Curso 2019/20

Charla de Paula Sánchez

O pasado martes 17 de decembro o alumnado de 1º de Bac asistiu na biblioteca do instituto á charla coa psicóloga experta en  Igualdade,   Paula Sánchez. A charla levaba o título ”Para que non doa”, e deso se falou, de emocións, de relacións sanas, en igualdade, en liberdade, relacións  libres de violencia.

Dende hai varios anos, Paula acude ao noso centro a talleres como o desta ocasión e ben seguro seguirao facendo xa que conecta perfectamente co alumnado nun tema tan delicado como o tratado.

 

Charla Ciclo de Fútbol

O pasado luns dezaséis de decembro,  unhas trinta persoas relacionadas co deporte, en especial co  fútbol,  asistiron na biblioteca do Río Cabe a unha conferencia do técnico deportivo monfortino Ibán López, segundo entrenador do equipo  feminino da Universidade de Florida. O técnico, que conseguiu que o seu equipo pasase de estar no posto oitenta  a estar entre os vinte primeiros da súa categoria, falou sobre a planificación deportiva ,  a competición norteamericana e as diferencias con España.

A actividade foi proposta polo departamento de Educación Física e dirixida en especial ao alumnado do Ciclo de Fútbol.

Charla sobre lesións deportivas

O alumnado  do Nivel 2 do ciclo de fútbol do IES Río Cabe, acompañados polo profesor David Fabeiro, asistiron o xoves 5 de decembro a unha xornada sobre "Prevencións de lesións deportivas", que se celebrou na EGAP (Escola Galega de Administración Pública) en Santiago de Compostela. 

Os relatores foron Rafael Arriaza, médico do RC Deportivo de La Coruña, Juan José Garcia, médico do RC Celta de Vigo e Ignacio González, encargado da  parcela da rehabilitación física do RC Deportivo de La Coruña.

Entre outros temas abordáronse as estatísticas de incidentes e tipos de lesións, así como a planificación estruturada de exercicios e tarefas de adestramento para a prevención de lesións.

Invisibles

Sensibilidade. Paixón. Profesionalidade.  Dor. Desgarro. Solidariedade. Todo esto e moito máis puidemos ver os que asistimos o pasado xoves 28 á representación da obra teatral  INVISIBLES, adaptación da novela homónima de Montse Fajardo, que a compañía RedrumTeatro inclúe  dentro da campaña de concienciación sobre violencia de xénero.

A obra está protagonizada polas magníficas actrices galegas Mela Casal (Fariña), Neves Rodríguez (Desde Galicia para el Mundo) e Sheila Fariña (Acacias 38), e relata sete casos reais de violencia machista , nos que se insiste na inexistencia dun perfil específico das vítimas e na protección dos agresores por parte da opinión pública, dos medios de comunicación e dos poderes públicos. Foi galardoada con varios premios de teatro .

Alumnado das Ensinanzas de Adultos e profesorado do Río Cabe asistimos á representación no Edificio  Multiusos.

Durante a mañá tivemos a sorte de ser visitados polas actrices no noso instituto, ás que convidamos a volver sempre que así o desexen.

Charla sobre Violencia sexual

O alumnado de 4º de ESO asistiu hoxe, acompañados pola orientadora e unha profesora do centro,  a unha Conferencia sobre Agresións sexuais e violencia sexual impartida por Angélica Mercado na Casa de Cultura do Concello.

Esta charla está enmarcada dentro das actividades programadas pola Concellería de Igualdade a través do centro de Información á Muller co gallo de conmemorar o Día Internacional para a eliminación  da violencia de xénero.

A charla resultou de moito interese para o alumnado, moi concienciado con esta problemática.

Drone Day

O alumnado de 2º de ESO visitou, acompañado de dous dos seus profesores, as instalacións do CIAR (Centro de Investigación Aerotransportada de Rozas) para participar no “Drone Day: Aplicacións profesionais dos drons”, unha xornada divulgativa sobre as potencialidades de avións non tripulados, promovida pola multinacional Boeing dentro do deu acordo coa Xunta na Civil UAVS Initiative.

