Skip to Content

Normativa, Calendario, Plan de actividades, Documentos, Conmemoracións, Semana cultural

LUZ NA TERRA / NICOLÁS MULLER "VENTO NORTE"

26/10/2023 17:53

Os departamentos de Xeografía e Historia, Lingua Galega e Literatura e Bioloxía organizaron unha saída para 1º de Bacharelato, o xoves 26 de outubro á Cidade da Cultura para asistir á visita guiada da exposición “Luz na Terra. O Seminario de Estudos Galegos, unha institución de alta cultura” e da exposición de fotografía de “Nicolás Muller. Vento do Norte”.

 

EXPOSICIÓN LUZ NA TERRA

19/10/2023 17:35

Os departamentos de Xeografía e Historia, Lingua Galega e Literatura e Bioloxía organizaron unha saída para o xoves 19 de outubro á Cidade da Cultura co alumnado de 2º de bacharelato para asistir á visita guiada da exposición Luz na Terra e ver a exposición de fotografía Nicolás Muller: Vento do Norte, un dos grandes fotógrafos documentais do século XX. 

 

TALLER MICOLÓXICO

18/10/2023 16:13

O mércores 18 de outubro o alumnado de 1º da ESO participou nun taller micolóxico impartido pola asociación AMABUL e organizado polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía.

LIMPEZA SIMULTÁNEA DE PRAIAS ADEGA

06/10/2023 15:47

O día 6 de outubro o alumnado de 3º da ESO participou na “Limpeza simultánea de praias” organizada pola asociación ecoloxista ADEGA.

 

OS MATERIAIS, POR QUÉ OS ADORO'

08/04/2022 14:17
Charla que recibiu o alumnado da materia Física e Química de 4º ESO (A+B+C) o pasado mércores 6 de abril.
A charla encadrase dentro do programa "A Ponte entre o ensino medio e a USC" e foi impartida polo Profesor Francisco Guitián Rivera, profesor emérito da área de Edafoloxía e Química Agrícola e director do Instituto de Cerámica de Galicia. A charla, de título: "Os materiais, por qué os adoro?",  pretendía achegar ao alumnado as novas propiedades e aplicacións que poden adquirir as materias primas cando son procesadas cunha determinada microestructura.


DES-EUCALIPTIZACIÓN

25/02/2022 12:04
Saída de 1º De Bacharelato a Vilar, Baroña, para participar na deseucaliptización  dunha zona de mananciais. Para rematar a xornada plantamos árbores autóctonas e así substituír os eucaliptos sacados anteriormente.
Queremos agradecer a Comunidades de Montes de Baroña por invitarnos a participar nesta actividade e polo bo trato recibido. Esperamos poder volver a traballar con vos pronto!!

   
 
 
 

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

11/02/2022 14:26

O pasado 11 de febreiro celebramos o Día da Muller e a Nena na Ciencia cunha charla de María Mayán, investigadora e directora do INIBIC da Coruña, e con dous vídeos de Sara Dios e Nerea Vidal, exalumnas do centro, que actualmente traballan como enxeñeiras no campo da aeronaútica e as enerxías renovables. Queremos darlle as grazas polo tempo que nos adicaron e felicitalas polo bo traballo que realizan.

 

 

 

Obradoiro de lectura dramatizada

01/10/2021 13:10
04/10/2021 11:10

Os días 1 e 4 de outubro terá lugar, durante o horario de lingua galega, un obradoiro de lectura dramatizada.

Será impartido por Ánxela Doval, profesora colaboradora que traballou durante moitos anos neste centro, e que é graduada en Artes Escénicas pola universidade de vigo.

 

Profesora encargada da actividade: Mª Xesús

Rogelio Santos

04/06/2021

Hoxe estivo no centro Rogelio Santos Queiruga, un mariñeiro que pon en valor o mar.

 

 

 

 

   
   

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut