CONCURSO FOTOGRAFÍA
VII CONCURSO NACIONAL REPORTAXE FOTOGRÁFICA "PEÓN, NON ATRAVESES A TÚA VIDA" |
STOP Accidentes convoca o VII concurso nacional reportaxe fotográfica "Peón, non atraveses a túa vida" co fin de promover na cidadanía unha reflexión visual sobre a mobilidade no ámbito urbano e interurbano. Os participantes deben destacar os comportamentos de risco dos usuarios vulnerables nas contornas urbanas e interurbanas a través dunha reportaxe fotográfica que permita reflexionar sobre as causas e consecuencias dos sinistros de tráfico, para promover unha nova cultura da Seguridade Viaria como contribución á redución dos índices de sinistralidade. Solicítase a realización dunha fotografía que exprese de forma gráfica as condutas de risco e/ou inadecuadas dos condutores de vehículos a motor, ciclistas e/ou peóns, así como os perigos aos que deben enfrontarse en canto a mobiliario, sinalizacións inadecuadas, barreiras arquitectónicas, etc., dentro do ámbito urbano e interurbano. Tamén poderá enfocarse a mostrar boas prácticas ou a lanzar unha mensaxe de prevención e concienciación viaria. Considerarase válido incluír na fotografía un texto ou slogan. Valorarase a creatividade, a súa orixinalidade e a súa mensaxe en materia de Seguridade Viaria. Presentación das fotografías: enviaranse vía e-mail a stopmadrid@stopaccidentes.org en formato JPG e un máximo de 18Mb. Neste e-mail incluirase unicamente o título da fotografía (de carácter obrigatorio) e un número de teléfono para a posterior identificación, non figurando ningún dato persoal máis. No caso de que se presenten dous traballos, ambos deberán levar o seu propio título. Premios: O prazo para presentar as fotografías estará aberto ata o 15 de xuño de 2016 Máis información en http://stopaccidentes.org/concursos-seguridad-vial/vii-concurso-nacional-peaton-no-atravieses-tu-vida/gmx-niv53-con1107.htm |
- APIs de Blogue