CURSO DE MEDIACIÓN EDUCATIVA
Curso de Mediación Educativa en Conflitos Xuvenís 2º Edición |
M |
Curso gratuito de Mediación Educativa en Conflitos Xuvenís 2016 – 2º Edición
Obxectivo: Facilitar o coñecemento e análise dos elementos necesarios para identificar e previr os factores que inflúen na orixe e desenvolvemento dos conflitos xuvenís. Destinatarios/as: Persoal da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil, mocidade de 18 a 30 anos e outras persoas interesadas na temática do curso. Criterios de selección. A admisión ao curso virá dada pola orde de presentación das solicitudes de inscrición e coas prioridades que a continuación se especifican: 1º- Solicitantes que non acadaron praza na anterior convocatoria do 04/05/2016. 2º- Persoal da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil e mocidade de 18 a 30 anos. 3º- Resto dos solicitantes. Número de horas: 25 (4 horas presenciais e 21 a distancia). Número de prazas: 30. Contidos:
Modalidade: Semipresencial. Sesión Presencial: Martes 14 de xuño de 10.00 a 14.00 horas. Centro de impartición: Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil en Santiago de Compostela. Data de inscrición: Do 25 de maio ao 8 de xuño de 2016. Data prevista de realización: Do 14 de xuño ao 14 de xullo de 2016.
Información. Centro Coordinador de Información Xuvenil Telefono: 881 997 604 / 881 997 607 Correo electrónico para información xeral: informacion.xuventude@xunta.es |
- APIs de Blogue