Curso 2019/20

Concerto TODO É PERCUSIÓN

Os alumnos de 2º ESO acudiron, na mañá do pasado venres 15, ao salón de actos do edificio Multiusos de Monforte para disfrutar do concerto didáctico TODO É PERCUSIÓN.

O concerto foi interpretado por DÚAS, Marta Figueiredo y Sabela Caridad, ambas percusionistas, e dúas bailarinas de ballet contemporáneo, Estefanía Gómez e Alba Fernández, que conforman o dúo ERIXE.

Os alumnos, acompañados de dúas das súas profesoras, puideron disfrutar dunha demostración de Arte Total, a través da fusión das distintas artes: música, danza e teatro.

Celebración do San Martiño

San Martiño de mañá ….

O pasado día 11 de Novembro foi unha xornada festiva no Cabe. Toda a comunidade educativa se reuniu para a celebración do San Martiño, e profesores, alumnos e persoal non docente  compartimos música, cancións tradicionáis  e productos típicos da temporada: bolos preñados, bica e chocolate quentiño para combatir o frío que xa se deixa notar.                       

Eva Dios, xefa do departamento de música, encargouse das distintas actuacións de alumnado tanto de Eso como de Bac.

 Vídeo coas actuacións musicais:

E de tarde...

 

Máis cine...por favor

E se é cine de calidade, como a película que foron a ver alumnos de 2º de Bac e 4º de Eso o pasado mércores, moito mellor.

“Mientra dure la guerra” é o último filme de Alejandro Amenábar no que o director nos mostra a España de 1936, os comenzos da Guerra Civil e a figura do escritor e intelectual  Miguel de Unamuno.

O alumnado foi acompañado de Anuncia Méndez, profesora de Xeografía e Historia, quen lles serviu de guía contextualizando o que a película nos amosa.

 

Visita Adega Algueira

Dunha intensa tarde de outono disfrutamos o grupo do Ciclo de Turismo na visita á Adega Algueira.O proxecto da empresa de apostar por unha viticultura identitaria do territorio conta co valor engadido dunha oferta complementaria como as visitas aos viñedos e á adega, a organización de catas, o servizo de restauración ou o paseo en barco polo Sil.Que doado resulta escoitar cando o narrador desborda tanta paixón!
Fernando, grazas por compartir xenerosamente o teu tempo e a túa historia connosco e, sobre todo, grazas por emocionarnos!!!

O noso Samaín

O alumnado de 1º de ESO e o da asignatura de Valores de 2º ESO  participou o pasado mércores 30 de outubro na actividade     “O noso Samaín: Historias á luz do lume” , promovida pola biblioteca do centro eambientada para a ocasión.  A contacontos  Teresa Grau, membro da “Red Internacional de Cuentacuentos” foi a encargada da representación de varias historias que encandilaron  e “aterrorizaron” aos máis pequenos.

Doce Halloween

O pasado mércores, 30 de outubro, o alumnado dos módulos  I e III da ESA  desprazouse ata a Escola Oficial de Idiomas de Monforte  para celebrar , dun xeito moi doce, o Halloween.Coa axuda do profesorado da escola, os alumnos realizaron distintos postres típicos desta festividade;biscoitos, cremas de chocolate, cupcakes e muffins foron algún dos postres que saíron baixo o paraugas da lingua de Shakespeare.Como colofón, tanto alumnos como profesorado deron boa conta deles!

 

Charla seminario: Introdución á Economía Social

Dentro do Programa de Fomento da Economía Social, a Innovación e o Desenvolvemento Sustentable na Galiza Rural e promovido pola sociedade chantadina Lugar da Veiga, levouse a cabo a semana pasada, no salón de actos, o seminario Introdución á Economía Social, dirixido ao alumnado de Ciclos e Ensinanzas de Adultos.

A xornada de formación correu a cargo de Rosa Álvarez, consultora de Espazo Coop e contou coa colaboración de Semente Monforte.

A formación continuará con tres seminarios prácticos nos que un grupo dos nosos alumnos elaborarán un plan de empresa de economía social no ámbito rural.

Días de Cine

Onte pola tarde o alumnado de Bacharelato de diúrno e nocturno do noso centro, acompañados de catro das súas profesoras, compartiron  unha sesión de bo cine galego nos multicines Hollywood. A película elixida foi “O que arde”, do director  Oliver Laxe, onde se plantexa, dende varias perspectivas, a problemática do lume en Galicia. Sen dúbida un tema que  nos atañe a todos e un punto de partida  para comezar a reflexionar.

Visita ao MUFERGA

O CS de Guías, Información e Asistencia turísticas comezamos as saídas didácticas do curso 2019/20 cunha visita ao MUFERGAMuseo do Ferrocarril de Galicia-.

Na visita guiada puidemos coñecer os antigos  centros de mando ferroviarios,  contemplar a popular  locomotora a vapor Mikado ademais doutras locomotoras diesel, sorprendernos co luxoso coche-salón presidencial ZZ1 e co vagón do Lusitania Express  no que o rei Juan Carlos retornou do seu exilio en Portugal.

E, como non podía ser doutro xeito, subimos ao tren. A viaxe foi moi curta pero o desprazamento á rotonda coa praia de corenta vías enlazadas por unha ponte xiratoria resultou  moi interesante.

Esta visita resulta imprescindible para coñecer a historia e a trascendencia que tivo o ferrocarril para a cidade de Monforte de Lemos.

Excursión 1º ESO

O pasado 3 de outubro o alumnado de 1º de ESO do Río Cabe participou, xunto con outros dezasete centros educativos de Monforte e comarca, na IV Andaina Escolar polo Camiño de Inverno, invitado pola asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra.

O alumnado partiu, acompañado de tres das súas profesoras, de Cereixa, no concello de Póboa de Brollón e rematou no Parque dos Condes, onde a actividade incluía a participación nun programa de radio sobre o Camiño así como a representación dunha obra de teatro de títeres.

A xornada foi un éxito, tanto pola camiñata en sí, como por ser unha actividade compartida con moitos compañeiros. Dende o Río Cabe agradecemos á asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra por ternos convidado.

Distribuir contido