Curso 2022/23

Miguel Vega, segundo español máis talentoso na Bolsa

Miguel Vega López, alumno de 2º de Bacharelato, acaba de proclamarse subcampión do VIII concurso Talento na Bolsa. Esta competición ten como patrocinadores a “Renta4banco” e ao “Instituto de Estudios Bursátiles” (IEB), formando parte do Plan de Educación Financeira elaborado pola CNMV e o Banco de España. O seu obxectivo é buscar e premiar o talento sostible, xa que procura demostrar que os investimentos en Bolsa poden ser sostibles, seguros, socialmente responsables e que axuden a xerar coñecemento real das finanzas. Ademais, con este concurso preténdese contribuír á mellora da cultura financeira do alumnado de bacharelato, dotándolles de ferramentas, habilidades e coñecementos para adoptar decisións financeiras informadas e apropiadas ao longo da súa vida.

O primeiro clasificado neste concurso obtivo unha rendibilidade do 49%, recaendo a segunda posición en Miguel Vega López, alumno do IES Río Cabe, cunha rendibilidade do 36,87 %. Ao redor de 600 alumnos/as de bacharelato de toda España participaron na edición deste ano. Os premios repártense entre os oito primeiros clasificados e consisten en cheques para realizar compras en amazon ademais de bolsas para estudar no IEB, concretamente Miguel, como 2º clasificiado, recibiu unha tarxeta de 250 euros, unha bolsa do 50% para cursar un grao ou un máster universitario e un diploma acreditativo do posto alcanzado.

Ao longo do xogo da bolsa, que durou do 18 de outubro ao 20 de decembro de 2022, os alumnos de bacharelato competiron entre si para tentar obter a maior rendibilidade e a carteira de investimento mellor valorada ao final do prazo, seguindo os parámetros reais do mercado bolsista español. Desta forma, os participantes deberon obter a máxima rendibilidade dun capital ficticio de 30.000 euros co que partían ao comezo deste xogo. Neste sentido, e segundo recollían as bases do concurso, os ‘bróker’ ficticios puideron realizar as operacións que considerasen oportunas coa cantidade que tiñan asignada en valores do Ibex35 e do Mercado Continuo Español.

Premios do Concurso de Decoración Navideña das aulas

Dende o centro queremos felicitar a todo o alumnado polo seu magnífico traballo conxunto para decorar as aulas, que rebosaban ambiente navideño. Os resultados foron moi bos   e a elección dos mellores non foi doada. Os cursos premiados son os seguintes:

            1º Premio: 1º ESO A, B e C

            2º Premio: 2º ESO B

       Moitos parabéns e moi feliz ano novo!!

 





 



Exposición "Educación en Feminino: Un paseo pola historia"

Durante o mes de outubro e parte do mes de novembro, tivemos ocasión no Río Cabe de disfrutar da exposición “Educación en Feminino: un paseo pola historia”, unha serie de  trinta e catro pósters elaborados polo alumnado de 1º curso do Grado de Maxisterio de Lugo, na asignatura de Teoría e Historia da Educación Escolar , da man do seu profesor Francisco Candia, quen tivo a amabilidade de cedérnola sen límite de tempo e de xeito totalmente desinteresado. 

 

O traballo amosa, na figura de trinta e catro educadoras, mestras, profesoras, de todas as partes do mundo, o “labor pedagóxico persistente e moi necesario” que miles de educadoras realizaron ó longo da historia, e quere “recoñecer, poñer en valor e homenaxear unhas poucas destas mulleres, referentes en educación, normalmente descoñecidas para o gran público”.

 

O nexo de unión entre nós e a Facultade de Maxisterio foi o noso ex-alumno Iván Castro (autor, xunto con outras alumnas do traballo sobre a poetisa Safo de Lesbos) hoxe alumno de 2º curso no grado,  quen nos puxo en contacto co seu profesor, para poder levar a cabo a exposición.  

 

 

 

 

 

 

Dende o Cabe agradecemos a Francisco Candia e ó noso alumno, Iván, o seu traballo e xenerosidade, así como ó resto de alumnos que elaboraron os cadros, a quenes felicitamos tamén polo seu bo facer e lles desexamos os maiores dos éxitos nas súas carreiras.

Visita de 2º Bac a Santiago

O alumnado de 2º BAC do Río Cabe visitou hoxe, acompañado de tres das súas profesoras, Fina, Ángeles e Ana, a capital de Galicia. O obxectivo era dobre: por una parte, coñecer o Parlamento e a Catedral en profundidade, e por outra, descansar da rutina diaria das clases, despois dunha primeira avaliación intensa.

 

A primeira escala foi no parque da Alameda, onde viron as estatuas das Dúas Marías e a do escritor galego Valle Inclán, así como as espectaculares panorámicas da cidade.

 

 

Despois visitaron o Parlamento, onde tras escoitar a explicación sobre o seu funcionamento, tiveron  a ocasión de asiostir a parte dunha sesión plenaria. Á saída, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,  tivo a amabilidade de  posar cos alumnos para unha foto.

 

A terceira escala foi a catedral; entraron pola Porta Santa, viron o interior e visitaron a Capela de A Corticela, adicada a peregrinos e estranxeiros, e onde os alumnos escribiron un desexo nun papel;   por último, subiron ós tellados da catedral, onde se poden distinguir as distintas etapas de construción do templo e gozar das inmellorables perspectivas das prazas monumentais.

 

 

 

 

Despois dunha parada para comer, foron visitar o Pórtico da Gloria. Tanto ali, como nas fachadas da igrexa, os alumnos de arte fixeron de guía dos seus compañeiros e reafirmaron o aprendido nas súas clases teóricas.

 

 

Un día completo ó que acompañou un tempo moi bo, ideal para a visita á histórica cidade.

 

11 de novembro - San Martiño

Como ven sendo tradición, no Cabe quixemos celebrar o San Martiño reunindo a toda a comunidade escolar. Fixémolo o luns 14,en lugar do propio día, venres 11,  xa que a xuntanza adaptábase mellor  a esa xornada,  por razón  de horarios.

 

Nos recreos  da mañá e da tarde, o  alumnado, profesorado e personal non docente disfrutamos dos tradicionais bolos preñados, bica e chocolate quente, mentras escoitabamos a un grupo de alumnos de 1º Bac, que acompañados do  novo profesor de música, Martín, nos amenizaron a pausa. 

 

Parabéns a todos eles pola súa actuación ; grazas a todos os que se uniron á celebración e sobre todo, grazas ó personal da cafetería pola colaboración e axuda prestada. 

 

 

 

 

V Andaina polo camiño de inverno

Onte xoves, 10 de novembro, o alumnado de 3º e 4º de ESO, xunto con cinco das súas profesoras, participou na V Andaina  polo Camiño de Inverno, que organizou a ASOCIACIÓN CAMIÑOS A SANTIAGO POLA RIBEIRA SACRA. Xunto con rapaces de todos os colexios e institutos de Monforte, disfrutaron dunha xornada diferente cunha camiñata de nove km ,no seu caso; saíron de Cereixa, déronlles un refrixerio a medio camiño,  e remataron no Parque dos Condes, onde tamén interviron no programa de radio que conduce Manola Porto.

Dende o Cabe queremos felicitar ós organizadores da actividade pola súa boa xestión; sen dúbida participaremos en futuras convocatorias.

Xantar de confraternización de 1º Bac

 Un ano máis, e seguindo coa tradición, alumnas e alumnos de 1º Bac quixeron reunirse para confraternizar e  celebrar o comezo dun novo curso e ciclo que,

ben seguro, os levará a bo porto. Foi o pasado venres, 14 de outubro, nun restaurante da cidade e estiveron acompañados de varios dos seus profesores.

 


 

 

Xornada deportiva no Club Fluvial

Dentro do programa de actividades de recibimento ó alumnado, o pasado venres 16 de setembro , os alumnos e alumnas de 1º de ESO do Río Cabe e o xoves 22, os de 2º ESO, tiveron ocasión de disfrutar dunha xornada  de deporte e xogos no club fluvial de Monforte, grazas a unha invitación  da Sociedade do Club. 

Desde as 10:00h ata as 14h, os nenos divertíronse practicando deportes de equipo como o fútbol, voleibol, pádel ou baloncesto e remataron na piscina, onde todo tempo se fixo pouco.

 

 

  

 

 

 

 

 

 

Christ Church College, festa de "graduación " e volta a casa

  O último día , mércores, no college, o alumnado celebrou a súa graduación, recibindo o diploma de asistencia e aproveitamento das clases. Tocou tamén despedirse de profesores e familias e voltar a casa, non sen un pouco de "morriña".

 

  

 

 

 

 

Nun martes un pouco máis fresquiño, os nosos alumnos visitaron, logo das clases matutinas e o xantar ó aire libre, o Christ Church College, un dos colleges máis grandes que constitúen a Universidade de Oxford, e que é ademais a iglesia catedral da diócese da cidade.

 

 

 

Ashmolean Museum and Treasure Hunt

Na mañá do domingo, alumnos e profes visitaron o Ashmolean Museum of Art and Archeology, e pola tarde  divertíronse resolvendo unha interesante “Treasure Hunt”.

 

 

 

 

 

Distribuir contido