Skip to Content

Escolares, Xogade, 1º Curso, 2º Curso, 3º Curso, 4º Curso, 5º Curso, 6º Curso, Intercambio, Ciclo, Biblioteca, Complementarias, SonCine, Conmemoracións

"TEMPESTADES" CON RICARDO FRAZER. TEATRO PARA OS CLÁSICOS

20/11/2018

Esta mañá alumnado de 3º e 4º de ESO e 1º de Bacharelato, nunha actividade organizada polo departamento de Lingua Castelá, achegouse á Casa de Cultura de Porto do Son para asistir á representación do espectáculo Tempestades, de Ricardo Frazer. Podedes ler máis na entrada do blog da biblioteca

HÉCTOR CAJARAVILLE FÁLANOS DE "O SEGREDO DA CASA DE FORMOSO"

20/11/2018

Héctor Cajaraville, recentemente homenaxeado por segunda vez nos Premios Xerais, nesta ocasión co Merlín de Literatura Infantil ,  estivo a semana pasada no noso centro para falar co alumnado de 3º de ESO da obra que leron neste trimestre, O segredo da casa de Formoso. Podedes ler máis no blog da biblioteca. 

O CAMBIO CLIMÁTICO NO PROGRAMA CON-CIENCIA

13/11/2018

Unha nova sesión do programa Con-Ciencia para o alumnado de 2º de ESO. Coneñer para actuar. Podedes ler máis no blog da biblioteca

"A PESCA NO ENTORNO", NO PROGRAMA CON-CIENCIA

08/11/2018

Seguimos coa ciencia en galego, neste caso, coñecendo máis sobre a pesca no noso entorno dentro do programa Con-Ciencia, desenvolvido na biblioteca para o alumnado de 2º de ESO.

DO CORAZÓN DA MATERIA AO INTERIOR DAS ESTRELAS

08/11/2018
 
No marco do Mes da Ciencia en Galego, o alumnado de ciencias de 4ESO, 1º e 2º de bacharelato, asistiu á charla de Héctor Álvarez Pol, dentro do programa de divulgación do IGFAE, Instituto Galego de Física das Altas Enerxías.


 

Nun cm3 de auga (o tamaño dun dado) caben 35 millóns de millóns de millóns de átomos. Se cada átomo fose do tamaño dun campo de fútbol o núcleo (que contén case toda a masa) sería do tamaño dun chícharo. O resto é baleiro.

O físico guiounos nesta charla nunha viaxe dende o pequeno núcleo atómico ao máis grande que coñecemos, o universo, con paradas nas estrelas, que conectan ambos mundos ao seren as reaccións nucleares as responsables dos distintos tipos de radiación que estas liberan.

 Os estudos sobre a historia e a constitución do universo nos aceleradores de partículas e as múltiples aplicacións prácticas da física nuclar (diagnóstico médico, radioterapia, datación por carbono14, fusión nuclear, etc...) fan desta disciplina un campo de investigación cheo de posibilidades.

Posibilidades que contamos en galego. Que podemos investigar en galego. Que podemos aprender e ensinar en galego!!!

INFORMACIÓN NTERCAMBIO A FRANCIA

REUNIÓN INFORMATIVA SOBRE O INTERCAMBIO A QUIMPER (BRETAÑA) CELEBRADA NO IES PORTO DO SON O MARTES 30 DE OUTUBRO DE 2018



  1. VIABILIDADE DO INTERCAMBIO

  2. CUSTO DA VIAXE

  3. OUTRAS ACTIVIDADES PROPOSTAS PARA 3 º ESO

  4. DATAS DA VIAXE

 

VIABILIDADE DO INTERCAMBIO

 

As profesoras do Departamento de Francés, estamos a valorar a posibilidade dun intercambio cos alumnos do LYCÉE AUGUSTE BRIZEUX, Quimper.

Son 25 alumnos franceses interesados en participar no intercambio, polo tanto teríamos que ceñirnos o número fixado polos docentes franceses.

 

    CUSTO DA VIAXE

 

Aínda non podemos definir unha cantidade, dependerá do custo dos billetes de avión para o desprazamento ata Bretaña.

No caso de levarse ao cabo, proporanse actividades para abaratar o custo da mesma.

 

    OUTRAS ACTIVIDADES DE VARIOS DÍAS

 

Recalcamos as diferentes opcións para o alumnado de 3 º da ESO, para que teñan coñecemento de tódalas actividades antes de tomar unha decisión definitiva.

Departamento de Francés: Intercambio a Quimper

Departamento de Educación Física: Pena Aventura

Departamento de Xeografía e Historia e Lingua : Proxecto Terra, Melgaço (abril/maio)

Alumnado bilingüe: Campamento de inmersión lingüística en Peares

 

    DATAS DO INTERCAMBIO

 

O intercambio tería lugar no ano 2019. Os alumnos franceses virían na primavera mentres o alumnado galego iría a Francia en setembro/outubro do 2019.

En principio, estamos valorando a posibilidade de quedar unha semana completa porque consideramos que na fin de semana a experiencia e a interacción coa familia é moi enriquecedora.

