Curso 2023/24

Visita da nosa compañeira Ritu (Finlandia)

19.10.2023

 

Esta semana veu de visita ao centro a nosa excompañeira Ritu Alasmaki, a profesora finlandesa que no curso 2022-2023 estivo desenvolvendo un proxecto Erasmus de colaboración docente co Departamento de de Matemáticas do IES Río Cabe. Nesta ocasión acompañou ás profesoras Carmen Morais e Emilio Sotelo nunha das súas clases para saúdar ao alumnado de 1º e 2º Bacharelato. 

Grazas por vir e ata a próxima, Ritu!

 

3º ESO PDC - 4º ESO PDC - Paintball de Sober

11.10.2023

 

O 11 de outubro o alumnado de 3º ESO PDC e o alumnado de 4º ESO PDC acompañados das súas profesoras Carmen Quiroga e Rocío López participaron nunha actividade organizada polo equipo de Benestar Emocional do IES Río Cabe.

Tratouse dunha xornada de convivencia que se desenvolveu nas instalacións de AVENTURA SACRA en Sober, durante a cal o alumnado practicou o Paintball poñendo de manifesto a importancia que ten a colaboración e traballo en equipo no deseño e posta en práctica das estratexias de cada un dos equipos.

Resultou ser unha xornada ben proveitosa na que desfrutaron ao máximo desta experiencia.

E... xa esperando pola seguinte!

Pica AQUÍ para ver a galería de fotos.

 

4º ESO. Proxecto Ríos

11.10.2023

O mércores 11 de outubro, o alumnado de 4º ESO acudiu ás inmediacións do río Cabe para realizar a primeira inspeccións fluvial (a de outono) acompañados dos seus profesores, Jose Manuel Gil, Raquel Seoane e María Padrón

O Proxecto Ríos é unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadana en defensa dos ríos galegos. Este proxecto, promovido por ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza), consiste na realización de inspeccións (dúas inspeccións, unha en outono e outra en primaveira) do estado dos ríos galegos por parte de personas ou grupos voluntarios a nivel local, co obxetivo final de facerse responsables da vixiancia (adopción) do río que pasa polo seu municipio ou localidad. A participación neste proxecto Ríos, tanto a nivel privado como de diferentes entidadesse concreta en dos inspecciones fluviales anuales, una en primavera y otra en otoño. O noso centro participa dende hai varios anos neste proxecto, baixo a supervisón dos Departamentos de Bioloxía e Física, co propósito de axudar na conservación dos ríos, dende a concienciación

A inspección consistiu no análise das características biolóxicas, físicoquímicas, hidromorfolóxicas e patrimonniais do ecosistema fluvial. Para realizar o seu traballo o alumando (organizado en grupos de cinco) foi dotado de todo o material de investigación necesario, dende pinzas, lupas, cintas métircas, ata redes e incluso vadeadores de pesca, xa que para obter algunhas das mostra a estudar (macroinvertebrados) tiñan que adentrarse no río. Estas saídas teñen moi boa acollida por parte do noso alumnado, xa que lles permite converterse en verdadeiros investigadores, utilizando a súa contorna máis próxima como aula improvisada.

Voltaremos!

 Pica AQUÍ para ver a galería de fotos.

2º ESO e 3º ESO. Abraham Cupeiro "Resoando no pasado"

11.10.2023

O 11 de outubro tivemos a sorte de contar no noso centro educativo con Abraham Cupeiro (Sarria, 1980). Dentro da actividade "Resoando no pasado", o músico mostrou toda unha colección de instrumentos celtas, persas, romanos, chineses... ata a actualidade. Mesturando historia e música, Abraham cautivou a todo o público da man dos instrumentos, algúns con máis de 2000 anos de antigüidade, e da súa voz.

A actividade tivo grande acollida entre o alumnado que non parou de facerlle preguntas intrigado por todo o que estaba a ver.

Dende o IES Río Cabe desexámoslle moitos éxitos e agardamos velo de novo. 

Pica AQUÍ para visualizar a galería de fotos da actividade.

 

 

2º Bacharelato e exalumnado. Final certame financieiro - Sevilla outubro 2023

O 2 de outubro de 2023 o noso alumno de 2º Bacharelato Alexandre Maceda Fernández,  e as nosas antigas alumnas Sara Rodríguez Rodríguez, Miguel Vega López, Sara Rodríguez Traveso e Saleta Losada Cuervo, xunto co seu profesor de Economía Emilio López Mariño, resultaron gañadores do Concurso Financieiro celebrado en Sevilla. Deixámosvos aquí o vídeo. Moitos parabéns e a seguir colleitando éxitos.

 

3º ESO e 4º ESO. VI Andaina Escolar polo Camiño de Inverno

06.10.2023

Un ano máis o IES Río Cabe participa na Andaina Escolar polo Camiño de Inverno, este ano 2023 coa súa sexta edición acudiu o alumnado de 3º ESO e 4º ESO acompañado das docentes Javier Barros, Nerea Iglesias, Nuria Mariño, Raquel Seoane e Emilio Sotelo. Xunto cos demais centros da comarca, saíron dende Cereixa para percorrer varios quilómetros por parte deste entorno tan marabilloso como é o Camiño ata chegar a Monforte de Lemos.

Foi unha mañá ben entretida entre compañeiras e compañeiros, docentes e natureza; incluso fixeron unha bandeira con todos os panos!

A actividade rematou no "cadrado" de Monforte de Lemos xunto cos outros centros educativos.

Para o ano máis!

 

 

1º Bacharelato. Xantar de benvida no Club Fluvial de Monforte de Lemos - Alumnado e profesorado

Como levamos facendo estes anos, o IES Río Cabe quere darlle o recibimento ao alumnado de 1º Bacharelato que, ou ben se incorpora de novo, ou ben continúa no centro, cun xantar de benvida. Para iso, alumnado e profesorado xantaron todos xuntos o 5 de outubro no Club Fluvial onde aproveitaron para coñecerse e intercambiar experiencias destas primeiras semanas de curso.

Agardamos que fose do seu agrado!

 

4º ESO e 1º Bacharelato. Visualización da película Oppenheimer nos Multicines Hollywood (Monforte de Lemos)

05.10.2023

 

O alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato acudiu o día 5 de outubro aos Multicines Hollywood de Monforte de Lemos xunto coas docentes Maite Carreira, Anuncia López, Pilar López, Nuria Mariño e Ana Otero para ver a película Oppenheimer (o pai da bomba atómica) Logo de varias explicacións na clase de Historia o alumnado puido asimilar os contidos a través da película.

Posteriormente, e aproveitando o día solleiro, alumnado e profesorado acompañante dirixíronse ao Parque dos Condes para realizar unha reflexión conxunta sobre o filme. De seguro aprenderon unha chea de cousas moi interesantes sobre ese momento da historia!

 

   

 

CS Guía, información e asistencia turísticas. Visita territorio do Xeoparque do Courel

O alumnado do CS Guía, información e asistencia turísticas acompañado da súa docente Sol Gonzálezcomezamos as saídas do curso 2023/24 cun percorrido o 19 de setembro por parte do territorio do Xeoparque do Courel; visitamos Montefurado, o CIMAR e a igrexa de San Salvador de O Hospital. 

En Montefurado vimos a aldea, o túnel perforado polos romanos para aproveitar o ouro que traía o río Sil e a igrexa barroca de San Miguel.  Visita, esta última, guiada por Marisol Tomé -exalumna do Ciclo e guía oficial-. 

Roberto Castro, tenente de alcalde do Concello de Ribas de Sil, foi o encargado de mostrarnos o último museo do Xeoparque Mundial da Unesco “Montañas do Courel”, o CIMAR -Centro de Interpretación da Minería Aurífera Romana-. 

Rematamos a saída coa visita guiada a unha igrexa que estivo ligada ao hospital medieval de pobres e peregrinos fundado pola Orde de San Xoán de Xerusalén na zona,San Salvador de Hospital. De novo foi Marisol Tomé, con gran profesionalidade,  a responsable de mostrarnos o edificio e algunas pezas de destacado interese como o retablo maior barroco, a pía bautismal,  a escultura de San Bartolomé Vello,…

 

 

4º ESO, 1º Bacharelato e 2º Bacharelato. Visita exposición Out of Wonderland Espazo+60

O venres 29 de setembro o alumnado de 4º ESO, 1º Bacharelato e 2º Bacharelato que cursa a materia de Educación Plástica e Visual, Debuxo Artístico e Historia da Arte, respectivamente, acompañados das súas docentes Cristina Ouro e Fina Vázquez, realizaron unha visita á exposición Out of Wonderland que acolleu o Espazo+60 en Monforte de Lemos.

O alumnado puido gozar da dita exposición e incluso tivo a sorte que un dos autores sorteou unha lámina entre eles. De seguro que o alumno ao que lle tocou a gardará con moito agarimo.

Foron dúas horas onde o alumnado se encheu de grandes coñecementos que ller servirán para desenvolver nas diferentes materias coas que visitaban a exposición.

 

                                   

Distribuir contido