Curso 2022/23

Olimpíada Galega de Economía 2023

O pasado 16 de marzo tivo lugar a XIII edición da Olimpíada Galega de Economía. Nesta ocasión a organización da mesma foi a cargo da Universidade de Vigo e os exames tiveron lugar na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.

A Olimpíada de Economía naceu seguindo a tradición do resto das olimpíadas científicas pero, a diferenza destas, está organizada polas facultades de ciencias económicas e empresariais das universidades públicas. É un concurso de carácter académico e educativo, con múltiples obxectivos entre os que estarían incentivar e estimular o estudo da Economía, premiar o esforzo e a excelencia académica e divulgar os estudos de Economía.

O IES Río Cabe participou na mesma con 5 alumnos/as de Bacharelato, que lograron rematar a proba moi ben clasificados, aínda que ningún deles chegou a merecer entrar entre os oito mellores clasificados. Por orde de clasificación, o alumnado do noso centro que participou na proba foi o seguinte:

Saleta Losada Cuervo

Miguel Vega López

Sara Rodríguez Traveso

Adriana Quintela Gómez

Diana Roca Ferreira

Desde aquí queremos felicitar aos organizadores pola celebración da Olimpíada, agradecer a boa acollida do alumnado e as actividades organizadas entorno a Olimpíada.

 

Galería de Imaxes do día da Olimpíada

 

1º de ESO en Diverjump - Lugo

O alumnado de 1º de ESO puido desfrutar, o pasado mércores 23 de marzo,  dunha mañá de ocio e xogo en Diverjump, un espazo para a diversión en Lugo, como gañadores do 1º premio en decoración das aulas no pasado Nadal. Previamente deron un paseo pola cidade da muralla aproveitando o bo tempo. Foron acompañados das súas profesoras, Carme, Alba, Laura e Chusa. 

 

Intercambio con Francia

O mércores 22 de marzo á noite, alumnos e alumnas de 4º ESO do Río Cabe partiron cara Francia para participar nun intercambio escolar que durará unha semana.

Fixérono acompañados da súa profesora da Asignatura, Pilar Rodríguez. 

A primeira parada foi Burdeos.

No segundo día istaláronse coas familias; podémolos ver  cos  seus "correspondants" no Instituto Édouard Branly de Chatellerault.

Ó día seguinte, visitaron o Parc de Futuroscope.

Roteiro "A Esmorga"

 O luns 20 de marzo de 2023 o alumnado de 4º ESO A e B acudiu a Ourense para realizar o roteiro da obra literaria A Esmorga de Eduardo Blancoamor. Previamente leron a obra na clase de Lingua e Literatura Galega para poder ter un coñecemento previo do itinerario polos escenarios urbanos do texto.

Acompañados das súas profesoras, Ana Otero, Noelia Besteiro e Rocío López, e mais un guía da Oficina de Turismo, profesorado e alumnado gozaron dunha xornada na que se mergullaron de cheo nos lugares polos que transitan os personaxes da obra literaria coñecendo as diferentes localizacións da cidade de Auria como son as Burgas ou a Praza do Correxidor, entre outros moitos escenarios.

Foi unha xornada moi ilustrativa e entretida.

 

Canguro Matemático

O xoves 16 de marzo, alumnado de ESO e Bacharelato do IES Río Cabe participou na proba Canguro matemático. 

Este concurso está organizado pola Federación Española de Sociedades de Profesores de Matemáticas (FESPM) e pretende que a xornada dedicada ás probas sexa unha xornada entretida e lúdica, na que cada participante afronte o reto persoal para resolver distintas cuestións matemáticas de dificultade crecente, na que resolver problemas matemáticos resulte divertido. 

Agradecemos ao alumnado a súa participación, así como a implicación do profesorado de Matemáticas Iria Trebolle, Néstor López, Emilio Sotelo e Roberto Pérez, tanto na preparación do alumnado como na organización da proba.

Segunda xornada de esquí

Hoxe foi a nosa segunda xornada de esquí, que transcurriu con todo o alumnado practicando e desfrutando da neve.

Outra vez tivemos toda a mañá soleada se ben polo tarde estivo algo nubrado. De volta ó hotel, descansaremos para recuperar enerxía para o mércores.

 

Se queres ver máis fotos, visita a galería

Primeiro día na neve - Andorra

Hoxe, como vai ser toda a semana, comezamos o día cediño, de mañá.

Por sorte, foi un precioso día de sol e esquí. Todos esquiaron dacordo ó seu nivel. Agora cómpre descansar e repor forzas para mañá. 

Premios Sorteo 4º ESO - Roma

Hoxe no recreo celebramos o sorteo das cestas pro-viaxe a Roma de 4º ESO. Os números premiados son os seguintes:

          1º Premio: 1386

          2º Premio: 1645

En caso de non aparecer os gañadores, o sorteo repetirase o venres, 14 de abril, no recreo (11:15h).

 

Semana Branca en Andorra - En ruta

Onte á noite, sábado 18 de marzo, partiu o noso alumnado xunto co director, Carlos Parada, e tres profesoras, Eva Dios, Iria Trebolle e Raquel Seoane, cara a Andorra, para practicar o deporte do esquí e para unha semana de convivencia fóra do ambiente académico. 

Sobre a medianoite partiron para pasar a noite en ruta, descansar o domingo e comezar o luns coas clases e a práctica do esquí. A desfrutar! 

 

Unha vez en destino, cun precioso día de sol, toca instalarse e descansar da viaxe.

Se queres ver máis fotos, mira na galería 

8 de Marzo - Día da Muller

O Día da Muller, 8 de marzo, foi  celebrado no Río Cabe con cancións e cunha manifestación por parte do alumnado e profesorado, coas que reivindicamos, unha vez máis, a igualdade de dereitos entre homes e mulleres, así como a fin de calquera tipo de violencia contra as mulleres. 

 

Os Furanchos do Río Cabe, Xurxo xunto con Ariadna, Ximena e Estefanía, puxeron a súa arte para a celebración e Flor, encargada da biblioteca, encabezou a manifestación, que se levou a cabo durante o recreo na entrada do centro

 

 

Distribuir contido