Skip to Content

APERTURA PRAZO DE INSCRICION MOBILIDADES ERASMUS+ PRACTICUM DEPO 2020

O instituto Ribeira do Louro forma parte do proxecto “ERASMUS+ PRACTICUM DEPO 2020”, coordinado pola Deputación de Pontevedra. Este programa ten como obxectivo ofrecerlle ao alumnado matriculado en Ciclos Medios de Formación Profesional a posibilidade de realizar prácticas laborais en países europeos, unha vez teñan obtido a súa titulación. Aqueles estudantes interesados poden consultar toda a información sobre o programa visualizando o seguinte arquivo.

Particularmente nesta convocatoria, ao noso instituto fóronlle asignadas DÚAS PRAZAS para mobilidades europeas, con posiblidade de incrementarse dependendo da demanda doutros centros.

 

Cabe sinalar que, en primeiro lugar, os candidatos interesados deberán cumprir os seguintes requisitos básicos para poder participar nas mobilidades:

  1. Ser maior de 18 anos
  2. Ter a súa residencia en España.
  3. Ter sido seleccionado para participar nunha mobilidade durante durante o último curso académico da súa formación.
  4. Ter obtido unha titulación de Ciclo Medio de Formación Profesional nun centro educativo que sexa socio do PROXECTO PRACTICUM DEPO 2020 (o instituto Ribeira do Louro forma parte deste Consorcio). 
  5. Estar en disposición de iniciar e finalizar a mobilidade durante os 12 meses posteriores á data da súa titulación (data da firma das actas de avaliación).

Así, os estudantes que cumpran os anteriores requisitos básicos e que estean interesados en participar nunha mobilidade deberan cumprimentar o seguinte FORMULARIO DE SOLICITUDE e envialo ao enderezo ies.ribeira.louro@edu.xunta.gal entre o 27 de Novembro e o 1 de Decembro (ambos inclusive). É importante que no "Asunto" do correo se indique o seguinte texto: “SOLICITUDE PARTICIPACION ERASMUS DEPO NOME APELIDOS”.

 

Para calquera dúbida ou pregunta podes dirixirte ao Coordinador Erasmus do centro.

 

Procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado

No día de hoxe publicouse a Orde pola que se regulan os criterios e procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado. 

O alumnado destinatario é o seguinte:

  • O alumnado beneficiario durante este curso escolar da axuda do vale de material (NON É NECESARIO A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDE)
  • O alumnado que non fose beneficiario da axuda do vale de material (Salvo os que estiveran excluídos da axuda por superar os 6000€/renda per cápita). DEBERÁN PRESENTAR A SOLICITUDE NO PRAZO ABAIXO INDICADO.

 

Prazo de presentación solicitude: 14 ao 27 de novembro de 2020.

 

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20201113/AnuncioG0598-061120-0002_gl.html

José Luís Baños De Cos gaña o III Premio Roberto Vidal Bolaño de Teatro 2020

José Luis Baños de Cos é o gañador da terceira edición do premio de textos teatrais “Roberto Vidal Bolaño”, coa obra titulada “A cámara escura”. O galardón instituído polo IES Ribeira do Louro, a Editorial Galaxia e o Concello do Porriño entregouse o mércores 23 de setembro, data de comezo do curso na secundaria, nun acto condicionado polos protocolos anti-covid, celebrado no salón de sesión do consistorio porriñés coa asistencia do galardoado. 

Baños de Cos é orixinario de Cádiz pero leva asentado en Galicia dende hai anos por razóns de traballo e persoais e “vén de amosar un excelente coñecemento da nosa lingua” como ponderou o xurado do certame. 

Raquel Castro, profesora do IES Ribeira do Louro e secretaria do xurado deu lectura á acta co fallo. O xurado valorou que “estamos diante dun texto cun estilo ben definido e que alén diso, presenta un rexistro de lingua máis urbana e máis próxima da mocidade; é un texto actual e eminentemente teatral xa que se lle pode sentir o pulso da escena”. 

O premio consta de 2.000 €, suxeitos ás retenciónsfiscais correspondentes e que computarán como dereitos de autor. Ademais o escritor galardoado recibiu un diploma acreditativo, unha escultura e a súa obra será publicada por Editorial Galaxia, a partir do ano que vén.

Francisco Castro, director xeral da editorial aproveitou a súa intervención para agradecerlle ao Concello do Porriño “pola súa sensibilidade á hora de apoiar este premio. Hoxesunha das capitais culturais de Galicia no que atinxe ao mundo teatral e por suposto no que é o teatro orientado á mocidade, Porriño ocupa o posto máis elevado”, segundo valorou o director xeral de Editorial Galaxia. 

Lourdes Moure, concelleira de Educación que acolleu hai tres anos a proposta que lle trasladaron o Instituto Ribeira do Louro e a editorial, manifestou que “o Concello vai continuar realizando esta achega anual de 2.000 euros e ogallá sexa por moitos anos máis”. 

Pechou o acto a alcaldesa Eva García de la Torre, quen subliñou “o esforzo enorme” realizado polos gobernos municipais o que vencellou con iniciativas como o apoio do Concello a este premio. 

LIBROS DE TEXTO CENTRO

 

  • Listado de libros do centro (rectificada)
Distribuir contido

Iniciar sesión

  Biblioteca           



by Dr. Radut