Escolares, 1º ESO, 2º ESO, 3º ESO, 4º ESO, 1º BAC, 2º BAC, Ed. física, Idioma estranxeiro

Excursión a Andorra - Xaneiro 2023

   

Non ben acabadas as vacacións de Nadal, un grupo de alumnado de 1º BAC desprazouse a Andorra cos profesores Diego González e Iván González, onde puido gozar non só das pistas de esquí de Ordino, senón tamén das visitas a outras instalacións.

Agardamos, sobre todo que aprendérades moito desta experiencia e gardedes un bo recordo desta viaxe. A pesar do susto do traspés de Héctor, que agardamos se recupere o máis axiña posible.

Programa Naturézate 2018. Plan Proxecta

 PLAN PROXECTA: PROGRAMA NATURÉZATE

 
O departamento de Ciencias Naturais do IES San Rosendo participou este ano tamén dentro do Plan Proxecta no seu Programa Naturézate con varias actividades.

 

 

Entre elas estivo "Voando no inverno", na que o alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 4º ESO e 1º de Bacharelato realizou un roteiro ornitolóxico

pola costa de Ribadeo (ZEC As Catedrais) e a Ría de Ribadeo (humidal protexido e zona RAMSAR).

                                               

 
Con binoculares, telescopios terrestres e guías de campo, durante a mañá e parte da tarde do 17 de xaneiro puidéronse observar numerosas especies de aves

acuáticas, moitas delas invernantes: patos rabudos, asubiadores, cercetas, mazaricos reais, águias peixeiras, cullereiros, pilros, corvos mariños...

                                                                 

 
O alumnado deseñou un folleto informativo antes do roteiro para coñecer as principais especies, e tamén unha páxina web con información sobre algunhas

das aves invernantes que se poden observar na zona. Os estudantes enviaron os datos dos seus avistamentos a través da plataforma internacional eBird.

Proxecto Ríos 2018

Como en cursos anteriores o IES San Rosendo participou no Proxecto Ríos, programa para o estudo do estado ecolóxico dos ríos organizado pola asociación ecoloxista ADEGA, e que se atopa dentro do Plan Proxecta.

Nesta ocasión tocoulle ao alumnado de 2º e 3º PMAR e aos de Ciencias aplicadas de 4º da ESO ser os inspectores. Coma sempre o río estudado foi o Valiñadares en 2 puntos próximos a Mondoñedo.

Na campaña de outono visitamos o punto da Pousada e o da ponte do Pasatempo, e en maio decidimos cambiar a ponte do Pasatempo por un punto situado augas arriba, coa intención de estudar un punto con menor impacto, e un mellor bosque de ribeira.

Os resultados están sendo analizados polo alumnado de ciencias aplicadas que en breve teñen que entregar os seus informes onde aportaran datos hidromorfolóxicos, de parámetros físico químicos, así como utilizaran o bosque de ribeira e o estudo de macroinvertebrados para a aplicación de bioíndices que nos mostren a calidade das augas do Valiñadares.

 

Matemáticas na Raia 2018

O pasado xoves 19 de abril o alumnado de 3º ESO participou no concurso "Matemáticas na Raia".

 Matemáticas na Raia é un concurso anual de resolución de problemas por equipos que se desenvolve en Galicia e no Norte de Portugal organizado conxuntamente pola Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) e a Asociación de Profesores de Matemáticas de Portugal (APM). Está pensado para alumnado de3º ESO en Galicia e 9º Grao en Portugal.

 A proba consistiu en resolver, en hora e media, cinco problemas por equipos de clase completa, como podemos ver nas fotos.

 

Desde o departamento de matemáticas queremos agradecervos a vosa paixón e esforzo demostrados durante a realización da proba. Agardamos que sigades no día a día coa mesma ilusión que nos transmitistes cara afóra aos organizadores. Sexa cal sexa o resultado, entre todos logramos o obxectivo principal: disfrutar das matemáticas colaborando en equipo. Seguro que tamén quedaron detalles que mellorar, pero iso quedará para outras ocasións, para as cales vos animamos a seguir participando.

 

Programa Fitofaladoiro

 

PROGRAMA FITOFALADOIRO

 

Este curso participamos por segunda vez no proxecto Fitofaladoiro, incluído no Plan Proxecta. O alumnado de 1º de ESO e algúns voluntarios/as de 4º de ESO recolleron mostras de plantas, que prensaron para a súa conservación, e entrevistaron a familiares e veciños para coñecer os seus nomes locais e os seus usos tradicionais.

 

A través da seguinte ligazón podedes acceder á información recollida durante estes dous cursos:

https://goo.gl/EtiSxW

 

Proxecto Ríos

 

PROXECTO RÍOS 

O alumnado de 3º PMAR, Ciencias Aplicadas de 4º  de ESO e Bioloxía e Xeoloxía de 1º de Bacharelato participou este curso no proxecto Ríos, incluído dentro do plan Proxecta. Fixéronse dúas inspeccións no río Valiñadares, unha en decembro e outra en xuño. A análise das súas augas deu como resultado un estado moi bo. 

Estes datos empregaranse para elaborar un informe anual sobre o estado dos ríos de Galicia.

Distribuir contido