Skip to Content

Novidades

Calendario de exames de setembro de 2019

 

Información importante:

 

1) Entrega de notas: Xoves 05 de setembro ás 10:00 H na aula correspondente. Non haberá transporte escolar

 

2) Período de matrícula: Xoves 05 de setembro (1º, 2º e 3º ESO), Venres 06 de setembro (4º ESO e 1º Bacharelato)

 

3) Recollida de libros de texto (ESO): Mércores 04 de setembro no Desdobre 1 a partir das 11:00 H.

ATA SEMPRE COMPAÑEIROS.

Este fin de curso tocou dicir ata sempre a algúns docentes do noso Instituto.

Os nosos compañeriros Ramón, Manuela e Isabel fan un punto e aparte na súa carreira profesional despois de moitos anos no IES Praia Barraña. Cada ún deles co seu estilo propio e sempre  mostrando vocación é entusiasmo.

Por outra lado, tamén nos despedimos de Estrella, que traballou once anos no centro  e que continuará en primeira linea noutro destino. 

A todos eles, lle desexamos moita sorte e nos despedimos cun ATA SEMPRE!

O IES Praia Barraña sempre será a vosa casa.

colage xuvilacións.jpg

Xornadas de nais e pais, educar en igualdade

 

A Secretaría Xeral da Igualdade está organizando as XV XORNADAS DE NAIS E PAIS, EDUCAR EN IGUALDADE: COEDUCACIÓN E PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO DESDE AS FAMILIAS para as nais e pais e as súas fillas e fillos.

Xuntamos toda a información nos arquivos que se achegan máis abaixo.

Admisión 2019 - 2020 (listaxes definitivas de admitidos)

 

As listaxes definitivas de alumnado admitido para cursar os seus estudos no IES Praia Barraña están expostas no taboleiro de anuncios do Centro para a súa consulta pública.

Debemos recordar que todo aquel alumnado que fixo a súa reserva de praza no mes de febreiro e aqueloutro que presentou solicitude de admisión entre os días 01 e 20 de marzo están admitidos no IES.

VI Semana Temática: Diversidades

Premendo na imaxe pódense consultar as actividades que se desenvolverán durante esta semana adicada á identidade e diversidade de xénero.

Entroido 2019

Distribuir contido


by Dr. Radut