Excursión 1º ESO

O pasado 3 de outubro o alumnado de 1º de ESO do Río Cabe participou, xunto con outros dezasete centros educativos de Monforte e comarca, na IV Andaina Escolar polo Camiño de Inverno, invitado pola asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra.

O alumnado partiu, acompañado de tres das súas profesoras, de Cereixa, no concello de Póboa de Brollón e rematou no Parque dos Condes, onde a actividade incluía a participación nun programa de radio sobre o Camiño así como a representación dunha obra de teatro de títeres.

A xornada foi un éxito, tanto pola camiñata en sí, como por ser unha actividade compartida con moitos compañeiros. Dende o Río Cabe agradecemos á asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra por ternos convidado.