O proxecto "Rede de bosques comestibles: unha nova xestión do espazo forestal fronte ao cambio climático", liderado polo IES San Rosendo, foi premiado na convocatoria 2021 dos premios de innovación da FP.
Enviado por Admin o Xov, 25/03/2021 - 10:01Probas libres para a obtención do título de graduado en ESO
Enviado por Admin o Ven, 12/02/2021 - 08:18Titorial para a utilización do servicio de videoconferencia Webex por parte do alumnado e as familias
Enviado por Admin o Xov, 22/10/2020 - 13:42AVISO. Normas COVID 19 para a recollida do alumnado
Enviado por Admin o Mar, 06/10/2020 - 09:421.- Non se permitirá a entrada a persoas alleas ao centro durante o período de lecer nin nos cambios de clase. Deberán manter as distancias, levar mascarilla e desinfectarse con xel hidroalcohólico.
2.- Os proxenitores ou persoas autorizadas poderán recoller ao alumnado asinando no libro-rexistro, pero non durante o recreo nin nos cambios de clase, nin coincidindo coa saída a última hora.
3.- Os proxenitores que desexen recoller aos seus fillos/as á saída do centro, e non facer uso do transporte nin do comedor, deberán traer autorización asinada o día anterior. De non ser así, o alumno/a fará uso do trasporte como lle corresponde.
4.- De ser necesario vir recoller ao alumnado para citas médicas, etc.. e volver traelo, dita recollida e entrega farase de xeito que non coincida cos cambios de clase nin co recreo. De coincidir, deberán esperar fora do recinto.
Información sobre a COVID 19
Enviado por Admin o Mar, 22/09/2020 - 05:33That's English
Enviado por Admin o Lun, 05/09/2022 - 06:17That’s English
(Certificación da Escola Oficial de Idiomas)
Matricúlate no IES San Rosendo (Mondoñedo) do 6 de setembro ao 31 de outubro de 2022
As clases/titorías impartiranse unha vez á semana.
Infórmate no IES San Rosendo (tfno. 982 870539)
ou en www.thatsenglish.com
COMEZO DAS CLASES A PARTIR DO 8 DE SETEMBRO
Vales de material
Enviado por jcarlosgb o Mar, 26/07/2022 - 06:21Están dispoñibles os VALES para adquirir MATERIAL ESCOLAR para o vindeiro curso 2022-2023. O alumnado solicitante de axudas para adquirir material escolar que se matriculou no periodo ordinario (xuño-xullo) e devolveu todos os libros que tiña en préstamo do curso 2021-2022 pode recoller os vales na conserxería do centro de 9:30 a 14:30 horas.
Premiados proxectos empresariais dos alumnos de Ciclos Formativos do IES San Rosendo
Enviado por Admin o Mar, 27/04/2021 - 07:45A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional fixo entrega dos premios do concurso Lanzadeiras!, enmarcado no programa Eduemprende, que durante o presente curso involucrou a 1.442 alumnos e 171 profesores de doce centros educativos de secundaria da provincia de Lugo.
O terceiro premio foi para os alumnos do IES San Rosendo de Mondoñedo de primeiro curso do ciclo formativo de grao medio de Xardinaría e Floraría e do ciclo formativo de grao superior de Xestión Forestal e do Medio Natural, cunha miniempresa dedicada á venda de plantas aromáticas, de produtos obtidos delas con fins biosaudables, culinarios ou cosméticos, e de fragrancias e fitosanitarios.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- seguinte ›
- última »