Skip to Content

A FEIRA TECNOLÓXICA PUXO O PECHE FESTIVO AO PECHE DO CURSO 2018-19!!!

21/06/2019

Rematou o curso! Veñen as vacacións! Para os que aprobaron, un par de meses por diante de descanso, festa, praia, lecer... Quen non o fixo, terá que esforzarse un pouquiño no verán para comezar tranquilo o próximo curso. 

Pero o venres, foi unha xornada festiva no insti. Paloma, a profa de bata rosa, entusiasta dos parafusos, enchufes e demais enredos tecnolóxicos conseguiu entusiasmar un ano máis o seu alumnado. Con ela, Carlos e Xulio (que sería dos nosos ordenadores sen eles!), un magnífico equipo! 

Comezaron cunha FEIRA TECNOLÓXICA para os rapaces e rapazas de 1º de ESO. Obxectivo: probar as destrezas cos mecanos e robots que fixeron na materia de Tecnoloxía en 2º e 4º de ESO e 1º de Bacharelato. Ben chulos que lles quedaron!

 

 

Logo, na pista, a CARREIRA DE COCHES! Aquí vemos os partipantes preparados para saír á pista e o xurado ben pendente para premiar os que van a cen, chegan máis lonxe e están máis currados!

 

Moitas grazas a todo o alumnado e o profesorado por ter colaborado para que todo saíse tan ben! 

BO VERÁN!



story | by Dr. Radut