Skip to Content

XII OLIMPÍADA DE XEOLOXÍA. FASE GALEGA.

Este pasado mércores 24 de febreiro  tivo lugar a fase galega da XII Olimpíada de Xeoloxía. Tódolos anos ten lugar na Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía no Campus Universitario de Vigo; pero nesta edición só se puido realizar de xeito virtual debido a situación sanitaria que estamos a padecer.

     Durante a mañá realizaronse as dúas partes da proba. Primeiramente, a parte práctica en grupos de catro, que consistiu nunha serie de preguntas relativas a mapas topográficos, mapas xeolóxicos, identificación de paisaxes, recoñecemento de minerais e rochas, interpretación de gráficos,....... Despois dun merecido descanso continuouse coa parte teórica, un test individual con 40 cuestións relacionadas con diversas temáticas xeolóxicas.

     O IES Ribeira do Louro presentouse cun grupo voluntario de alumnos/as de 2º BAC, 1º BAC e 4º ESO: Lucía, Matías, Antonio, Jorge, Ana, Arancha, Sergio e Érika. O equipo traballou moi ben, parabéns a todos.

   E, deste grupo saíu o primeiro premio que representará a Galicia na Olimpíada Nacional:  Antonio García Torres de 2º BAC A.

Parabéns Antonio !!!!!!

 

Proceso de admisión de novo alumnado para o curso escolar 2021/2022

1)NORMATIVA REGULADORA aquí

 2)PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Desde o 1 ata o 22 de marzo de 2021

Solicitudes:

 3) PRAZAS OFERTADAS aquí

 4) CENTROS ADSCRITOS:

  • CEIP Plurilingüe Antonio Palacios
  • CEIP da Cruz-Budiño
  • CEIP da Ribeira
  • CPR Santo Tomás

 5) NOTA INFORMATIVA aquí

 6) ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO aquí

 

Reserva de praza para o curso 2021/2022

Informamos que todo o alumnado de centros adscritos que solicitaron reserva de praza para cursar 1º da ESO e 1º de Bacharelato para o vindeiro curso escolar 2021/2022 foron admitidos.

Preséntase ‘A cámara escura’ gañadora do III Certame de textos teatrais Roberto Vidal Bolaño

O venres 12 de febreiro de 2021 presentouse nunha rolda de prensa no Salón de Plenos do Concello do Porriño Porriño o libro gañador da terceira edición do premio de teatro Roberto Vidal Bolaño 2020 e que recibiu José Luis Baños de Cos pola súa obra  HYPERLINK "https://editorialgalaxia.gal/produto/a-camara-escura/" A cámara escura. 

O gañador, estivo acompañado por Lourdes Moure, concelleira de Educación, Juana Muñoz, directora do IES Ribeira de Louro, a dramaturga Raquel Castro, e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia, representado ás tres entidades convocantes dos premios. No transcurso da conferencia o autor  deu a coñecer que no terceiro trimestre se achegará ao Ribera do Louro para levar a cabo unha lectura dramatizada da obra que acaba de saír do prelo.

Unha historia acaroada ás vivencias da adolescencia actual

José Luis Baños de Cos preséntanos nesta peza un texto actual ao que se lle pode sentir o pulso da escena con diálogos áxiles a través dun rexistro de lingua próximo á mocidade. Porén, non faltan en A cámara escura referencias ao teatro clásico, como a figura do coro, transformado en grupo de WhatsApp, personaxe colectivo que revolve conciencias e nos deixa ao descuberto ante a sociedade.

 

A protagonista, Alicia, comparte unha foto súa co seu crush. Con dezaseis anos hai moitos motivos que te obrigan a “compartir”. A presión social pode ser moi forte. Hai que ser aceptada polo grupo. Tal como Alicia no país das marabillas, esta Alicia, entra no tobo do coello e xa non hai escapatoria. E  Alicia entra no móbil, no grupo e xa deixa de ser ela, xa é de todos, dese coro que se cre co dereito de xulgarte.

 

Dramaturxia galega inzada de recoñecementos

José Luís Baños de Cos, aínda que é natural de Jerez de la Frontera, fala un galego fluído. Fálao e temén o escribe. Mostra diso son os xa varios premios que acadou na nosa lingua ata o de hoxe. Leva anos dedicándose ao teatro. Proba diso son premios anteriores como o I Premio de Teatro Breve Jenaro Marinhas del Valle convocado pola Agrupación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña, coa obra O círculo en 2018, ou o Premio Abrente de Textos Teatrais, convocado pola MIT Ribadavia coa peza Asfixia en 2019.

José Luís é Licenciado en Dereito e Antropoloxía social e quizais foron estes últimos estudos os que o levaron a estudar tamén, teatro social e comunitario en Honduras e Perú e foi xa en Galicia onde comeza a traballar como dramaturgo escribindo a ópera prima da compañía Ó Cubo Teatro, O faiado. Actualmente combina a docencia teatral en Compostela coa escrita dramática.

Distribuir contido

Iniciar sesión

  Biblioteca           



by Dr. Radut