Curso 2019/20

Finanzas para todos: Cuartos de final en Málaga

O martes 17 de setembro de 2019 tivo lugar, na cidade de Málaga, a fase de cuartos de final da competición "Finanzas para todos" na que o equipo do IES Río Cabe enfrentouse ao equipo do IES Aguadulce de Almería. Despois de contestar as 40 preguntas tipo test non conseguimos pasar ás semifinais unicamente por unha pregunta de diferenza.

O equipo do IES Río Cabe estivo formado por Uxía Freire Díaz, Jorge García Vázquez, Isabel García Sánchez, Lucía Rodríguez Abellano e Emma López Méndez. Conseguiron chegar a esta fase final o curso pasado, tras superar unha primeira fase na que se presentaron 472 centros educativos de toda España.

O concurso “Finanzas para todos” forma parte do Programa de Educación Financeira organizado polo Banco de España e a Comisión Nacional do Mercado de Valores, de ámbito nacional, e os equipos deben responder cuestións que se centran en temas de finanzas persoais e economía doméstica, nos principais produtos financeiros e, en xeral, no mundo da economía, as finanzas e os mercados financeiros e que van aumentando de dificultade conforme avanzan as fases da competición.

Felicitamos ao equipo de alumnado do IES Aguadulce e desexámoslles moita sorte para chegar á final e gañar a competición. Por último, facendo click na seguinte imaxe accédese a unha galería fotográfica dos dous días de estancia en Málaga.

Álbum: Extraescolares -> Finanzas para todos

Viaxe a Inglaterra

Como xa ven sendo costume no Río Cabe, o alumnado de 2º Bac realiza a principios de setembro unha viaxe de inmersión lingüística a Inglaterra; durante unha semana asistirán a clases e se aloxarán con familias coas que poderán practicar o idioma e ampliar coñecementos sobre a cultura anglosaxona.

Van acompañados por dúas profesoras , Temi Madarnás e Camino Martínez, que nos informarán sobre as actividades que leven a cabo.

 Xa no aeroporto, o noso grupo comeza a súa andaina por terras británicas, a pesar dunha noite sen durmir, cun sorriso.

 

 

Viaxe a Ilfracombe en autobús...

Descanso na escola antes de coñecer ás familias.. 

E o momento de ir para "casa"..

 

 Agora toca descanso, despois de un longo día e antes dunha semana intensa. 

 

Despois dunha primeira toma de contacto cos profes para facer unha proba de nivel, xa apetece repoñer forzas cun typical British lunch

 

 

Pola tarde estaba programada unha visita a Barnstaple, localidade cercana a Ilfracombe, considerada "borough"(municipio), o máis antiguo do Reino Unido.

Ao día seguinte, toca traballar na clase

 Despois das clases da mañá, hoxe visitan, aínda que o día non acompaña moito, Exeter, unha das máis antigas cidades de Gran Bretaña. Aqui están ao pé da catedral.

  

 

Ao día seguinte, despois das clases e xantar na escola, houbo unha "Treasure hunt", búsqueda do tesouro, nas rúas de Ilfracombe e máis tarde visitaron Bicclescombe Park, un precioso parque cuxa beleza o fixo merecedor de varios premios.

 

Hoxe unha visita moi especial foi a Heddon's Mouth, fermoso lugar onde o río Heddon se atopa co mar, entre algúns dos acantilados máis altos de Inglaterra.

 Agora, despois dunha semana de intensa aprendizaxe e inmersión nunha cultura moi diferente á nosa, chega o momento de volver a casa, asimilar o aprendido e poñelo en práctica. Aquí o grupo prepárase para a viaxe de volta, xa en Bristol. Feliz viaxe!!

 

E autobús de regreso desde Oporto. Mañá comeza unha nova "viaxe"..

Moita sorte a tod@s!!!

  

Álbum: Extraescolares -> Inglaterra 2019 - 2º Bac
Distribuir contido