O alumnado galego iría a Quimper, Francia a principios do curso escolar 2019-2020.

INFORMACIÓN VIAXE A PARÍS

 

REUNIÓN INFORMATIVA SOBRE A VIAXE A PARÍS CELEBRADA NO IES PORTO DO SON O MARTES 30 DE OUTUBRO DE 2018

 

  1. VIABILIDADE DA VIAXE

  2. CUSTO DA VIAXE

  3. OUTRAS ACTIVIDADES PROPOSTAS PARA 4 º ESO

  4. DATAS DA VIAXE

 

VIABILIDADE DA VIAXE

 

Só se levará a cabo se conseguimos un mínimo de 15 participantes.

Para formalizar a viaxe necesitamos que asinen e entreguen a autorización antes do 15 de novembro de 2018.

No caso de conseguir os 15 alumnos, entregaráselle aos interesados o número de conta da ANPA para tramitar o ingreso da cuota inicial de 250 euros (o importe do billete de avión nominativo e a pre-reserva do albergue).

A cantidade de 250 euros NON se devolverá se ao final o alumno non pode viaxar.

A maiores precisamos a fotocopia do DNI dos alumnos participantes para formalizar a compra dos billetes de avión.

 

    CUSTO DA VIAXE

 

Estimamos que o prezo final da viaxe será aproximadamente de 500 euros.

No caso de levarse ao cabo, proporanse actividades para abaratar o custo da mesma.

 

    OUTRAS ACTIVIDADES DE VARIOS DÍAS

 

Recalcamos as diferentes opcións para o alumnado de 4 º da ESO, para que teñan coñecemento de tódalas actividades antes de tomar unha decisión definitiva.

Departamento de Francés: Viaxe a París

Departamento de Educación Física: Viaxe a Andorra

Alumnado Bilingüe: Viaxe a Edimburgo ou Dublin

Departamento de Filosofía (VE): actividades de sostibilidade e natureza

 

    DATAS DA VIAXE

 

A viaxe terá lugar no mes de abril ou maio 2019 por razóns climatolóxicas e terá unha duración de 5 días / 4 noites. Dependendo sobre todo do custo do transporte, as profesoras valorarán as diferentes aerolíneas.

VUELING: Santiago-Charles de Gaulle

TAP: Oporto- Orly

Transavia: Oporto- Orly

AirFrance: Vigo-Charles de Gaulle

 

3ª EDICIÓN NO CONCURSO ESCOLAR BÍBLICO DE CATALUÑA

30/10/2018

 

O noso I.E.S. fai entrega ao alumnado participante dos premios acadados na 3ª edición do concurso bíblico escolar de Cataluña que tiña como lema: "¡Señor, enséñame a ser feliz a dar paz!". Neste concurso participaron 78 centros de diferentes localidades españolas cun total de 3.853 alumnos/as participantes aos que lles enviaron un obsequio pola súa participación: un DVD con dúas películas e unha pulseira téxtil coa palabra PAZ máis un Novo Testamento para cada centro e para cada alumno/a premiada xunto cun diploma. Ademais, Laura e Clara recibiron unha mención especial polo seus traballos! Parabéns!!!

 

VÍDEO RESUMO DA FORMACIÓN EN RADIO NA BIBLIO

24/10/2018

No blog da nosa radio, Onda Perseveira, compartimos o vídeo-resumo que nos achega Javier Prado, de Rede Espora, con quen nos formamos alumnado e profesorado no curso 2017-18. Profes e profas no minuto 1:23. Os mozos e as mozas, no 5:02. Máis información en Onda Perseveira. Profes e profas no minuto 1:23. Os mozos e as mozas, no 5:02.

 

PARTICIPAMOS NA LIMPEZA SIMULTÁNEA DE PRAIAS PROMOVIDA POR ADEGA!

19/10/2018

 

Esta mañá o IES de Porto do Son uniuse á Campaña de Limpeza de Praias promovida por ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia). Este venres amenceu luminoso e a media mañá o alumnado de 2º de ESO, co prefesorado, transformou a praia de Cabeiro nunha aula na natureza. O tema interdisciplinario deste curso é a SOSTIBILIDADE. Xa estamos a traballar nesa liña (os talleres con GALP, lecturas, proxectos...). Con esta acción sumámonos a outros centros escolares e cidadáns que, entre hoxe, 19 de outubro, e mañá, participarán nunha acción que nos fai conscientes da realidade: o lixo está presente nas nosas praias porque tamén o está no mar e nós somos responsables desta situación. 

Recollemos 94 quilos de lixo!!!  Botellas de plástico, latas, cabichas, plásticos varios, embalaxes de comida, tapóns, cordas, restos de bateas, nasas, preservativos...). Agradecemos ao concello de Porto do Son que nos facilitara as luvas e as bolsas para a recollida do lixo e que se comprometera a recollelo.

XUNTOS, PODEMOS COIDAR O PLANETA E REVERTER A DERIVA PRODUCIDA POLO SER HUMANO! 

 

 

No xornal La Voz de Galicia.

Con outros centros escolares de Galicia; aínda deberiamos ser máis!

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut