Curso 2022/23

Teatro Grecolatino - Excursión a Lugo

O pasado sete de marzo o alumnado de Latín do IES Río Cabe asistiu á representación de dúas obras de teatro grecolatino. Pola mañá “Agamenón”, traxedia de Esquilo representada polo grupo “Ruiseñor”. Pola tarde, e polo mismo grupo, a comedia de Plauto “Persa”, que despertou máis dunha gargallada. Completaron a xornada cunha visita a primeira hora ó monumento de Santa Eulalia de Bóveda, un dos  máis curiosos e enigmáticos de Europa. Foron acompañados polo profesorado da asignatura Xan Rosende e Noelia Besteiro.

 

 

 

Sorteo cestas pro-viaxe a Roma de 4º ESO

O próximo luns, 20 de marzo ás 11:15h, no salón de actos de Río Cabe terá lugar o sorteo das cestas, agasallo da ANPA do instituto, coas que o alumnado de 4º ESO contou para recadar fondos para a súa viaxe de fin de curso a Roma. En caso de non aparecer os boletos premiados, farase un segundo sorteo. 

Agradecemos á ANPA a súa colaboración e implicación .

Baile-concurso de Entroido

Un ano máis, no Río Cabe celebramos a festa do Entroido con música , bailes e concurso de disfraces. Alumnado e profesorado puidemos disfrutar da banda, “rockeira” nesta ocasión, do instituto, coma siempre capitaneada por Xurxo, e que compoñen tamén Javi, (ex-alumno), Ximena e Estefanía. Como ven sendo habitual, eles son a alma da festa. Graciñas ós catro.

 

Despois da súa actuación, continuaron os distintos grupos coas súas coreografías. Aquí tedes unha mostra.

 

 

 

 

 

 

 

 

Plan Proxecta: Alvarizas e abellas

Este luns 13 de febreiro tivo lugar a primeira das charlas relacionada co Plan Proxecta no que o alumnado de 3ºESO está a traballar, que neste curso trata sobre as alvarizas que temos na Ribeira Sacra. O relator foi Alfonso Iglesias, apicultor da zona de Ourense, gran coñecedor do mundo das abellas. A charla comezou cunha introdución sobre a historia das alvarizas en Galicia para centrarse despois na apicultura. Aspectos como que é unha alvariza, para que se construían, material, formas, etc. quedáronos claros. Tamén aprendemos como é o ciclo de vida das abellas, como se organizan nunha colmea, como distinguir un zángano dunha obreira e dunha raíña, que produtos nos proporcionan as abellas, cal é o seu papel na polinización, como lles afecta o cambio climático ou a presenza de velutinas, etc.

Foi unha charla do máis interesante e amena que conseguiu manter ao alumnado súper-atento en todo momento… e tomando apuntes!. Está claro que se nos fixo curta!

Agradecemos a Alfonso Iglesias a súa presenza no noso centro. Esperamos velo de novo nunhas semanas cando fagamos a excursión á alvariza de O Vello, no concello de Nogueira de Ramuín. Moitas grazas!

Día internacional da Muller e a Nena na Ciencia

O pasado 11 de febreiro celebrouse o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Coas actividades levadas a cabo nesta conmemoración, o que se pretende é visibilizar o traballo das mulleres que se adican ás áreas STEM (Science, Technology, Engineering and Mathematics), creando referentes femininos para a infancia, así como fomentar prácticas que conduzan a alcanzar a igualdade de xénero no ámbito científico. 

No Río Cabe, este obxectivo levounos á participación nunha charla- debate online con mulleres científicas da universidade de Vigo, que nos explicaron as súas traxectorias profesionais e ás que o noso alumnado de 4º ESO tivo a oportunidade de preguntar dúbidas respecto ás carreiras que poden escoller relacionadas coa ciencia. A actividade estivo organizada por  José Manuel Gil, colaborando na parte técnica Xurxo Labrador, profesores do departamento de Física e Química do noso centro, a quenes agradecemos a súa implicación e traballo.  

Paseo polo Monforte Medieval

O pasado xoves, 9 de febreiro, os dous grupos de 2° da ESO do noso centro saíron a percorrer as rúas do Monforte medieval, acompañados polos seus profesores Juan, Iria e Laura,  da man dunha guía turística que lles ensinou os recunchos máis peculiares e as historias máis curiosas do medievo monfortino. Tamén lles chegou o tempo para subir ata o máis alto da Torre da Homenaxe e aproveitar o bo tempo para desfrutar dun punto de vista diferente da nosa cidade.

Campións na Olimpíada de Xeoloxía

 O mércores 8 de febreiro, celebrouse a XIV Fase Galega da Olimpíada de Xeoloxía, actividade convocada pola AEPECTGALICIA (Asociación Española para la Enseñanza da

 Ciencias de la Tierra), na que participaron, por quinto ano consecutivo, 12 alumn@s de 1º Bacharelato do noso centro, que foron acompañados da súa

profesora da asignatura, María Padrón, a quen, un ano máis, agradecemos a súa implicación.

 

                                                                                                               

 

 

O xeoparque Montañas do Courel foi a sede para os institutos das pronvincias de Lugo e Ourense

 

As actividades propias do certame desenvolvéronse entre as 11:15 e as 14:00 h, e consistiron: nunha primeira proba prácticaXincana por equipos, no Museo Xeolóxico de

Quiroga, e despois dun pequeno receso, unha segunda proba teórica individual con 40 preguntas tipo test.

 

Unha vez rematadas as probas, os participantes disfrutaron dun xantar, e posteriormente,dunha visita guiada no Museo de Minería Aurífera Romana de Ribas de Sil.

 

 

                                                                                                             

 

Ás 18:00 h tivo lugar a clausura da Olimpíada por parte do tenente de alcalde, Roberto Casto e entrega de premios aos gañadores da mesma.

 

Os nosos alumn@s tiveron a oportunidade de compartir un día único con outros estudantes cun interés común pola ciencia, e concretamente pola Xeoloxía.

O día non puido rematar mellor, xa que foron Carla Rodríguez, Ariadna Valdés e Nadine López, as tres alumnas do noso centro as que acadaron o primeiro, segundo e

terceiro posto repectivamente.

  

As dúas primeiras representarán á nosa comunidade na Fase Nacional, que este ano terá lugar en Jaén o día 25 de marzo.  

 

PARABÉNS!!!! 

 

 

Celebrando a Paz

Esta mañá celebramos no Cabe o 30 de xaneiro, Día Internacional da Paz.

 

Reunímonos na Biblioteca co alumnado de distintos cursos da ESO e BAC para recibir a unha familia de refuxiados ucranianos que reside actualmente en Ferreira de Pantón, que nos veu falar da súa experiencia como cidadáns dun país que se atopa inmerso nunha guerra, como todas as guerras, inhumana e inxusta.

 

Tivemos de tradutora a Olga, alumna de 4º, que nos deu tamén a súa opinión sobre o conflito e a quen agradecemos de corazón a súa colaboración, nun asunto no que ten, lóxicamente, implicacións emocionais.

 

Comezamos a celebración coa banda do instituto, encabezada por Xurxo Labrador e as alumnas Ariadna, Ximena e Estefanía, quenes cantaron cancións que son himnos de paz  e de non á violencia. Tivemos de presentador a Miguel e de entrevistadores a Alicia, Anxo, Demetrio, Gabriela, Iara e Xurxo. 

 

Moitas grazas a todos eles e tamén a Xaquín, traballador social de Ferreira de Pantón,  por axudarmos a lembrar que a paz é tan necesaria como inútiles as guerras.

 

 

Saída A Coruña e Premios María Casares de Microrrelatos

A finais do primeiro trimestre o alumnado de música  de 4º Eso e 1º Bac  do Cabe tivo a oportunidade de presenciar, xunto coa súas profesoras Eva Dios e Rocío López, un ensaio da Orquesta Sinfónica de Galicia na cidade de A Coruña. Un pracer que repetiremos sempre que haxa a ocasión. Despois foron ó MUNCYT, Museo Nacional de Ciencia e Tecnología, adicado á divulgación científica e tecnolóxica e á conservación.

 

 

 

 

 

Na mesma viaxe, alumnado de 4º Eso das asignaturas de Latín e Cultura Clásica visitaron a Casa- Museo Casares Quiroga coa súa profesora, Noelia Besteiro e posteriormente asistiron á recollida de premios do Concurso de Microrrelatos María Casares, que organizou o Xornal El Ideal Gallego con motivo do centenario do nacemento da actriz de cine e teatro Galega. A nosa máis sincera noraboa ó gañador Xurxo González, e ás finalistas Carmen López e Lucía de la Iglesia.

 

 

 

 

 

Charla sobre violencia machista na mocidade

O pasado luns 16 de xaneiro, o alumnado de 4º de ESO asistiu a unha charla incluida dentro do plan Proxecta  “Por 365 días de respecto e igualdade” sobre violencia de xénero na mocidade, no salón de actos do Río Cabe. A poñente foi Rosa, terapeuta ocupacional no centro de recuperación integral  dependente da Consellería de Emprego e Igualdade, e o obxectivo da actividade foi proporcionar ás rapazas e rapaces desde a escola, formación e ferramentas que lles permitan coñecer e recoñecer a violencia contra as mulleres, e actuar na súa prevención, fomentando a autoestima, a autonomía, o coñecemento da construción social das súas identidades sexuais  e a asignación de roles, o que permitirá traballar na eliminación de estereotipos sexistas e de falsas crenzas.

 

 

Distribuir contido