Profesional, Reunións, Permisos e licenzas

Documentos COVID - IES San Rosendo 2020-21

Dacordo aos Protocolos e Instrucións conxuntas da Consellería de Sanidade e da Consellería de Educación e Formación Profesional, debido á situación actual de pandemia provocada pola COVID 19, presentamos os seguintes documentos desde o noso centro:

DECLARACIÓN RESPONSABLE (COMPROMISO COVID 19 POR  PARTE DAS FAMILIAS)

A profesora Ana Belén López Pérez estuda a organización do sistema educativo británico

A profesora de inglés do IES San Rosendo, Ana Belén López Pérez, está a realizar unha estancia profesional de dúas semanas no Christopher Whitehead Language College en Worcester (Inglaterra) coa finalidade de estudar a organización e o sistema educativo inglés. Esta estancia atópase enmarcada no programa de formación permanente do profesorado diseñado polo Ministerio de Educación, en colaboración coas Comunidades Autónomas, que ten entre os seus obxectivos favorecer a movilidade internacional dos docentes.

Aprendendo do sistema educativo do Canadá

A profesora do IES San Rosendo Ana Belén López Pérez, a través do Programa PIALE da Xunta de Galicia, está no Canadá para estudar o seu sistema educativo.

A súa experiencia pódese seguir no blog:  https://anaottawapiale2017.blogspot.ca/

Aberto o prazo para solicitar revisión médica anual

 

Mediante Resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, do 14 de setembro de 2017, autorízase a difusión da campaña de vixilancia periódica da saúde para o persoal docente e non docente destinado en centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

É aplicable ao persoal docente e  non docente (funcionario e laboral) en activo, que presta servizos nos centros docentes públicos non universitarios, dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

A inscrición ten carácter voluntario, polo que se realizará previa solicitude das persoas interesadas conforme as instrucións deste procedemento enviadas aos distintos centros de traballo. As persoas responsables dos distintos centros de traballo facilitarán a información necesaria para a inscrición dos traballadores e das traballadoras.

 A dita inscrición realizarase de forma telemática no formulario de petición de recoñecemento que está dispoñible na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no seguinte enlace: https://revisionmedicaeducacion.xunta.gal

  • A solicitude de inscrición debe incluír todos os datos que figuren no formulario. A falta dalgún deles impedirá a súa tramitación.
  • Toda inscrición xerará un xustificante de consentimento que se deberá presentar o día concertado para realizar a vixilancia da saúde.
  • O prazo de inscrición será de vinte (20) días naturais a partir do día seguinte ao da difusión desta campaña na páxina web oficial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Distribuir contido