Visita ao Parador
Alumnado e profesorado do CS de Guías, Información e Asistencia Turística participaron, hai uns días,na xornada de divulgación: A importancia do Románico no Camiño de Inverno, que se celebrou no Parador Nacional de Monforte de Lemos.
A organización do evento correu a cargo da Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega co patrocinio da Axencia de Turismo de Galicia.
No encontro valorouse a importancia cultural e singular da elevada concentración de románico no destino Ribeira Sacra, promovéndose a incorporación de este territorio á rede Trasrománica ou Ruta Cultural Europea del Románico -The Romanesque Routes of European Heritage-.