Curso 2023/24

Todos os cursos. Decoración de portas Nadal

21.12.2023

 

Álbum: Escolares -> 2023_12_21_1ª AVA_Todos os cursos_Decoración portas Nadal

4º ESO. Economía. Entrevista a Gonzalo Losal de Calzados Losal. De 0 a 100 A Voz de Galicia

20.12.2023

 

O mércores 20 de decembro de 2023 o programa "De 0 a 100" do xornal A Voz de Galicia en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades escolleu o noso centro para facerlle unha entrevista ao exalumno do IES Río Cabe Gonzalo Losal de Calzados Losal. Iago (director do programa "Atrápame se podes" da CRTVG) foi o encargado de guiar a entrevista onde o noso alumnado de 4º ESO da materia de Economía (impartida polo profesor Emilio López) puido coñecer de primeira man a experiecia deste empresario monfortino. 

Gonzalo contounos como a empresa Calzados Losal de Monforte de Lemos deu os seus primeiros pasos ata chegar aos nosos días e celebrar no 2024 os 125 anos. 

O seu tataravó estivo na guerra de Cuba e alí dedicouse a arranxar zapatos, unha vez de volta na terra el e os seus 11 fillos comezorn a fabricación de zapatos nas terras de Lemos. Anos despois, Gonzalo, logo de estudar Comercio Internacional e estar sempre en contacto co mundo da produción de zapatos, toma o liderado da empresa. Tal e como nos explicou, a produción anual é de 13000 pares de zapatos e só tivo un parón durante a pandemia, momento no cal se dedicaron a fabricar máscaras para proterxenos da Covid19. 

Os seus zapatos están por toda Galicia, España e parte do estranxeiro. Persoeiros como Nicolás Sarkozy ou Florentino Pérez visten os seus pés con zapatos Losal.

Os materias empregados na fabricación dos seus zapatos proveñen de España e Europa (Italia, Alemaña e Francia fundamentalmente) e busca sempre a calidade. El mesmo nos indicou que a fabricación dun zapato pode levar entre 3 e 4 semanas.

A curto prazo queren aumentar a produción, ben é certo que as vendas en tenda física non superan as vendas por Internet, aínda que aí teñen unha ventá ao mundo moi importante. A longo prazo o seu desexo é poder vender internacionalmente e a longo prazo. O seu ránking de ventas fóra de Galicia encabézano Reino Unido, a República Checa, Estados Unidos e Canadá e vanse facendo oco na China.

Gonzalo explicoulle ao alumnado que a súa empresa está presente en varias feiras internacionais como a que se realiza en Milán ou en Düsseldorf, feito que lles abre moitas portas comenrciais. 

O alumnado de 4º ESO da materia de Economía fíxolle moitas e moi interesantes preguntas que o empresario respondeu moi amablemente. 

Dende o IES Río Cabe desexámoslle a Gonzalo e a Calzados Losal o mellor e que continúe levando marca galega por todos os recunchos do planeta.

 

 

 

Álbum: Escolares -> 2023_12_20_1ª AVA_4º ESO_Economía_A Voz de Galicia entrevista a Gonzalo Losal_Calzados Losal

1º Bacharelato + ESA Bacharelato de Adultos + CS Guía, información e asistencia turísticas. Expo. INCIBE.Monforte de Lemos

14.12.2023

15.12.2023

 

O 15 de decembro os alumnos e alumnas de 1º Bacharelato de TIC acompañados polos docentes Javier Barros e Mª Fe Tellado e o 14 de decembro os alumnado de Bacharelato de adultos xunto co alumnado do Ciclo de Guia e Información turísticas acompañados polas profesoras Mª Soledad González e Mª Fe Tellado participamos nas actividades organizadas polo INCIBE (Intituto Nacional de Ciberseguridade) que se desprazou ata Monforte co seu roadshow.

Alumnado e profesorado desfrutamos e aprendemos sobre a importancia de manter a nosa privacidade na rede, como crear contas de correo electrónico máis seguras, os pasos a seguir para verificar os enlaces que recibimos, evitar fraudes, etc.

Practicamos o aprendido e coñecemos máis acerca do INCIBE participando nun escape room, nun taller de ciberseguridade e xogando un rato na zona de gamificación.

Foi unha actividade moi entretida e divertida.

 

 

Álbum: Escolares -> 2023_12_14_15_1ª AVA_1º BACH + ESA Bacharelato de Adultos + CS Guía, información e asistencia turísticas. Expo. INCIBE. Monforte de Lemos

1º Bacharelato e 2º Bacharelato. Relatorio do exalumno Adrián Otero Vila

11.12.2023

 

O 11 de decembro recibimos no IES Río Cabe a Adrián Otero, antigo alumno e fillo da nosa excompañeira María Xesús Vila, acompañado da súa parella Rachel, Adrián explicoulle ao alumnado de 1º Bacharelato e 2º Bacharelato a súa experiencia estudantil e laboral. Adrián estudou Enxeñería Informática e traballo en varias empresas como informático e programador, entre elas INDITEX mais, tal e como explicou, non era un traballo que o apaixoase e por iso decidiu deixalo todo e dedicarse de cheo á fotografía, a súa gran paixón e a que converteu no seu traballo. Viaxa polo mundo captando as mellores paisaxes e mostrando o seu traballo nas redes sociais e na súa páxina web www.aows.co 

Alumnado e profesorado gozaron escoitándoo e facéndolle múltiples e interesantes preguntas a Adrián.

Desexámoslle moita sorte e agradecemos o seu paso polo noso centro educativo, sempre é un pracer recibir a exalumnado e que nos conten a súa experiencia anos despois de saír da que tamén foi a súa casa, o IES Río Cabe.

 

Álbum: Escolares -> 2023_12_11_1ª AVA_1º BACH_2º BACH_Relatorio exalumno Adrián Otero Vila

Todos os cursos. Decoración de Nadal

11.12.2023

 

No IES Río Cabe xa estamos cos preparativos e coa decoración do Nadal, por iso, o noso alumnado estivo colocando na entrada do centro a árbore de Nadal cos seus adornos feitos polo alumnado e profesorado do instituto.

A comunidade educativa do IES Río Cabe deséxavos Bo Nadal!

 

 

1º Bacharelato. BioXeo e F&Q. MUNCYT e Casa das Ciencias. A Coruña

05.12.2023

 

 O alumando de 1º Bacharelato ven de participar nunha actividade organizada polos departamentos de Física e Química e Bioloxía e Xeoloxía, que se desenvolveu o pasado martes día 5 de decembro na cidada da Coruña.

 

A xornada comezou cunha visita á Casa das Ciencias para continuar cunha interesante experiencia no MUNCYT (Museo de Ciencia e Tecnoloxía) onde o alumnado tivo a oportunidade de participar nun obradoiro de electricidade e electrónica. Resultou unha xornada de convivencia moi interesante!

 

Queremos destacar de xeito moi positivo a felicitación por parte dos responsables dos museos visitados polo bo comportamento e actitude do alumnado durante o desenvolvemento das actividades.

 

            

Álbum: Escolares -> 2023_12_05_1ª AVA_1º BACH_MUNCYT_Casa das Ciencias_BioXeo_F&Q

4º ESO. Rifas sorteo de 8 cestas con produtos variados

O alumnado de 4º ESO xa está inmerso na recadación de fondos para a súa excursión de Fin de Curso.  Para iso, elaboraron oito cestas con produtos doados polos comercios de Monforte de Lemos. Se che gustaría ser o/a afortunado/a de levar unha delas, só terás que mercar rifas (como as que aparecen na imaxe) ao alumnado de 4º ESO do IES Río Cabe.

Queremos agradecer a ANPA a súa colaboración no pagamento íntegro das rifas a todo o alumnado deste curso.

Moita sorte a todas e a todos!

O sorteo realizarase o 15 de xaneiro de 2024 na entrada do IES Río Cabe e publicaranse os números gañadores e a cesta asociada a cada níumero na web e nun cartel informativo na porta do IES. No ca so de non aparecer os gañadores/as repetiríase o sorteo o 1 de febreiro de 2024.

 

 

Tamén queremos dar as grazas a todos os comercios que achegaron os seus produtos para que se puidesen elaborar as cestas. Os comercios de Monforte de Lemos son os seguintes:

 

 

25N. Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres

29.11.2023

 

Coma todos os anos, alumnado, profesorado e persoal non docente conmemoramos o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Este curso, dende o IES Río Cabe, tivemos varias actividades na Biblioteca: lectura dun manifesto por parte do alumno Demetrio Álvarez de 1º Bacharelato, coreografía do tema ""Reina" de Ruth Lorenzo e Tanxugueiras por parte do alumnado de 2º ESO e a continuación actuación do grupo musical de Bibliocabe "Os Furanchos". 

Para rematar esta xornada entregóuselle a toda a comunida deducativa do IES Río Cabe unha chapa impresa con debuxos feitos polo alumnado en relación ao 25N.

Dende o IES Río Cabe dicimos NON á violencia contra as mulleres e a calquera tipo de violencia. 

Pica AQUÍ para ver a galería de fotos.

 

 

Distribuir contido