Skip to Content

EXPOSICIÓN: OS DEREITOS HUMANOS E A VIOLENCIA DE XÉNERO

05/05/2017 09:06

Grazas a Amnistía Internacional Barzanza e ao contacto do Concello, esta semana mostramos no centro a exposición OS DEREITOS HUMANOS E A VOLENCIA DE XÉNERO.As palabras de Shirin Ebadi, premio Nobel da Paz, atravesan como berros os cartaces:

"Mentres se neguen os dereitos humando ás mulleres, en calquera parte do mundo, non pode haber paz"

O alumnado traballou a unidade didáctica: o marco legal; os dereitos e liberdades fundamentais nos ámbitos político, económico, social, cultural e civil; as organizacións implicadas na defensa dos dereitos da muller e das nenas; os testemuños de experiencias vividas por mulleres e nenas en Macedonia, Irán, Indonesia, Haití, Albania, Nicaragua, México, Irak..., mais tamén nos países nórdicos ou en Estados Unidos. Coñecer. Reflexionar.

É necesario coñecer para formar masa crítica. É necesario saber para reflexionar, para actuar, para, dende o comportamento individual transformar a sociedade. Forma parte do noso labor como docentes. Forma parte dos obxectivos que deben acadar os alumnos e alumnas no paso pola escola. Cremos en que o centros educativos poden contribuír a que os valores defendidos por organizacións como Amnistía Internacional cheguen á comunidade e se transformen en "armas" pacíficas e eficaces que transformen o mundo.

 

 

O IES de Porto do Son polas terras da Toscana

02/05/2017 20:19

Do xoves 27 de abril ao 2 de maio,unha parte do alumnado de 3º e 4º de ESO e 1º de Bacharelato, xunto cun grupo de mozos e mozas do IES do Virxe do Mar, realizou unha viaxe á Toscana organizada polo departamento de Relixión. Milán, Venecia, un paseo en vaporeto, a praza de San Marcos, Florencia, a praza de Miguelanxo, o Duomo, a Galería dos Uffici, a Galería da Academia, a praza do Campo, Siena, San Gigminiano, o museo de Leonardo en Vinci, Pisa... Que máis se pode pedir!!! Días intensos para mergullarse na arte! Han de lembrar con pracer esta inmersión na cultura italiana!

 

 

Éxito no Campionato Galego Escolar de Orientación

02/05/2017 19:36

O sábado 29 de abril o alumnado do noso centro que se clasificou para o Campionato Galego Escolar de Orientación desprazouse ao Campus de Elviña-Unversidade (A Coruña). Todos eles deixaron representaron con éxito o IES de Porto do Son e Eloi Serantes de 2º de ESO, conseguiu o 3º posto!!!

 

 

Carreira Solidaria con Save The Children

28/04/2017 17:37

No marco das actividades relacionadas co tema da AUGA, que vimos desenvolvendo en distintos proxectos e tarefas neste curso, decidimos participar na campaña Quilómetros de Solidariedade, promovida por Save the Children. A través do patrocinio dunha carreira solidaria, recaudamos fondos dirixidos a intervencións en infraestruturas, educación e saúde en Etiopía, país duramente afectado por unha seca que afecta a toda a poboación pero que repercute principalmente nos máis débiles: os nenos e nenas. 

O noso alumnado leva todo o curso estudando a AUGA: a ciencia, os valores, a memoria, o consumo enerxético responsable, a creación artística, a saúde, o deporte... Os obxectivos educativos traballados, como ríos que flúen ao mar, desembocaron na Semana Cultural. Abrímola con charlas sobre a xestión deste recurso nos países subdesenvolvidos e pechámola cunha acción de compromiso, a carreira. Grazas ao patrocinio de familias, amizades e a comunidade educativa, conseguimos reunir 1.752,83 euros. 

Aquí vos deixamos algunhas das imaxes da carreira, que levamos á vila para visibilizar o noso compromiso!

 

"Be water my friend", Semana Cultural do IES, abril 2017

27/04/2017 18:15

O 31 de marzo inauguramos a Semana Cultural que se desenvolveu entre o 3 e o 7 de abril. As actividades cent´raronse arredor da AUGA, tema interdisciplinar e de proxectos no que vimos traballando durante todo o ano. Visto dende un punto de vista moi plural, reforzamos os obxectivos académicos que recolle a LOMCE. Houbo charlas, obradoiros, traballo en equipo, valores, arte, igualdade, memoria, pensamento crítico, deporte, saúde, uso da enerxía con conciencia, coidado do medio, orientación académica... Involucración do profesorado e o alumnado, pero tamén das familias, do Concello, doutros centros... Foi bonito de vivir. Esperamos que dea froitos na formación de persoas comprometidas, críticas e creativas. Nesta presentación tendes o resumo en imaxes:

 

Semana Cultural

More presentations from etikeles

VIAXE A EDIMBURGO

03/04/2017 20:33

Nestes días da Semana Cultural, unha parte do alumnado de 1º de Bacharelato atópase de viaxe en Edimburgo, organizada polo departamento de Inglés. Alí están visitando a cidade vella (Old Town), o Castelo de Edimburgo, Holyroodhouse, o Real Xardín Botánico, Dean Village, pasean pola Royal Mile ( o corazón da cidade), fan un Ghost Tour e, como non...!, non podía faltar a excursión ao lago Ness! 

As fotos falan por si mesmas!

 

XORNADA DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA

02/04/2017 09:38

Despois das avaliacións, vén un tempo de aprendizaxe diferente, o da Semana Cultural. Inaugurouse coa I Xornada de Orientación, na que contamos con exalumnos e o decano da facultade de Bioloxía, Antonio Segura. Foi un pracer ir escoitando os mozos e mozas compartían a súa experiecia académica e laboral co alumnado que agora está na etapa de decidir o seu futuro. O complemento a esa aprendizaxe-servizo foi a intervención de Juan Tarrío -antigo alumno do centro e brillante estudante de Química-  e Antonio Segura, nunha charla para o alumnado e as familias sobre os servizos da USC.

 

 

 

XORNADA ORIENTACIÓN E SEMANA CULTURAL

31/03/2017 12:00

Hoxe, 31 de marzo, ás 16:30, dará comezo a Xornada de Orientación -aberta ás familias- coa que abrimos o que será a Semana Cultural que se desenvolverá do 3 ao 7 de abril. Xuntamos así Auga, educación en valores, arte, deportes, orientación académica...

Na Xornada de Orientación desta tarde:

De 16:30h a 17:30h, encontro con exalumnos e alumnado de bacharelato e 4º de ESO. Con eles falarán das saídas académicas por ramas de coñecemento, das saídas laborais...

De 18:00h a 19:00h, charla do decano da facultade de Bioloxía sobre os servizos da USC.

E estas son as actividades da Semana Cultural:

 

 

 

 

PIRÁMIDES EN 1º DE ESO

28/03/2017 22:09

Nesta avaliación que está a piques de rematar, o alumnado de 1º de ESO vénnos ofrecendo imaxes ben atractivas na materia de Educación Física. Desta volta, pirámides que poñen a proba o equilibrio!!!

PLAUTO, TEATRO CLÁSICO GRECOLATINO EN OURENSE

19/03/2017 10:32

O alumnado de 4ºESO e 1º Bacharelato, realizou este xoves unha saída a Ourense organizada polo departamento de castelán. Pola mañá fixeron un xogo de pistas para descubrir a historia e a cultura de Ourense e pola tarde asistiron ao ciclo de teatro clásico grecolatino para ver a obra de Plauto Pseudolus. 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut