Finanzas para todos: Cuartos de final en Málaga

O martes 17 de setembro de 2019 tivo lugar, na cidade de Málaga, a fase de cuartos de final da competición "Finanzas para todos" na que o equipo do IES Río Cabe enfrentouse ao equipo do IES Aguadulce de Almería. Despois de contestar as 40 preguntas tipo test non conseguimos pasar ás semifinais unicamente por unha pregunta de diferenza.

O equipo do IES Río Cabe estivo formado por Uxía Freire Díaz, Jorge García Vázquez, Isabel García Sánchez, Lucía Rodríguez Abellano e Emma López Méndez. Conseguiron chegar a esta fase final o curso pasado, tras superar unha primeira fase na que se presentaron 472 centros educativos de toda España.

O concurso “Finanzas para todos” forma parte do Programa de Educación Financeira organizado polo Banco de España e a Comisión Nacional do Mercado de Valores, de ámbito nacional, e os equipos deben responder cuestións que se centran en temas de finanzas persoais e economía doméstica, nos principais produtos financeiros e, en xeral, no mundo da economía, as finanzas e os mercados financeiros e que van aumentando de dificultade conforme avanzan as fases da competición.

Felicitamos ao equipo de alumnado do IES Aguadulce e desexámoslles moita sorte para chegar á final e gañar a competición. Por último, facendo click na seguinte imaxe accédese a unha galería fotográfica dos dous días de estancia en Málaga.

Álbum: Extraescolares -> Finanzas para todos