Ali o alumnado puido aprender sobre os múltiples usos e aplicacións dos drons como ferramenta de traballo e logo,  mediante simuladores primeiro e voando os drons despois, aprendeu dun xeito prático o seu manexo. Unha actividade que resultou moi didáctica á vez que divertida.

Álbum: Extraescolares -> Drone Day 2019

Visita ao Parador

Alumnado e profesorado do CS de Guías, Información e Asistencia Turística participaron, hai uns días,na xornada de divulgación: A importancia do Románico no Camiño de Inverno, que se celebrou no Parador Nacional de Monforte de Lemos.

 A organización do evento correu a cargo da Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega co patrocinio da Axencia de Turismo de Galicia.

  No encontro valorouse a importancia cultural e singular da elevada concentración de románico no destino Ribeira Sacra, promovéndose a incorporación de este territorio á rede Trasrománica ou Ruta Cultural Europea del Románico -The  Romanesque  Routes  of  European  Heritage-. 

Conferencia de Politours

Na aula do CS de Guías, Información e Asistencia Turística recibimos a Santiago Vázquez, delegado comercial do Tour Operador Internacional Politours, que disertou sobre a oferta de viaxes desta empresa pioneira na apertura de novos destinos turísticos no extranxeiro.

Foi de gran interese poder contar cun profesional da experiencia e traxectoria de Santiago para que nos amosara a realidade do sector da intermediación.

Río Cabe en negro

No Río Cabe quixemos onte  aportar o noso graíño de area a unha terrible loita que as mulleres acabaremos gañando. Celebramos o “Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero” e, todos a unha, como ten que ser, reivindicamos que este sexa o último ano que tal cousa teñamos que pedir. Así, e partindo da nosa biblioteca, fixemos uhna sesión fotográfica con todo o alumnado e profesorado vestido de negro recordando ás mulleres que tiveron que sufrir violencia só por ser mulleres. Despois, Sandra Rodríguez Macía leu a carta coa que gañou o Concurso de Cartas  “Dillo a quen maltrata 2019”, convocado polo concello de Lalín. 

 Despois, e colaborando coas actividades programadas polo concello, acudimos á manifestación no Campo de San Antonio onde  os nosos alumnos de 3º de ESO cantaron a canción “Hai que loitar”, que prepararon coa súa profesora de música Eva Dios .Continuamos participando na cadea humana  arredor da Ponte Vella e unidos a outros colectivos monfortinos.

 

O alumnado e profesorado de nocturno quixo unirse tamén á reivindicación.

A todos eles, alumnado e profesorado de diúrno e nocturno,  conserxes, persoal de cafetería e limpeza, queremos agradecer a súa colaboración, tanto na súa  participación nas fotografías como na organización da actividade.

Álbum: Escolares -> Río Cabe en negro

Santa Cecilia 2019

O 22 de Novembro é o Día Internacional do músico, data que recorda a Santa Cecilia, a súa patroa ademais de mártir do cristianismo. Nesta data réndeselle homenaxe aos máis grandes xenios da música e a quen dedican a súa vida a esta arte. O alumnado músico do IES Río Cabe tamén quixo manifestarse interpretando distintas pezas musicais na cafetería do centro:

Ariadna Valdés Fernández de 3º ESO interpreta In your head de The Cranberries, acompañada da súa guitarra

 

Laura Díaz López e Sara Díaz Martínez de 3º ESO interpretan, acompañadas do ukelele, La llorona de Chavela Vergas

 

Alicia Martínez Lauda e Alberto Gómez Ovejero de 4º Eso, con Iria Dacal Rodríguez de 3º ESO, interpretan Riptide de Vance Joy, acompañados do ukelele

 

   

Andrea Ferreiros Sánchez y Uxía Castro de la Fuente de 1º Bac, interpretan co violín a Banda Sonora Orixinal de La Lista de Schindler de John Williams

 

Sara González Lestón de 2º Bac, acompañada do seu ukelele, interpreta I'm yours de Jason Mraz 

 

Agradecemos a todos a súa participación e desexámoslles que sigan gozando desta arte. Facendo click na seguinte imaxe accédese a unha galería fotográfica desta actividade:

Álbum: Escolares -> Santa Cecilia 2019
Distribuir contido