadado nesta proba poderáse acceder a un curso CALC de nivel B1 ou B2. Esta proba non é obrigatoria, e non conleva adxudicación de praza nun curso CALC.

  • Aqueles que desexen facer a proba de nivel, deberán inscribirse a través do FPROFE na actividade C1502008.

 

A Coruña, 2 de setembro de 2015.

Asesoría de Linguas Estranxeiras