Skip to Content

Novidades

Celebración do Nadal no IES Praia Barraña

 

 

O próximo 21 de decembro, con motivo da finalización do trimestre, celebraremos durante as dúas últimas horas lectivas desa data unha chocolatada solidaria para todo o centro. Convidámosvos a todos e todas a que participedes na mesma aportando un pouco de comida non perecedeira para poder colaborar co Concello no reparto de comida entre aquela xente do lugar que este Nadal teña algunha necesidade deste tipo.

Os rapaces de 4º da ESO, asemade, aproveitarán  o evento para recadar fondos para a excursión de fin de curso vendendo doces preparados na casa e que poderemos adquirir dunrante esas dúas horas de celebración.

Ademais, disputarase un partido de fútbol sala que enfrontará ao equipo gañador do torneo RecreActivos cunha selección de "vellas glorias" con máis anos ao lombo do profesorado e persoal non docente.

Ao remate destas actividades (13:45 h) cada grupo de alumnos (independentemente de que estea en materias específicas) subirá á súa aula de referencia  para recoller as notas da 1º Avaliación. 

 

 

 

 

Desexámosvos a todos moita sorte e un Bo Nadal.

 

EspazoFamilias_Boiro

28/11/2018
Europe/Madrid

O EspazoFamilias_Boiro quere invitarvos á primeira das actividades coas que queremos contribuír a sumar ferramentas e reflexións ao labor educativo que compartimos familias e escola. 

 

Ciberseguridade para tod@s

perigo

O vindeiro mércores 21 de novembro ás 16:30 h, na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela terá lugar un encontro dirixido a pais/nais, nenos/nenas e profesorado no que se falará sobre a ciberseguridade na casa.

O encontro leva por título "Ciberseguridade na túa casa: Ciberseguridade para tod@s" e nel abordaranse riscos como o sexting, a ciberviolencia de xénero, o ciberbullying ou a fraude dixital da man de recoñecidos especialistas en cada unha das materias.

Se alguén estivese interesado en participar no encontro pode anotarse nesta ligazón.

Eleccións Consello Escolar IES Praia Barraña

 Para consultar os candidatos/as electos/as poden premer na imaxe seguinte:

 

Durante este mes de novembro producirase a renovación parcial do Consello escolar do Centro. Nesta ocasión teremos que renovar os seguintes postos que quedan vacantes:

 

  • Profesorado: 3 postos.
  • Alumnado: 1 posto.
  • Pais/Nais: 1 posto.
  • Persoal Non Docente: 1 posto.

 

No que atinxe ao día da votación cómpre sinalar que as votacións se farán o vindeiro martes 27 de novembro en quendas de mañá e tarde segundo a seguinte previsión establecida pola Xunta Electoral:

 

  • Profesorado: martes pola tarde en Claustro.
  • Alumnado: entre as 10:30 h e as 13:00 h.
  • Pais/Nais: entre as 16:00 h e as 19:00 h.
  • Persoal Non Docente: entre as 13:15 h e as 14:00 h.

 

Para obter máis información sobre o desenvolvemento do proceso poden pinchar na imaxe desta entrada e consultar o calendario do proceso.

 

 

 

RecreActivos_ para divertirse.

Este ano consolídanse os RecreActivos para aquelas persoas que queredes pasar os recreos facendo o que máis nos gusta. Contamos con diferentes tipos de actividades para realizar. Apúntate na que queiras. 

Por agora contamos cos:

1. Recreactivos físicodeportivos.

2. Recreactivos de Xadrez.

3. Recreactivos lóxicos. 

En breve teremos maís!!!

O sistema de partes de cores.

Como sabedes no noso centro graduamos os vosos erros de COMPORTAMENTO en tres graos: leves, graves e moi graves. Para unha fácil identificación cada un deles conleva unha cor. 

Se queredes coñecer o funcionamento polo miúdo podedes aceder ao Plan de convivencia que está colgado na páxina web e  tamén na aula virtual. Se aínda así tes dúbidas, pregunta ou ler os carteis que colgan das vosas portas de clase. 

 

 

Para as persoas que estades en 1º de ESO tedes a sorte de poder participar non CONCURSO DE CONVIVENCIA. Haberá premio!!

Os ColeActivos_ para cambiar o mundo?

Este ano poñemos en marcha os ColeActivos: Grupos de alumnado voluntario con ganas de cambiar un pouco o mundo.

Por agora presentámosvos dous: 

1. EcoBanda. Para aquelas persoas que lles apeteza converter o centro nun espazo limpo, sostible, ecolóxico...

2. SomosX. Para as persoas con ganas de loitar contra a discriminación sexual, de xénero, de identidad, de sexualidade...

Para apuntarte: 

- fala coa túa titora ou titor.

- pasa por xefatura de estudos.  

Distribuir contido


by Dr. Radut