A NOSA AULA DE XOGOS!!!!
Curso 2016-17. Un proxecto: facer un estudo do consumo enerxético do centro. Propoñer medidas de aforro. Levalas a cabo e…voilá! Aforramos! O esforzo daqueles alumnos e alumnas e do profesorado implicado reverteu no centro!
Ana Dapena, a nosa compañeira, sacou adiante unha promesa ilusionante: crear no centro un espazo para eles. Desta volta, son tamén outros mozos e mozas os que están a axudar a facer desta aula un lugar acolledor. Un lugar que sintan como propio. Un espazo onde o lecer se transforme en valores, en convivencia.
Aínda non está rematada, pero mirade que bonita e que bo ambiente! Parabéns!!!
- APIs de Blogue
- Calendario